Real Club Náutico da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′0″N 8°23′0″O / 43.36667, -8.38333

Bandeira do Real Club Náutico.

O Real Club Náutico da Coruña[1] é un club náutico da cidade da Coruña. Pertence á Asociación Española de Clubs Náuticos.

Ten instalacións na Dársena da Mariña e no Peirao das Ánimas.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Sede social, na dársena da Mariña.

Foi fundado en 1926 para o fomento e a promoción dos deportes náuticos, segundo se recolle na súa acta fundacional. O seu primeiro presidente foi Miguel Feijóo Pardiñas.[3] En 1968 creou a escola de vela, para o ensino deste deporte.

Actividade deportiva[editar | editar a fonte]

Entre as regatas que organiza o RCNC destaca o Trofeo SAR Infanta Doña Elena de Borbón y Grecia para cruceiros.

Roberto e Carlos Bermúdez de Castro gañaron coa súa frota Snipe, a edición 168 da SCIRA, un campionato de España e o Trofeo Su Majestad el Rey en 1991. Roberto Bermúdez de Castro gañou tamén a Volvo Ocean Race 2014–15 a bordo do "Azzam".

En 2012 a deportista do RCNC Sofía Toro, gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 na clase Elliott 6m.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elixe a túa actividade deportiva
  2. Entidades xestoras dos portos deportivos
  3. "Historia do Real Club Náutico". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]