Club Deportivo Choco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CD Choco
Escudochoco.png
Nome Club Deportivo Choco
de Redondela
Fundación 1953
Estadio Santa Mariña
Galicia Redondela
Capacidade 1.000
Presidente Iván Crespo[1]
Adestrador Galicia Marcos Montes
Liga 3ª – Grupo 1
2016–17 10º
Vestimenta Warrior
Patrocinador I.C.O.N
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol da vila de Redondela. Foi fundado oficialmente o 14 de abril de 1953, malia que xa no ano 1932 foi fundado un equipo co nome de Choco FC.

Participa na cuarta categoría do fútbol estatal, militando no Grupo I da Terceira División e conta con arredor de 500 socios. Disputa os seus enfrontamentos coma local no Campo Municipal de Santa Mariña. Na tempada 2014/2015 rematou en cuarta posición, acadando a súa máxima clasificación histórica, e disputando a fase de ascenso á Segunda División B, na que sería eliminado polo Extremadura Unión Deportiva.[2] Na seguinte tempada, o equipo repetiu clasificación, participando por segundo ano consecutivo na fase de ascenso á categoría de bronce.

A orixe do nome deriva do cefalópodo homónimo[3], sendo un reflexo da importancia da pesca nesta vila. Neste sentido, este animal non só da nome ao equipo senón que tamén conta cunha festa propia na localidade.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes e fundación[editar | editar a fonte]

O Club Deportivo Choco fundouse oficialmente no ano 1956. Porén, existen antecedentes de varios equipos de fútbol que poderían considerarse os predecesores. Despois do Redondela Foot-ball Club, primeiro equipo de fútbol de Redondela do que se ten constancia, e fundado en 1908, existiron varios conxuntos que practicaban este deporte neste concello: o Científico Deportivo de Redondela (1909), o Sporting de Redondela ou a Liga Popular de Redondela (1923).

En 1932 fundouse o club que podería considerarse o precursor do club, a lo menos atendendo á denominación oficial deste. Este club chamouse Choco FC, e disputou o seu primeiro encontro 1932 contra o equipo vigués Llorente, contando nas súas filas con xogadores coma Moisés, Villaverde, “Dempsey”, Pierla e Reigosa entre outros. En abril desde mesmo ano, disputou un derbi local contra o Redondela FC, no que foi derrotado por dous goles a un.


Galicia Redondela FC 2 - 1 Choco FC Galicia abril de 1932Estadio de Santa Mariña, Redondela
 

Tras dous anos de fútbol federado, e tras mudar o nome en 1935 a Regojo FC, desapareceu no 1934.

Posteriormente, foron creados outros conxuntos na vila de Redondela: en 1936, o Redondela Sporting Club; en 1944, o CD Redondela, e finalmente en 1947 vóltase a formar o Choco FC, desta vez coma equipo non federado. Probablemente este equipo tería disputado partidos amistosos de xeito non oficial até a fundación oficial do club. Existen rexistros de partidos disputados contra o Adelantado de Porriño e contra o Burgo FC de Pontevedra. Finalmente, a fundación oficial do club produciuse o 14 de abril de 1956.

Década dos 60: a Terceira División[editar | editar a fonte]

Após de disputar a súa primeira tempada na Primeira Rexional galega e finalizar no sexto posto, o CD Choco ascende á Preferente Autonómica de Galicia. Na tempada 1959-1960 finaliza 2º e ascende á terceira división, onde se mantería dúas tempadas, até 1962 cando descendeu de novo á Preferente. Na seguinte temporada volveu a ascender, esta vez permanecendo tres tempadas na categoría de bronce, que naquel entón, por non existir a segunda división B, era a terceira categoría de fútbol inmediatamente por debaixo da segunda división. Na tampada 1966/1967 acaba a liga regular en 16º posición, descendendo á Preferente Autonómica.

Anos 80 e 90[editar | editar a fonte]

Na tempada 79/80, e despois de 14 tempadas, o equipo volve á Terceira División, se ben xa nesta data xa era a cuarta categoría no fútbol español, ao existir a Segunda División B. Non obstante, na tampada 80/81 finaliza de 17º e torna a descender. A partir de aí comezan unha serie de tempadas nas que se sucederon ascensos e descensos por diferentes categorías, até disputar na tempada 95/96 a segunda autonómica e quedar 3º, obtendo a peor clasificación da súa historia.

