Mundial de Fútbol de 1950

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Mundo de Fútbol 1950
IV Campeonato Mundial de Futebol
Detalles do torneo
Organizador Brasil Brasil
Datas 24 de xuño16 de xullo
Equipos 13 (de 34 participantes)
Sedes 6 (de 6 cidades)
Resultado
Campión Uruguai Uruguai
Subcampión Brasil (1889-1960) Brasil
Terceiro Suecia Suecia
Cuarto España (1945-1977) España
Semifinalistas
Estatísticas
Partidos 22
Goles 88 (4 por partido)
Asistencia 1.045.246 (47.511 por partido)
Goleador Brasil Ademir (8)
Mellor xogador
Mellor promesa
Mellor xogador novo
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Francia 1938
1954 Suíza ►►

O Mundial de Fútbol de 1950 foi a cuarta edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. Celebrouse no Brasil, após un parón de doce anos por mor da segunda guerra mundial, entre o 24 de xuño e o 16 de xullo de 1950. En homenaxe aos vinte e cinco anos de presidencia de Jules Rimet da FIFA, o trofeo do campionato foi bautizado co nome de "Copa Jules Rimet". Nesta edición estaba programada a participación de dezaseis seleccións, mais debido a varios abandonos tan só participaron trece: seis europeas e sete americanas. Entre os participantes destacou o retorno do Uruguai, ausente nas dúas edicións precedentes, e o debut de Inglaterra despois de que as federacións británicas reingresasen na FIFA.

Esta edición contou cun formato de catro grupos, onde os equipos xogaban todos contra todos nun sistema de liga. A novidade foi a fase final, sendo esta a única edición do torneo onde non se disputou unha final. Así, os campións de cada un dos catro grupos, o Brasil, España, Suecia e o Uruguai, tiveron que disputar outra fase de liga de todos contra todos. É especialmente lembrado nesta edición o encontro decisivo polo campionato disputado entre o Uruguai e o Brasil, máis coñecido como o "Maracanaço".[1] Aos brasileiros chegaballes o empate, mentres que aos seus rivais só lles valía gañar. Ante case 200.000 espectadores, os tantos de Schiaffino e Ghiggia deron ao Uruguai o seu segundo título de campión.

Antecedentes e elección[editar | editar a fonte]

Tras a celebración da Copa do Mundo de 1938 en Francia, comezouse a elección da sede da seguinte edición de 1942. Para a celebración do torneo presentaran candidatura Alemaña, a Arxentina e o Brasil. A decisión de quen ía ser o anfitrión estaba prevista para o congreso da FIFA de xuño de 1938. Porén, o seu presidente, Jules Rimet, adiou a xuntanza para o ano 1940. Con todo, o estoupido da segunda guerra mundial un ano antes fixo que todo ficase suspenso sen saber cando se ía poder retornar.[2] Cando a guerra finalizou en 1945, a FIFA retomou os preparativos para celebrar unha nova Copa Mundial o antes posíbel, programando un congreso ao ano seguinte en Luxemburgo. Alí discutiuse que Suíza acollese a cuarta edición, prevista en principio para 1949. Porén, a proposto non era viábel a curto prazo no país helvético, xa que non contaba estadios suficientes para un evento internacional.

En xuño de 1946 o Brasil presentou a única candidatura para dar solución ao problema de falta de sedes. O proxecto para esta candidatura era moi semellante ao que xa presentara en 1942.[2] O presidente do Brasil naquela altura, Getúlio Vargas, obtivo tamén o apoio do líder arxentino Juan Domingo Perón en troques de que o seguinte evento organizado en América fose no seu país. Ademais, propuxeron que a Copa se celebrase en 1950 para garantir o maior número posíbel de participantes. Un dos problemas da candidatura era que o Brasil non contaba cun recinto o suficientemente grande para albergar un evento tan masivo, polo que para solucionalo decidiuse construír un novo estadio, o Estádio do Maracanã, o cal que ía ser o máis grande do mundo con capacidade para 200.000 espectadores.[2] Finalmente, o 25 de xullo de 1946, os dirixentes da FIFA elixiron por unanimidade as únicas candidaturas presentadas: Brasil para a edición de 1950 e Suíza para 1954. Tamén se aprobou que o trofeo do campionato adoptase o nome de Copa Jules Rimet en homenaxe aos seus 25 anos de presidencia e o reingreso na FIFA das catro federacións británicas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Selo conmemorativo.

