Borja Bastón
Borja | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nacemento | 25 de agosto de 1992 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,91 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Oviedo | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–2009 | Atlético de Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2011 | Atlético Madrid B | 37 | (16) |
2010– | Atlético Madrid | 1 | (0) |
2011–2012 | → Murcia (cedido) | 20 | (4) |
2012–2013 | → Huesca (cedido) | 31 | (9) |
2013–2014 | → Deportivo (cedido) | 34 | (10) |
2014–2015 | → Zaragoza (cedido) | 38 | (22) |
2015–2016 | → Eibar (cedido) | 36 | (18) |
2016–2020 | Swansea City | 38 | (7) |
2017–2018 | → Málaga (cedido) | 20 | (2) |
2018–2019 | → Alavés (cedido) | 26 | (5) |
2020 | Aston Villa | 2 | (0) |
2020–2021 | Leganés | 35 | (5) |
2021– | Oviedo | 19 | (11) |
Selección nacional | |||
2008 | España sub-16 | 3 | (6) |
2008–2009 | España sub-17 | 22 | (12) |
2011 | España sub-19 | 2 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de decembro de 2021. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Borja González Tomás, coñecido como Borja ou Borja Bastón, nado en Madrid o 25 de agosto de 1992, é un futbolista español, que xoga como dianteiro no Real Oviedo, da Segunda División.
Recibe o alcume de Bastón polo segundo apelido de seu pai, o exfutbolista galego Miguel Bastón, histórico porteiro do Real Burgos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezos[editar | editar a fonte]
Fillo do gardameta de Marín Miguel Bastón, Borja comezou a xogar ao fútbol tamén como porteiro e ao cinco anos entrou nas categorías inferiores do Atlético de Madrid, onde seu pai traballaba como adestrador de porteiros. Mais pronto cambiou a súa posición para pasar a ser dianteiro, batendo dende entón gran parte das marcas goleadoras das categorías inferiores do equipo colchonero.
Na tempada 2009/10 debutou co Atlético de Madrid B, na Segunda División B. Disputou 23 partidos co filial, marcando 12 goles, e o 15 de maio de 2010 debutou co primeiro equipo na derradeira xornada da Primeira División, contra o Getafe CF no Estadio Vicente Calderón, aínda que con escasa fortuna, pois ao pouco de entrar ao campo lesionouse de gravidade ao romper o ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.[1] A lesión mantívoo apartado dos terreos de xogo durante mais de seis meses, reaparecendo co filial mediada a tempada 2010/11, na vitoria por 1-0 do seu equipo fronte ao Cacereño.[2]
Cesións[editar | editar a fonte]
Para a tempada 2011/12 o Atlético de Madrid cedeuno ao Real Murcia, da Segunda División. Debutou na categoría de prata o 3 de setembro no partido correspondente á terceira xornada que enfrontou aos murcianos co Elche e cuxo resultado final foi unha derrota por un a cero. Borja entrou ao campo no minuto 45 substituíndo a Kike García. Tres días despois, o 6 de setembro xogou o seu primeiro partido de Copa do Rei na segunda eliminatoria desta. O partido finalizou con derrota 0-1 fronte ao Córdoba, quedando o Murcia eliminado. O 25 de setembro conseguiu ante o Numancia o seu primeiro gol na Segunda División, axudando a conseguir a definitiva vitoria por 2-1.
Na tempada 2012/13 volveu saír cedido a un equipo de Segunda, esta vez ao Huesca.[3] Disputou 31 partidos, 19 deles como titular, nun equipo no que os dianteiros máis habituais durante a campaña foron Tariq e Nacho Novo, e que acabou descendendo á Segunda B.
Na seguinte tempada foi cedido ao Deportivo da Coruña, tamén de Segunda, debutando con dous goles fronte ao Sabadell na primeira xornada.[4] Ás ordes de Fernando Vázquez, o club galego logrou o ascenso á Primeira División, e Borja foi o máximo goleador do equipo, con 10 tantos.[5] Con todo, o Deportivo decidiu non prorrogar a súa cesión por outro ano.[6]
Na 2014/15 foi cedido ao Zaragoza de Víctor Muñoz, onde foi titular durante case todos os partidos e marcou 22 goles, sendo superado só polos 31 do bético Rubén Castro.[5] O equipo xogou a promoción de ascenso, onde caeu eliminado na final contra a UD Las Palmas.
Na tempada 2015/16 viviu a súa quinta cesión consecutiva, desta vez a un equipo de Primeira: o Eibar. Co equipo de Mendilibar marcou 18 goles en liga, a cifra máis alta dun xogador do Eibar en Primeira.
