Víctor García Hernando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor
Información persoal
Nome Víctor García Hernando
Nacemento 15 de xullo de 1915
Lugar de nacemento Santander
Falecemento 3 de agosto de 1943
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1934–1940 Racing de Santander 26 (2)
1941–1943 Deportivo da Coruña 39 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Víctor García Hernando, nado en Santander o 15 de xullo de 1915 e finado na mesma cidade o 3 de agosto de 1943, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na tempada 1934–35 en Primeira División co Racing de Santander, participando nesa campaña en dous encontros, xogando só catro na seguinte. Pasada a Guerra Civil, na tempada 1939–40 fíxose un oco no once titular e conseguiu anotar dous tantos. Con todo, o club cántabro descendeu a Segunda División.

Na tempada 1941–42 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde permaneceu tres anos, facendo grande amizade con Juan Acuña. A súa primeira campaña foi a máis regular no club coruñés, perdendo presenza no once inicial nas dúas restantes tempadas debido á doenza de tuberculose que padecía.

Faleceu no verán de 1943 en Santander.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]