En total, inscribíronse trinta e catro seleccións á fase de clasificación para dezaseis prazas. Os campións da última edición, Italia, e o anfitrión, Brasil, clasificáronse automaticamente, polo que quedaron en xogo catorce prazas libres. Previamente a FIFA decretara que Alemaña e o Xapón non podían xogar polo seu papel na segunda guerra mundial como potencias do Eixo. En troques, non sucedeu o mesmo con Italia: a FIFA tiña interese no equipo xa que eran os defensores do título e o dirixente da súa Federación, Ottorino Barassi, custodiara o trofeo da Copa durante o conflito. Por outro lado, Austria non estaba sometida a ningunha sanción e a Unión Soviética non quixo tomar parte. Cómpre destacar que a selección da rexión do Sarre, foi aceptada pola FIFA tan só dúas semanas antes da competición, polo que non puido participar na fase de clasificación.

Por outra banda, as catro asociacións do Reino Unido (Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte) xogaron por primeira vez a fase clasificatoria despois do seu reingreso na FIFA. Neste caso, permitiuse que a edición 1949−50 do seu campionato propio, o British Home Championship, servise como grupo clasificatorio con dúas prazas directas. Inglaterra e Escocia chegaron á última xornada coas dúas primeiras prazas aseguradas, aínda que a federación escocesa tiña antes do torneo que só viaxaría ao Brasil se eran campións.[3] Ao non darse esa situación, Inglaterra foi finalmente o único representante británico.

No resto de Europa, varios países abandonaron a rolda previa por motivos económicos, pouco favorables ao gasto que supuña o desprazamento en plena posguerra. España, Italia, Suecia, Suíza e Iugoslavia conseguiron o pase sen problemas, mais Turquía, campioa do grupo 2, ausentouse ao alegar "dificultades insalvábeis". Para cubrir as baixas de Escocia e Turquía, o comité organizador cursou senllas invitacións a Portugal e Francia. Os portugueses rexeitárona porque crían que debían gañala no terreo de xogo, mentres que os galos aceptaron en primeira instancia e despois renunciaron por razóns económicas.[4]

En América do Sur, sorprende a baixa de Arxentina aducindo discrepancias entre a Asociación do Fútbol Arxentino e a Confederación Brasileira de Deportes. As beneficiadas pola súa saída foron Bolivia e Chile, rivais de grupo. Do mesmo xeito, o Uruguai e Paraguai regresaban após dúas edicións ausentes polas saídas do Perú e Ecuador. Por outro lado, Colombia non participou xa que fora expulsada da FIFA en 1949 baixo a acusación de manter unha liga pirata. As dúas prazas de Norteamérica foron para os Estados Unidos e México. En canto a Asia, a India beneficiouse da retirada de Birmania, Filipinas e Indonesia. Porén, non puido viaxar ao Brasil por razóns económicas. Así, das dezaseis clasificadas, só participaron trece seleccións: seis europeas e sete americanas.

Lista de participantes[editar | editar a fonte]

As seguintes son as dezaseis seleccións orixinais que se clasificaron para a disputa do torneo.

Renuncias

Sedes[editar | editar a fonte]

Seis estadios foron as sedes desta Copa Mundial, cada un situado nunha cidade distinta, todas capitais de estado. O estadio de máis grande desta edición foi o Estádio do Maracanã, en Río de Xaneiro. O estadio cuadruplicaba ao seguinte estadio con máis capacidade, o Estádio do Pacaembu de São Paulo, a cidade máis poboada do país.

Río de Xaneiro São Paulo Belo Horizonte
Estádio do Maracanã Estádio do Pacaembu Estádio Independencia

22°54′43.8″S 43°13′48.59″O / -22.912167, -43.2301639 (Estádio do Maracanã)

23°32′55″S 46°39′54″O / -23.54861, -46.66500 (Estádio do Pacaembu)

19°54′30″S 43°55′04″O / -19.90833, -43.91778 (Estádio Independencia)

Capacidade: 200.000 Capacidade: 60.000 Capacidade: 25.000
Porto Alegre Recife Curitiba
Estádio dos Eucaliptos Estádio Ilha do Retiro Estádio Durival de Britto e Silva

30°3′42″S 51°13′38″O / -30.06167, -51.22722 (Estádio dos Eucaliptos)

8°3′47″S 34°54′11″O / -8.06306, -34.90306 (Estádio Ilha do Retiro)

25°26′22″S 49°15′21″O / -25.43944, -49.25583 (Estádio Durival de Britto e Silva)

Capacidade: 7.000 Capacidade: 60.000 Capacidade: 12.000

Formato[editar | editar a fonte]

