Mundial de Fútbol Brasil 1950

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Mundo de Fútbol 1950
IV Campeonato Mundial de Futebol
Detalles do torneo
Organizador Brasil Brasil
Datas 24 de xuño16 de xullo
Equipos 13 (de 34 participantes)
Sedes 6 (de 6 cidades)
Resultado
Campión Flag of Uruguay.svg Uruguai
Subcampión Brasil Brasil
Terceiro Flag of Sweden.svg Suecia
Cuarto España España
Estatísticas
Partidos 22
Goles 88 (4 por partido)
Asistencia 1.036.000 (47.091 por partido)
Goleador Brasil Ademir (8)
Mellor xogador
Mellor promesa
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Francia Francia 1938   Soccerball.svg   Suíza 1954 Suíza ►►

O Mundial de Fútbol Brasil 1950, celebrouse no Brasil entre o 24 de xuño e o 16 de xullo. Foi o cuarto dos campionatos e o primeiro en 12 anos debido á segunda guerra mundial. A elección do Brasil como sede do mundial decidira a FIFA en xullo de 1946.

Cita célebre por varios acontecementos: Foi a primeira participación de Inglaterra nunha copa do mundo. Rexeitaran participar nas anteriores por considerarse moi superiores ó resto dos equipos. Foron derrotados polos equipos de España e Estados Unidos, facendo unha máis que decepcionante actuación. O máis lembrado deste mundial foi o encontro decisivo entre o Brasil e o Uruguai. Ós brasileiros chégaballes con empatar para gaña-lo trofeo, máis caeron por 2 a 1. Ghiggia anotou o tanto que daba ao Uruguai o seu segundo campionato do mundo. O brasileiro Ademir foi o máximo goleador do torneo.

Elección da sede[editar | editar a fonte]

O estoupido da segunda guerra mundial provocou a suspensión da Copa Mundial de 1942 [1]. Tras o remate da guerra a FIFA reanudou os preparativos para celebrar unha nova Copa Mundial. Non foi ata xuño de 1946 cando o Brasil presentou a única candidatura para albergar o mundial. Aceptouse a proposta a pesar de que o Brasil non contaba cun recinto para albergar un evento tan masivo. Para solucionalo decidiuse construír un novo estadio, o Estádio do Maracanã, que ía ser o máis grande do mundo cunha capacidade para 200 mil persoas [2].

Organización[editar | editar a fonte]

Sedes[editar | editar a fonte]

Seis cidades, todas capitais de estado, foron as sedes desta Copa Mundial. Os estadios eran seis tamén, é dicir, un estadio por cidade. O maior estadio desta edición foi o Estádio do Maracanã, en Río de Janeiro, que tiña catro veces máis capacidade que o seguinte estadio. E este estadio era o Estádio do Pacaembu na cidade maís poboada do Brasil, São Paulo.

Bandeira do estado do Rio de Janeiro.svg Río de Janeiro, RJ Bandeira do estado de São Paulo.svg São Paulo, SP Bandeira de Minas Gerais.svg Belo Horizonte, MG
Estádio do Maracanã Estádio do Pacaembu Estádio Independencia

22°54′43.8″S 43°13′48.59″O / -22.912167, -43.2301639 (Estádio do Maracanã)

23°32′55″S 46°39′54″O / -23.54861, -46.66500 (Estádio do Pacaembu)

19°54′30″S 43°55′04″O / -19.90833, -43.91778 (Estádio Independencia)

Capacidade: 200.000 Capacidade: 60.000 Capacidade: 25.000
Maracana Stadium June 2013.jpg Pacaembu.jpg Arena Independência - Atlético x Fluminense.jpg
Bandeira do Rio Grande do Sul.svg Porto Alegre, RS Bandeira de Pernambuco.svg Recife, PE Bandeira do Paraná.svg Curitiba, PR
Estádio dos Eucaliptos Estádio Ilha do Retiro Estádio Durival de Britto e Silva

30°3′42″S 51°13′38″O / -30.06167, -51.22722 (Estádio dos Eucaliptos)

8°3′47″S 34°54′11″O / -8.06306, -34.90306 (Estádio Ilha do Retiro)

25°26′22″S 49°15′21″O / -25.43944, -49.25583 (Estádio Durival de Britto e Silva)

Capacidade: 7.000 Capacidade: 60.000 Capacidade: 12.000
Vista frontal das sociais da Ilha do Retiro.jpg Vila Capanema noite fumaça.jpg

Clasificación[editar | editar a fonte]

Brasil como anfitriona do torneo e Italia como campiona da edición anterior clasificáronse automáticamente a este torneo. Como resultado do fin da segunda guerra mundial algúns países estiveron sancionados e non puideron optar á clasificación deste torneo (Alemaña e o Xapón), outros países polo enorme costo da guerra tamén tiveron que descartar a súa participación neste mundial, como é o caso da Unión Soviética, Austria ou Bélxica.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

América (6)
Asia (1)
Europa (7)

Grupos[editar | editar a fonte]

O sorteo dos grupos celebrouse o 22 de maio de 1950 en Río de Xaneiro. Despois do sorteo as federacións de fútbol de Francia e da India decidiron non participar no mundial. E non houbo tempo para invitar a outras seleccións polo que o mundial xogouse só con 13 equipos, e no grupo 4 con só dúas seleccións [3].

Grupos
Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4
Brasil Brasil España España Suecia Suecia Uruguai Uruguai
Iugoslavia Iugoslavia Inglaterra Inglaterra Italia Italia Bolivia Bolivia
Suíza Suíza Chile Chile Paraguai Paraguai India India
México México Estados Unidos Estados Unidos Francia Francia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.