Século XXI: novo ascenso á Terceira División[editar | editar a fonte]

Durante a década dous 2000, o CD Choco disputou a meirande parte das tempadas na Preferente Autonómica. Non foi até a tempada 2012/2013 que, coa chegada do novo presidente Iván Crespo, acadou o ascenso á Terceira División 33 anos despois da última participación. Ese mesmo ano, ademais, o equipo xuvenil ascendeu á Liga Nacional.[1] Así, o club poñía fin a un convulso período deportivo e económico, no que a entidade acumulaba unha débeda de 80.000 euros.[1] En 2013, ademais, a Escola de Fútbol Base de Redondela fusionouse co CD Choco. Un ano despois, na tempada 2014/2015 o equipo consolidouse na categoría e finalizou 4º, acadando a maior clasificación da súa historia, permitíndolle acceder á fase de ascenso a segunda división B. Na primeira eliminatoria, enfrontouse á Extremadura UD, sendo apeado nesta rolda polos extremeños cun resultado global de 3-5.


CD Choco Escudochoco.png 0 - 3 600px vertical stripes Blue HEX-0E3193 Red HEX-FF0000.svg Extremadura UD 24 de maio de 2015, 21:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela
Asistencia: 2.000
Árbitro: Pérez Fernández (Castela e León Castela e León)
Informe Pozo Anotado no 39º minuto 39'
Willy Anotado no 65º minuto 65'
Willy Anotado no 71º minuto 71'
 


Extremadura UD 600px vertical stripes Blue HEX-0E3193 Red HEX-FF0000.svg 2 - 3 Escudochoco.png CD Choco 31 de maio de 2015, 17:00 – Estadio Francisco de la Hera, Almendralejo
Asistencia: 38.000
Árbitro: Barba Ibáñez (Andalucía Andalucía)
Juanito de la Cruz Anotado no 5º minuto 5'
Juanjo Anotado no 54º minuto 54'
Informe Hugo Anotado no 10º minuto 10'
Silva Anotado no 48º minuto 48' (penalti)
Rubén Anotado no 70º minuto 70'
 

Un ano despois, na tempada 2015/2016, o CD Choco torna a repetir o seu mellor resultado histórico, ao finalizar cuarto na temporada regular. Así, por segundo ano consecutivo, o equipo clasificábase para a fase de ascenso á Segunda División B. O mesmo que acontecera o ano anterior, o equipo redondelán foi emparellado con outro equipo extremeño, desta vez o CD Badajoz.[5]


CD Choco Escudochoco.png 2 - 1 JUI-Flag1.jpeg CD Badajoz 23 de maio de 2016, 17:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela
Asistencia: 1.400
Árbitro: Pelaez Fernández (Asturias Asturias)
Comis Anotado no 28º minuto 28'
Fer Anotado no 61º minuto 61'
Informe CarreñoAnotado no 50º minuto 50' (penalti)
 


CD Badajoz JUI-Flag1.jpeg - Escudochoco.png CD Choco Badajoz
 

Uniforme e cores[editar | editar a fonte]

O vermello e o azul son as cores representativas do CD Choco.

O CD Choco viste con camisola e medias vermellas e pantalón azul nos seus partidos como local; e con camisola verde, pantalón branco e medias vermellas nos seus partidos coma visitante. O material deportivo é da marca Warrior, que ten a súa sede de distrubución nacional en Redondela.

A cor que tradicionalmente definiu ao CD foi o vermello. Ademais de ser habitualmente a cor da primeira equipación do club, é tamén a cor predominante no escudo. Dito escudo está composto por brasón cun fondo vermello, no que se pode apreciar un choco de cor prata na parte central, na que se pode ler a palabra Choco en letras de cor negra. Nos costados do cefalópodo, sobresaen as letras "C" (de Club), "D" (de Deportivo) e "R" (de Redondela).