A petición do Brasil, a FIFA aceptou mudar todo o formato de competición en 1947. No canto de xogar unha fase eliminatoria como nas dúas últimas edicións, os 16 participantes previstos dividiríanse en catro grupos de catro equipos cada un. En cada grupo, as catro seleccións enfrontaríanse unha vez entre si polo sistema de todos contra todos. Finalmente, pasaría de rolda o campión de cada grupo. A novidade chegou na fase final. Por primeira e única vez na Copa do Mundo, celebraríase unha liguiña entre os catro campións de cada grupo, de novo todos contra todos en tres xornadas. Esta última parte da proposta dividiu ao comité organizador, mais os brasileiros convencéronlles de que aumentaría tanto a emoción como a recadación. A edición de 1950 foi, polo tanto, a única da historia na que non se celebrou unha final, aínda que o Uruguai contra o Brasil da última xornada terminou sendo o partido decisivo.

Grupos[editar | editar a fonte]

O sorteo dos grupos celebrouse o 22 de maio de 1950 en Río de Xaneiro. Despois do sorteo as federacións de fútbol de Francia e da India decidiron non participar no mundial. Non houbo tempo para invitar a outras seleccións, polo que o mundial xogouse con tan só 13 equipos, ficando o grupo 4 con dúas seleccións.[5]

Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4
Brasil (1889-1960) Brasil Inglaterra Inglaterra Suecia Suecia Uruguai Uruguai
México México España (1945-1977) España Italia Italia Francia Francia
Iugoslavia Iugoslavia Chile Chile Paraguai Paraguai Bolivia Bolivia
Suíza Suíza Estados Unidos Estados Unidos India India

Resultados[editar | editar a fonte]

As horas corresponden ao horario de Brasilia (UTC−3).

Primeira rolda[editar | editar a fonte]

Grupo 1[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
Brasil (1889-1960) Brasil 5 3 2 1 0 8 2 +6
Iugoslavia Iugoslavia 4 3 2 0 1 7 3 +4
Suíza Suíza 3 3 1 1 1 4 6 −2
México (1934-1968) México 0 3 0 0 3 2 10 −8


Brasil 4 - 0 México 24 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 81.649
Árbitro: George Reader (Inglaterra)
Ademir Anotado no 30º minuto 30' Anotado no 79º minuto 79'
Jair Anotado no 65º minuto 65'
Baltazar Anotado no 71º minuto 71'
Informe
 
Iugoslavia 3 - 0 Suíza 26 de xuño de 1950, 18:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte
Asistencia: 7.336
Árbitro: Giovanni Galeati (Italia)
Mitić Anotado no 59º minuto 59'
Tomašević Anotado no 70º minuto 70'
Ognjanov Anotado no 84º minuto 84'
Informe
 


Brasil 2 - 2 Suíza 28 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 42.032
Árbitro: Ramón Azón Romá (España)
Alfredo II Anotado no 3º minuto 3'
Baltazar Anotado no 32º minuto 32'
Informe
Fatton Anotado no 17º minuto 17' Anotado no 88º minuto 88'
 
Iugoslavia 4 - 1 México 28 de xuño de 1950, 18:15 – Estádio dos Eucaliptos, Porto Alegre
Asistencia: 11.078
Árbitro: Reginald Leafe (Inglaterra)
Bobek Anotado no 20º minuto 20'
Čajkovski Anotado no 23º minuto 23' Anotado no 51º minuto 51'
Tomašević Anotado no 81º minuto 81'
Informe
Ortiz Anotado no 89º minuto 89' (pen.)
 


Brasil 2 - 0 Iugoslavia 1 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 142.429
Árbitro: Benjamin Griffiths (Gales)
Ademir Anotado no 4º minuto 4'
Zizinho Anotado no 69º minuto 69'
Informe
 
Suíza 2 - 1 México 1 de xullo de 1950, 15:40 – Estádio dos Eucaliptos, Porto Alegre
Asistencia: 3.580
Árbitro: Ivan Eklind (Suecia)
Bader Anotado no 10º minuto 10'
Antenen Anotado no 44º minuto 44'
Informe
Casarín Anotado no 89º minuto 89'
 

Grupo 2[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
España (1945-1977) España 6 3 3 0 0 6 1 +5
Inglaterra Inglaterra 2 3 1 0 2 2 2 0
Chile Chile 2 3 1 0 2 5 6 −1
Estados Unidos (1912-1959) Estados Unidos 2 3 1 0 2 4 8 −4


