Copa de España de fútbol indoor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Copa de España de Fútbol Indoor»)
Copa de España de fútbol indoor
Fundación2008
Desaparición2011
Equipos4
Máis laureadoDeportivo da Coruña e Real Madrid (2)

O Campionato Nacional de Liga de Fútbol Indoor foi unha competición de fútbol indoor disputada en España entre 2008 e 2011. Participaban nela os catro mellores equipos da Liga española de fútbol indoor.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira edición celebrouse en 2008 no Pazo dos Deportes de Riazor,[1] coa participación dos catro primeiros clasificados na primeira edición da Liga española de fútbol indoor: Deportivo da Coruña, Real Madrid, FC Barcelona e Valencia. O primeiro campión foi o Deportivo da Coruña, adestrado por Arsenio Iglesias, que derrotou por 12-9 ao Real Madrid na final.[2] O equipo madrileño gañou a seguinte edición, mentres que o Deportivo volveu vencer en 2010. En 2011 disputouse a última edición do torneo, que foi gañada polo Real Madrid.[3]

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Campión Subcampión Resultado
2008 Galicia Deportivo da Coruña Comunidade de Madrid Real Madrid 12-9
2009 Comunidade de Madrid Real Madrid Cataluña Barcelona 10-9
2010 Galicia Deportivo da Coruña Andalucía Betis 10-4
2011 Comunidade de Madrid Real Madrid Asturias Sporting de Gijón 8-7

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos Edicións
Galicia Deportivo da Coruña 2 2008, 2010
Comunidade de Madrid Real Madrid 2 2009, 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Super Depor y su doblete, primer dominador del Fútbol Indoor español" (en castelán). 18 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  2. "Doblete de los veteranos del Dépor al ganar al Madrid en la final de Copa". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2008. p. 44. 
  3. "El Real Madrid, campeón de la Copa de España Indoor". As (en castelán). 2 de xullo de 2011. Consultado o 28 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]