Estadio[editar | editar a fonte]

Estadio de Santa Mariña, con campos de adestramento anexos.
Artigo principal: Estadio de Santa Mariña.

O actual estadio do CD Choco é o Campo Municipal de Santa Mariña. Está situado na saída de Redondela cara a Pontevedra, e nese mesmo campo tamén xogan e adestran os seus equipos de categorías inferiores. Está constituído por herba sintética, e accédese a el a través da Rúa ao Campo de Fútbol, desde a estrada N-550.

Conta cun campo principal con capacidade para 1000 espectadores. En 2015 instaláronse novas bancadas e habilitáronse accesos para persoas discapacidatas, cun elevador para chegar aos asentos máis altas.[6]

Ademais do estadio principal, existe un campo de adestramento anexo. A partir de 2013, a area da que estaba constituído foi substituída por herba artificial[7]. As medidas do campo anexo son menores que o campo principal, e só se empregan para adestramentos ou partidos de fútbol 7.

Aínda que non se ten constancia exacta da data da súa construción, sábese que se deseñou para acoller os partidos como local do CD Redondela, club que existiu en redondela desde 1944 até 1952. A construción do estadio fíxose a base de terra, a meirande parte dela transportada desde o monte da Telleira, probablemnte empregando padiolas e carros de cabalos.[8] Ao estar situado nunha marisma, existen testemuñas de anegamento do campo cando se producían mareas vivas.[9]

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial nas competicións[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1954/55 1ª Aut. Green Arrow Up.svg
1955/56 Preferente
1956/57 Preferente
1957/58 Preferente
1958/59 Preferente
1959/60 Preferente Green Arrow Up.svg
1960/61
1961/62 15º Red Arrow Down.svg
1962/63 Preferente Green Arrow Up.svg
1963/64
1964/65
1965/66 16º Red Arrow Down.svg
1966/67 Preferente
1967/68 Preferente
1968/69 Preferente
1969/70 Preferente
Tempada Categoría Posto
1970/71 Preferente
1971/72 Preferente 14º
1972/73 Preferente 16º
1973/74 Preferente 20º Red Arrow Down.svg
1974/75 1ª Aut
1975/76 1ª Aut
1976/77 1ª Aut
1977/78 1ª Aut Green Arrow Up.svg
1978/79 Preferente
1979/80 Preferente Green Arrow Up.svg
1980/81 17º Red Arrow Down.svg
1981/82 Preferente 12º
1982/83 Preferente 17º
1983/84 Preferente 12º
1984/85 Preferente 13º
1985/86 Preferente
Tempada Categoría Posto
1986/87 Preferente
1987/88 Preferente 13º
1988/89 Preferente 18º Red Arrow Down.svg
1989/90 1ª Aut
1990/91 1ª Aut 11º Red Arrow Down.svg
1991/92 2ª Aut Green Arrow Up.svg
1992/93 1ª Aut 13º
1993/94 1ª Aut 16º Red Arrow Down.svg
1994/95 2ª Aut
1995/96 2ª Aut Green Arrow Up.svg
1996/97 1ª Aut
1997/98 1ª Aut
1998/99 1ª Aut Green Arrow Up.svg
1999/00 Preferente 18º Red Arrow Down.svg
2000/01 1ª Aut
2001/02 1ª Aut 12º
Tempada Categoría Posto
2002/03 1ª Aut Green Arrow Up.svg
2003/04 Preferente 10º
2004/05 Preferente
2005/06 Preferente
2006/07 Preferente
2007/08 Preferente
2008/09 Preferente
2009/10 Preferente
2010/11 Preferente
2011/12 Preferente
2012/13 Preferente Green Arrow Up.svg
2013/14
2014/15
2015/16
2016/17 10º
2017/18

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro 2015/16[editar | editar a fonte]