Inglaterra 2 - 0 Chile 25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 29.703
Árbitro: Karel van der Meer (Países Baixos)
Mortensen Anotado no 39º minuto 39'
Manion Anotado no 51º minuto 51'
Informe
 
España 3 - 1 Estados Unidos 25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Durival de Britto, Curitiba
Asistencia: 9.511
Árbitro: Mário Vianna (Brasil)
Igoa Anotado no 81º minuto 81'
Basora Anotado no 83º minuto 83'
Zarra Anotado no 89º minuto 89'
Informe
Pariani Anotado no 17º minuto 17'
 


España 2 - 0 Chile 29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 19.790
Árbitro: Alberto Malcher (Brasil)
Basora Anotado no 17º minuto 17'
Zarra Anotado no 30º minuto 30'
Informe
 
Estados Unidos 1 - 0 Inglaterra 29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte
Asistencia: 10.151
Árbitro: Generoso Dattilo (Italia)
Gaetjens Anotado no 38º minuto 38' Informe
 


España 1 - 0 Inglaterra 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 74.462
Árbitro: Giovanni Galeati (Italia)
Zarra Anotado no 48º minuto 48' Informe
 
Chile 5 - 2 Estados Unidos 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio Ilha do Retiro, Recife
Asistencia: 8.501
Árbitro: Mário Gardelli (Brasil)
Robledo Anotado no 16º minuto 16'
Cremaschi Anotado no 32º minuto 32' Anotado no 60º minuto 60'
Prieto Anotado no 54º minuto 54'
Riera Anotado no 82º minuto 82'
Informe
Wallace Anotado no 47º minuto 47'
Maca Anotado no 48º minuto 48' (pen.)
 

Grupo 3[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
Suecia Suecia 3 2 1 1 0 5 4 +1
Italia Italia 2 2 1 0 1 4 3 +1
Paraguai (1842-1954) Paraguai 1 2 0 1 1 2 4 −2


Suecia 3 - 2 Italia 25 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 36.502
Árbitro: Jean Lutz (Suíza)
Jeppson Anotado no 25º minuto 25' Anotado no 68º minuto 68'
Andersson Anotado no 33º minuto 33'
Informe
Carapellese Anotado no 7º minuto 7'
Muccinelli Anotado no 75º minuto 75'
 
Suecia 2 - 2 Paraguai 29 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio Durival Britto, Curitiba
Asistencia: 7.903
Árbitro: George Mitchell (Escocia)
Sundqvist Anotado no 17º minuto 17'
Palmér Anotado no 26º minuto 26'
Informe
López Anotado no 35º minuto 35'
López Fretes Anotado no 74º minuto 74'
 
Italia 2 - 0 Paraguai 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 25.811
Árbitro: Arthur Ellis (Inglaterra)
Carapellese Anotado no 12º minuto 12'
Pandolfini Anotado no 62º minuto 62'
Informe
 

Grupo 4[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
Uruguai Uruguai 2 1 1 0 0 8 0 +8
Bolivia Bolivia 0 1 0 0 1 0 8 −8


Uruguai 8 - 0 Bolivia 2 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio Independência, Belo Horizonte
Asistencia: 5.284
Árbitro: George Reader (Inglaterra)
Míguez Anotado no 14º minuto 14' Anotado no 40º minuto 40' Anotado no 51º minuto 51'
Vidal Anotado no 18º minuto 18'
Schiaffino Anotado no 23º minuto 23' Anotado no 54º minuto 54'
Pérez Anotado no 83º minuto 83'
Ghiggia Anotado no 87º minuto 87'
Informe
 

Rolda final[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
Uruguai Uruguai 5 3 2 1 0 7 5 +2
Brasil (1889-1960) Brasil 4 3 2 0 1 14 4 +10
Suecia Suecia 2 3 1 0 2 6 11 −5
España (1945-1977) España 1 3 0 1 2 4 11 −7


Uruguai 2 - 2 España 9 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 44.802
Árbitro: Benjamin Griffiths (Gales)
Ghiggia Anotado no 29º minuto 29'
Varela Anotado no 73º minuto 73'
Informe
Basora Anotado no 37º minuto 37' Anotado no 39º minuto 39'
 
Brasil 7 - 1 Suecia 9 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 138.886
Árbitro: Arthur Ellis (Inglaterra)
Ademir Anotado no 17º minuto 17' Anotado no 36º minuto 36' Anotado no 52º minuto 52' Anotado no 58º minuto 58'
Chico Anotado no 38º minuto 38' Anotado no 88º minuto 88'
Maneca Anotado no 85º minuto 85'
Informe
Andersson Anotado no 67º minuto 67' (pen.)
 


