Eduardo López Beci
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1943 (81 anos) Lugo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 170 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1964 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio Eduardo López Beci, nado en Lugo o 12 de decembro de 1943, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e desenvolveu case toda a súa carreira futbolística no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras xogar no Orzán SD foi fichado en setembro de 1961 polo Deportivo da Coruña para o seu equipo de xuvenís.[1] Xogou varias tempadas co Fabril en Terceira División e na 1964–65 debutou co primeiro equipo do Deportivo en Primeira División. O seu debut, baixo as ordes de Luis Carniglia, produciuse o 27 de decembro de 1964 fronte ao Valencia CF a domicilio, saldándose con derrota branquiazul (1–0). Esa tempada o club galego descendeu á Segunda División, e Beci aínda xogou outra tempada máis no Fabril. Un ano despois saíu cedido ao Osasuna, nunha operación na que entrou tamén Escolá e pola que Sertucha foi traspasado ao Deportivo. Aínda que a cesión era por dous anos, os seus 15 goles co club navarro fixeron que o Deportivo o recuperase despois do primeiro ano.[2]
Volveu ao club galego na campaña 1967–68, na que o equipo se proclamou campión de Segunda División, con Beci como máximo goleador do equipo con 11 goles. Outros 11 goles marcou na seguinte tempada en Primeira División, sendo só superado na liga por Gárate, Amancio e Fleitas. Porén, Beci viviu outros dous descensos a Segunda co Deportivo, nas tempadas 1969–70 (ascendendo na campaña seguinte) e na 1972–73, e un descenso á Terceira División na tempada 1973–74, a súa última no equipo coruñés.
En xullo de 1974 foi traspasado ao Linares xunto a Aguilar, Tauler e Cubiche e a cambio de Castillo.[3] Xogou no Linares ata 1976 cando se retirou do fútbol e volveu á Coruña.[4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña
- Segunda División (1): 1967/68.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Deportivo saldrá mañana para Bilbao". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 7 de setembro de 1961. p. 5.
- ↑ "Beci, recuerdos de Pamplona". La Opinión A Coruña (en castelán). 28 de abril de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Presentación del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de xullo de 1974. p. 41.
- ↑ "Beci". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de marzo de 1979. p. 35.