  • Actualizado a 19 de outubro de 2015.
Pablo Couñago xogou no CD Choco na tempada 2013/2014. Posteriormente fichou polo Honka FC finés.
Posto País Xogador
POR Galicia David Cortegoso
POR Galicia Aarón Puentes
POR Galicia Adrián
DEF Galicia Puyi
DEF Galicia Lucas Fernández
DEF Galicia Saúl
DEF Flag of Argentina.svg Lucas Carminati
DEF Galicia Suso
DEF Galicia Valiente
DEF Galicia Saul
MED Galicia Pablo Piñeiro Capitán
MED Galicia Alexandre Currás "Curri"
MED Galicia Xoxé
MED Galicia Fernando
MED Galicia Oscar Comís
Posto País Xogador
MED Galicia Berto
MED Galicia Gonza
MED Galicia Ronald
MED Galicia Ricardo Baz
MED Galicia Brian
MED Galicia Miguel Fernández
MED Galicia Pablo Pérez
DIA Galicia Aitor Gómez
DIA Galicia Fernán Ferreiroa
DIA Galicia Diego Silva
DIA Suíza Javi Prieto
DIA Galicia Albert Perez
DIA Galicia Rober
DIA Galicia Félix Rial

Xogadores de éxito[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

  • Galicia Alén (1988/89)
  • Galicia Lopez (1989/90)
  • Galicia Luis Poceiro (1989/90)
  • Galicia Luis Poceiro (1990/91)
  • Galicia Reigosa (1990/91)
  • Galicia Reigosa (1991/92)
  • Galicia David Otero (1991/92)
  • Galicia Roberto (1992/93)
  • Galicia Luis Viñas (1992/93)
  • Galicia Landa (1992/93)
  • Galicia Landa (1993/94)
  • Galicia Jose Luis (1993/94)
  • Galicia Domingos Abal (1994/95)
  • Galicia David Otero (1995/97)
  • Galicia Catalán (1997/98)
  • Galicia Generoso Muiños (1997/99)
  • Galicia Domingos Abal (1999/00)
  • Galicia Marcos Montes (1999/00)
  • Galicia Generoso Muiños (1999/00)
  • Galicia Reigosa (2000/01)
  • Galicia Marcos Montes (2000/01)
  • Galicia Jose Valtierra (2000/01)
  • Galicia Jose Manuel Santos (2001/03)
  • Galicia Jose Valtierra (2003/04)
  • Galicia Juan Alberto Pereira (2004/05)
  • Galicia Jacinto Barreiro (2005/06)
  • Galicia Jacinto Barreiro (2006/07)
  • Galicia Antonio Gómez Fernández (2007/08)
  • Galicia Alex García (2008/09)
  • Galicia Antonio Gómez Fernández (2008/09)
  • Galicia Julio Alvarez (2009/10)
  • Galicia Julio Alvarez (2010/11)
  • Galicia Jacobo Montes (2011/12-actualidade)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Outros torneos[editar | editar a fonte]

  • Campión "Banco de Bilbao" de Ponteareas: 3 (I, III e V edicións).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Antorcha de Plata concedida polo xornal Hoja del Lunes de Vigo recoñecendo o seu labor no desenvolvemento e enaltecemento do deporte.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Compostimes. (ed.). "CD Choco, creciendo desde la base.". Consultado o 25 de maio de 2016. 
  2. La Voz de Galicia (ed.). "Un Choco para a historia.". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  3. López, Roberto. Badajoz Deportes, ed. "¿Por qué el CD Choco se llama así?". Consultado o 25 de maio de 2016. 
  4. A festa do choco celébrase en Redondela durante a segunda fin de semana de maio desde 1987, e é Festa de interese turístico de Galicia desde 2003.
  5. Castrillón, Carlos. Faro de Vigo, ed. "El Badajoz, primer rival del Choco en su camino hacia Segunda B.". Consultado o 24 de maio de 2016. 
  6. La Voz de Galicia (ed.). "Redondela invertirá dos millones en el complejo deportivo.". 
  7. Pinacho, Antonio. Faro de Vigo, ed. "Redondela inicia la remodelación de las instalaciones deportivas de Santa Mariña.". Consultado o 21 de maio de 2016. 
  8. Migueles, J. Anecdotario redondelán., ed. "Futbol: Equipos". Consultado o 21 de maio de 2016. 
  9. Franco, Fernando. Faro de Vigo, ed. "Tenéis una cita con Kerouac.". Consultado o 21 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]