Brasil 6 - 1 España 13 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 152.772
Árbitro: Reginald Leafe (Inglaterra)
Parra Anotado no 15º minuto 15' (p.m.)
Jair Anotado no 21º minuto 21'
Chico Anotado no 31º minuto 31' Anotado no 55º minuto 55'
Ademir Anotado no 57º minuto 57'
Zizinho Anotado no 67º minuto 67'
Informe
Igoa Anotado no 71º minuto 71'
 
Uruguai 3 - 2 Suecia 13 de xuño de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 7.987
Árbitro: Giovanni Galeati (Italia)
Ghiggia Anotado no 39º minuto 39'
Míguez Anotado no 75º minuto 75' Anotado no 85º minuto 85'
Informe
Palmér Anotado no 5º minuto 5'
Sundqvist Anotado no 40º minuto 40'
 


Suecia 3 - 1 España 16 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Pacaembu, São Paulo
Asistencia: 11.227
Árbitro: Karel van der Meer (Países Baixos)
Sundqvist Anotado no 15º minuto 15'
Mellberg Anotado no 33º minuto 33'
Palmér Anotado no 80º minuto 80'
Informe
Zarra Anotado no 82º minuto 82'
 
Uruguai 2 - 1 Brasil 16 de xullo de 1950, 15:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro
Asistencia: 199.854
Árbitro: George Reader (Inglaterra)
Schiaffino Anotado no 66º minuto 66'
Ghiggia Anotado no 79º minuto 79'
Informe
Friaça Anotado no 47º minuto 47'
 


Campión do Mundo
Uruguai
Uruguai
Segundo título

Goleadores[editar | editar a fonte]

Con oito tantos, o brasileiro Ademir foi máximo goleador do torneo. En total, anotáronse 88 goles por parte de 48 xogadores, con tan só un gol en propia meta. Por outra banda, o uruguaio Alcides Ghiggia converteuse no primeiro xogador en marcar gol en todos os partidos. O seguinte sería Jairzinho en 1970.[6]

8 goles
5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

Clasificación retrospectiva[editar | editar a fonte]

Ademir, máximo goleador do torneo.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[7] A clasificación de 1950 foi a seguinte:

P Selección G X V E D GF GC DF Pts.
1 Uruguai Uruguai 4 4 3 1 0 15 5 +10 7
2 Brasil (1889-1960) Brasil 1 6 4 1 1 22 6 +16 9
3 Suecia Suecia 3 5 2 1 2 11 15 −4 5
4 España (1945-1977) España 2 6 3 1 2 10 12 −2 7
Eliminados na primeira rolda
5 Iugoslavia Iugoslavia 1 3 2 0 1 7 3 +4 4
6 Suíza Suíza 1 3 1 1 1 4 6 −2 3
7 Italia Italia 3 2 1 0 1 4 3 +1 2
8 Inglaterra Inglaterra 2 3 1 0 2 2 2 0 2
9 Chile Chile 2 3 1 0 2 5 6 −1 2
10 Estados Unidos (1912-1959) Estados Unidos 2 3 1 0 2 4 8 −4 2
11 Paraguai (1842-1954) Paraguai 3 2 0 1 1 2 4 −2 1
12 México (1934-1968) México 1 3 0 0 3 2 10 −8 0
13 Bolivia Bolivia 4 1 0 0 1 0 8 −8 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lissardy, G. (19 de xuño de 2014). "Maracanazo: lo que ocurrió en la noche más épica del fútbol uruguayo" [Maracanaço: o que sucedeu na noite máis épica do fútbol uruguaio]. BBC (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 2,2 "How Brazil Saved The World Cup In The Aftermath Of World War II" [Como o Brasil salvou a Copa do Mundo a raíz da Segunda Guerra Mundial]. National Public Radio (en inglés). 11 de xuño de 2014. 
  3. "Scotland and the 1950 World Cup" [Escocia e a Copa do Mundo de 1950]. BBC (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  4. Borde, Alexandre (27 de maio de 2014). "La Coupe du monde à travers l'histoire: Brésil 1950" [A Copa do Mundo ao longo da historia: Brasil 1950]. Le Point (en francés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  5. "1950 FIFA World Cup. Groups" [Copa do Mundo da FIFA 1950. Grupos]. FIFA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  6. "Brazil Legends: Jairzinho" [Lendas do Brasil: Jairzinho]. Football Whispers (en inglés). 2016. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  7. "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]