Supercopa de España de fútbol
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol desde 1982, e que enfronta ao campión da Liga Española contra o campión da Copa do Rei.
O trofeo xógase cada ano a finais de agosto, e supón o inicio oficial da competición futbolística en España.
Ata a edición de 1995 se un equipo gañaba os títulos de Liga e Copa, directamente gañaba a Supercopa; pero, dende 1996, se un equipo fai dobrete, o título da Supercopa dispútao fronte ao subcampión de Copa.
O vixente campión, o Barcelona, é o club que máis veces gañou o título, en 11 ocasións. Detrás está o Real Madrid, que conquistou 9 veces o título. Ségueos o Deportivo da Coruña, con 3 trofeos.
Sistema de competición[editar | editar a fonte]
A Supercopa dispútase por eliminación directa a dobre partido: o primeiro encontro no estadio do campión de Copa e o partido de volta no feudo do campión de Liga.
O equipo que logra maior diferenza de goles en ambos os encontros proclámase campión do torneo. En caso de empate, os goles anotados en campo contrario ten valor dobre. Se aínda así persiste o empate, dispútase unha prórroga e, en última instancia, o título decídese mediante lanzamentos de penalti.
Historia[editar | editar a fonte]
A actual Supercopa de España ten os seus antecedentes históricos en tres torneos que enfrontaban aos campións da Liga Española e da Copa do Xeneralísimo:
- Copa de Campións (1939–1940)
- Copa de Ouro Arxentina (1944–1945)
- Copa Eva Duarte (1946–1953)
En xullo de 1982 a asemblea da Real Federación Española de Fútbol, a proposta do entón presidente do FC Barcelona, Josep Lluís Núñez, aprobou a creación dunha Supercopa que enfrontase anualmente aos campións de Liga e Copa[1].
Nos seus inicios o torneo disputábase a metade da tempada. A dificultade de atopar datas libres no calendario obrigou a suspender algunhas edicións, como en 1986 e 1987. Tampouco houbo final en 1984 e 1989, xa que o campión de Liga e da Copa nesas tempadas foi o mesmo equipo, adxudicándose o título automaticamente.
Para potenciar o torneo, a partir de 1994 a RFEF decidiu adiantar a Supercopa no calendario, situándoa entre o final da pretemporada e o inicio do campionato de Liga[2].
Así mesmo, en 1996 a Federación Española acordou que, no caso que un equipo lograse o dobrete, o título da Supercopa disputaríano o campión de Liga fronte ao subcampión de Copa. Esta situación produciuse en 1996, 1998 e 2009[3], 2016 e 2018.
Historial[editar | editar a fonte]
Excepto nas edicións de 1983, 1988 e 1992, o primeiro partido xogouse sempre no estadio do campión de Copa. A edición de 2018 foi a primeira que xogouse a partido único e nun campo fóra de territorio español (Tánxer).
Palmarés[editar | editar a fonte]
Pos. | Equipo | Campión | Subcampión | Títulos (anos) |
---|---|---|---|---|
1 | Barcelona | 13 | 10 | 1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018 |
2 | Real Madrid | 10 | 5 | 1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012, 2017 |
3 | Deportivo | 3 | 0 | 1995, 2000, 2002 |
4 | Atlético de Madrid | 2 | 4 | 1985, 2014 |
5 | Athletic Club | 2 | 2 | 1984, 2015 |
6 | Valencia | 1 | 3 | 1999 |
7 | Zaragoza | 1 | 2 | 2004 |
Sevilla | 1 | 2 | 2007 | |
8 | Mallorca | 1 | 1 | 1998 |
10 | Real Sociedad | 1 | 0 | 1982 |
11 | Espanyol | 0 | 2 | |
12 | Betis | 0 | 1 |