Max Svensson
Max Svensson | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Max Svensson Río | ||
Nacemento | 7 de novembro de 2001 | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
Barcelona | |||
Gavà | |||
Cornellà | |||
2018–2020 | Espanyol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2020–2022 | Espanyol B | 59 | (12) |
2020– | Espanyol | 2 | (0) |
2022– | → Deportivo da Coruña | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 1 de setembro de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Max Svensson Río, nado en Barcelona o 8 de novembro de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Deportivo da Coruña, cedido polo Espanyol.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Barcelona na época en que seu pai, Tomas, xogaba ao balonmán no FC Barcelona.[1] Cando este fichou polo HSV Hamburg seis meses despois, a familia trasladouse a Hamburgo, e no 2005 regresaron a España, vivindo primeiro en Pamplona e logo en Valladolid, mentres Tomas militaba no San Antonio e no BM Valladolid respectivamente. Finalmente, en 2012 establecéronse en Barcelona.[1]
Max formouse como futbolista nas canteiras do FC Barcelona, o CF Gavà e a UE Cornellà antes de entrar en 2018 na estrutura do Espanyol, onde comezou no equipo xuvenil da División de Honra.[1] Na tempada 2020/21 ascendeu ao filial, o Espanyol B, da Segunda División B, categoría na que debutou na primeira xornada ante o Prat. Seis días despois marcou os seus primeiros dous goles no empate 2-2 diante do FC Andorra.[2]
O 16 de decembro de 2020, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, da man do adestrador Vicente Moreno, substituíndo a Wu Lei nun triunfo por 0-1 sobre o Llagostera.[3][4] Ao mes seguinte estreouse na Segunda División, ante o Rayo Vallecano no RCDE Stadium.[5][6] Xogou un total de catro encontros co primeiro equipo esa tempada, participando do ascenso á Primeira División. Na seguinte tempada marcou 9 goles co filial na Segunda Federación e xogou dous partidos de Copa co primeiro equipo.
O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa cesión ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[7]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É fillo da da española Montse Río e do sueco Tomas Svensson, considerado como un dos mellores porteiros de balonmán da historia.[8] Ademais é curmán da atleta sueca Maja Åskag.[9]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Espanyol
- Segunda División (1): 2020/21.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Molero, Iván (18 de novembro de 2020). "Max, el hijo goleador de un portero de balonmano mundial". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Héctor Hevel y Max Svensson, la exhibición de dos auténticos talentos" (en castelán). 29 de outubro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ Molero, Iván (16 de decembro de 2020). "Oier pone la primera piedra, Puado derriba el muro". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Debuta Max Svensson" (en castelán). 16 de decembro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ Navarro, Cristina (31 de xaneiro de 2021). "La increíble remontada del Rayo deja al Espanyol sin liderato". Marca (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Max Svensson viene pisando fuerte" (en castelán). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Max Svensson, novo xogador do Dépor 22-23". 1 de setembro de 2022. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ Flinck, Johan (20 de decembro de 2020). "”Alla stora klubbar i Spanien ville ha honom”" (en sueco). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ Wennerholm, Mats (16 de xullo de 2021). "JEM-guld till Maja Åskag efter finalkrossen" (en sueco). Consultado o 1 de setembro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).