Trofeo Pichichi
O Trofeo Pichichi é o premio que outorga cada ano o xornal deportivo español Marca ao máximo goleador da Primeira división da Liga española de fútbol. Por extensión, en España adoita utilizarse de forma xenérica o termo Pichichi para referirse ao máximo goleador de cada torneo futbolítisco.
Ao premio chámaselle así como homenaxe ó famoso xogador do Athletic Club de Bilbao Rafael Moreno "Pichichi", que destacou pola súa gran capacidade goleadora ó longo dos anos 1910 e 1920, antes da creación da Liga española de fútbol.
O premio non ten en conta as actas arbitrais. O trofeo correspondente para o gardameta menos goleado é o Trofeo Zamora.
Historia
[editar | editar a fonte]O 18 de febreiro de 1953, a Delegación Nacional de Deportes, presidida polo xeneral Moscardó, autorizou á Federación Española de Fútbol a instaurar o premio, cuxa creación foi iniciativa dos xornais Marca e do xa desaparecido Arriba. O Trofeo Pichichi entregouse por primeira vez a tempada 1952-53, sendo Telmo Zarra o primeiro gañador.[1]
Con posterioridade, Marca recoñeceu simbolicamente como gañadores do Trofeo Pichichi a todos os futbolistas que foron máximos goleadores da liga antes da tempada 1952-53.[2]
A tempada 2002-03, con motivo do 30º aniversario do trofeo e a 75ª edición da liga española, Marca entregou un premio especial commemorativo, Pichichi de ouro, a Telmo Zarra e Quini,[3] por ser os dous futbolistas españois, vivos, con máis goles na Primeira División.
Na tempada 2005-06 Marca, a imaxe e semellanza do Trofeo Pichichi, creou o Trofeo Zarra para premiar ao máximo goleador español da tempada.
Ata a tempada 2010/11, Telmo Zarra e Hugo Sánchez tiñan a honra de establecer a marca anotadora para gañar o Pichichi, con 38 goles nunha tempada. O español é o segundo que máis veces logrou a distinción, seis, e o mexicano o segundo con máis trofeos consecutivos, catro. Tamén hai que recordar que Telmo conseguiu os seus 38 goles en tan só 30 partidos mentres que Hugo conseguiuno en 38, polo que Telmo era considerado o rei dos "Pichichis".
En 2011, Cristiano Ronaldo bateu a marca dos dous históricos, conseguindo o seu primeiro Pichichi con 41 goles. Con todo, o arxentino Lionel Messi bateu todas as marcas, logrando oito trofeos, cinco deles consecutivos, e marcando ata 50 goles nunha tempada (2011-12).
Historial
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Por xogador
[editar | editar a fonte]Por clubs
[editar | editar a fonte]Por países
[editar | editar a fonte]País | Xogadores | Total |
---|---|---|
España | 33 | 51 |
Arxentina | 4 | 16 |
Brasil | 5 | 6 |
México | 1 | 5 |
Hungría | 1 | 4 |
Uruguai | 3 | 4 |
Portugal | 1 | 3 |
Países Baixos | 2 | 2 |
Perú | 1 | 1 |
Paraguai | 1 | 1 |
Austria | 1 | 1 |
Chile | 1 | 1 |
Italia | 1 | 1 |
Camerún | 1 | 1 |
Por comunidades autónomas
[editar | editar a fonte]Comunidade | Xogadores | Total |
---|---|---|
País Vasco | 10 | 21 |
Castela e León | 5 | 5 |
Asturias | 1 | 5 |
Comunidade de Madrid | 4 | 5 |
Galicia | 2 | 4 |
Andalucía | 3 | 3 |
Comunidade Valenciana | 2 | 2 |
Aragón | 2 | 2 |
Illas Baleares | 1 | 1 |
Navarra | 1 | 1 |
Cataluña | 1 | 1 |
Estremadura | 1 | 1 |