Swansea[editar | editar a fonte]
En agosto de 2016 foi traspasado ao Swansea City, da Premier League, por uns 18 millóns de euros, converténdose na fichaxe máis cara da historia do club galés.[7] Con todo, apenas dispuxo de minutos, sendo titular só en catro partidos durante unha convulsa tempada con varios adestradores, e na que o club ocupou postos de descenso durante boa parte da competición. Marcou un só gol na Premier, nun partido contra o Arsenal no Emirates Stadium, onde conseguiu bater ao gardameta Petr Čech.[8][9]
Para a tempada seguinte o Swansea cedeuno ao Málaga,[10] onde tivo unha desafortunada campaña, do mesmo xeito que o club, que acabou descendendo a Segunda.[11] Na 2018/19 xogou no Alavés, na que foi a sétima cesión da súa carreira deportiva.[12] No equipo vasco, adestrado por Abelardo, recuperou certa regularidade, disputando 29 partidos, 20 como titular, e marcando 5 goles.
Comezou a tempada 2019/20 xogando co Swansea no Championship, a segunda división inglesa á que o club descendera dúas tempadas antes. Disputou 19 partidos e marcou 6 goles, antes de desvincularse do club en xaneiro.[13]
Aston Villa[editar | editar a fonte]
O derradeiro día do mercado invernal da tempada 2019/20 fichou polo Aston Villa, da Premier League, onde coincidiu co gardameta madrileño Pepe Reina e co mediapunta galego Jota Peleteiro. Só puido xogar dous encontros no club de Birmingham antes da irrupción da pandemia de COVID-19, que paralizou o deporte a nivel mundial, e xa non volveu disputar ningún minuto máis trala continuación da competición.[14]
Leganés[editar | editar a fonte]
Despois de rematar o seu contrato co Aston Villa, asinou por unha tempada co Leganés, da Segunda División.[14] Disputou a maioría de partidos da tempada, formando na dianteira xunto con Arnaiz e Sabin Merino, e xogou a fase de ascenso a Primeira despois de rematar na terceira posición o campionato de liga.
Oviedo[editar | editar a fonte]
En agosto de 2021 fichou polo Real Oviedo, da Segunda División.[5]
Internacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección española sub-16 e tamén coa sub-17 coa que disputou a Copa do Mundo de 2009 en Nixeria, terminando no terceiro posto e coa Bota de Ouro do campionato ao mellor goleador.[15] En 2011 xogou coa selección sub-19 o Campionato Europeo en Romanía, no que disputou dous partidos, contribuíndo á consecución do título por parte do combinado español, que derrotou na final á República Checa.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Selección sub-19 de España
- Campionato europeo sub-19 (1): 2011.
Individual
- Bota de Ouro da Copa do Mundo sub-17 (1): 2009.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Seis meses de baja para el canterano Borja". Marca (en castelán). 16 de maio de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja: "2011 será uno de mis mejores años"". As (en castelán). 21 de decembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja jugará cedido en el Huesca esta temporada". As (en castelán). 30 de agosto de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja Bastón aclara que llega "cedido" por el Atlético "por dos años"". La Opinión A Coruña (en castelán). 2 de setembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Fernández, Pablo (12 de agosto de 2021). "El olfato de Bastón, el perfil que le faltaba al Oviedo y los deberes para Ziganda" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "El Deportivo renuncia a prorrogar la cesión de Borja Bastón" (en castelán). 27 de agosto de 2014. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja Bastón se marcha traspasado al Swansea por 18 millones". Marca (en castelán). 11 de agosto de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja Bastón pone fin a una pesadilla de 23 partidos y 1.093 minutos sin hacer un gol". Marca (en castelán). 19 de novembro de 2017. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "El Arsenal atrapa al City en el liderato". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de outubro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ G. Parajón, Marcos (4 de xullo de 2017). "Borja Bastón ya es jugador del Málaga". Marca (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja Bastón, amenaza conocida" (en castelán). 30 de outubro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "El Deportivo Alavés refuerza su delantera con Borja Bastón" (en castelán). 16 de xullo de 2018. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja Bastón ficha por el Aston Villa". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ 14,0 14,1 Díaz Rolle, Iván (18 de setembro de 2020). "Borja Bastón: «Será raro jugar en Galicia y no tener a mi familia en el campo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ "Borja gana la 'Bota de Oro' del Mundial de Nigeria". Marca (en castelán). 15 de novembro de 2009. Consultado o 9 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en Soccerway (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1992
- Nados en Madrid
- Españois de ascendencia galega
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do Swansea City AFC
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Aston Villa FC
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do Real Oviedo