Albert Lopo
Albert Lopo | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Albert Lopo García | ||
Nacemento | 5 de maio de 1980 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Central | ||
Información de club | |||
Club actual | Inter d'Escaldes | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
1990–1998 | Espanyol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1998–2001 | Espanyol B | 44 | (1) |
1999–2006 | Espanyol | 178 | (9) |
2006–2011 | Deportivo da Coruña | 151 | (7) |
2011–2014 | Getafe | 40 | (1) |
2014–2016 | Deportivo da Coruña | 56 | (4) |
2016 | Gimnàstic | 5 | (0) |
2018– | Inter d'Escaldes | 4 | (0) |
Selección nacional | |||
1998 | España sub-17 | 4 | (0) |
1998–1999 | España sub-18 | 7 | (0) |
2001 | España sub-21 | 4 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 4 de marzo de 2018 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Albert Lopo García, nado en Barcelona o 5 de maio de 1980, é un futbolista español. Xoga de central e o seu equipo actual é o Inter Club d'Escaldes, da Primera Divisió de Andorra.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Espanyol[editar | editar a fonte]
Albert Lopo pasou a maior parte da súa carreira profesional no RCD Espanyol, onde comezou a xogar cando tiña dez anos. En pouco tempo, os adestradores apeciaron as súas habilidades defensivas e, en abril de 1999 (aos dezaoito anos), debutou na Liga contra o Real Zaragoza, converténdose no primeiro xogador que xogou en todas as categorías do club catalán. A súa mellor tempada foi a 2001/02, perdéndose só cinco encontros de liga e anotando o seu primeiro tanto, pero tamén recibiu o seu primeiro cartón vermello durante un partido contra o FC Barcelona. Na 2002/03, mostráronlle 14 cartóns amarelos en vinte e tres partidos incluíndo dous nun partido ante o Racing de Santander. A tempada seguinte, mostráronlle 15 cartóns amarelos e un cartón vermello. Entre 2004 e 2006 recibiu outras 21 cartóns amarelos e dúas vermellas.
Estivo ás ordes de varios adestradores espanyolistas: Juande Ramos, Javier Clemente, Luis Fernández e Miguel Ángel Lotina, ata a súa saída en maio de 2006.
Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]
Lopo rexeitou a oferta de renovación do RCD Espanyol e asinou polo Deportivo da Coruña. O Espanyol denunciou ao Deportivo para conseguir a compensación financeira (unha cantidade de 5,6 millóns de euros foi mencionada) por adestrar ao xogador nas súas categorías xuvenís. A reclamación do RCD Espanyol estaba baseada nun acordo entre a maioría dos clubs españois, pero o Deportivo non formaba parte deste acordo porque o Depor nunca o asinou. O caso está solucionado e o Depor gañoulle o xuízo ao Espanyol. Lopo foi considerado como un dos mellores centrais españois cando asinou gratis polo Deportivo en maio de 2006. Outros clubs mostraron interese polo xogador: o Valencia CF, o Villarreal CF, o Manchester United e o Newcastle United, pero o defensa decidiu seguir os pasos dos seus antigos compañeiros de equipo Joan Capdevila e Sergio González.
Na súa primeira tempada no Deportivo (2006/07), Lopo xogou a maior parte dos partidos (31) e mostráronlle once cartóns amarelos. Na primeira parte da tempada formou parella defensiva con Álvaro Arbeloa. Despois Arbeloa foi vendido ao Liverpool F.C., e foi Jorge Andrade (recuperado dunha lesión importante) quen acompañou a Lopo na defensa. Aquela defensa, con Joan Capdevila e Fabricio Coloccini nos lados e Dudu Aouate como porteiro, mantivo 16 veces a portería deportivista imbatida.
Durante o verán de 2007, o status de Lopo no club aumentou significativamente, ao abandonar o equipo os centrais Juanma Delgado e Jorge Andrade, o primeiro cunha transferencia gratuíta ao CD Tenerife, e o portugués vendido á Juventus por uns 8 millóns de euros. Lopo, ademais, confirmou que o Deportivo rexeitou unha oferta de 5 millóns de Real Zaragoza por el. Con todo, pasouse os primeiros cinco meses da tempada no dique seco, debido a unha lesión.
En 2008, gañou a Copa Intertoto.
Getafe[editar | editar a fonte]
Lopo continuou sendo titular indiscutible no Dépor as dúas seguintes tempadas, co descenso a Segunda División na tempada 2010–11. A finais de xuño, o xogador de 31 anos firmou un contrato co Getafe CF por tres anos.[1]
Lopo xogou con regularidade durante a primeira parte da tempada 2011–12. Porén, logo de fracturar o úmero perdeuse o que restaba de campionato, nun partido contra o seu ex equipo, o RCD Espanyol.[2]
Deportivo[editar | editar a fonte]
O 20 de xuño de 2015 anunciouse a súa renovación por un ano máis, con opción a dous segundo obxectivos.[3]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
No plano internacional, Lopo foi convocado en novembro de 2006 polo seleccionador nacional Luis Aragonés para un amigable contra Romanía. Lopo di respecto diso: "Cada xogador ten que esforzarse coa súa selección e ser parte do equipo nacional é unha recompensa. Este é probablemente o máis importante día da miña carreira, é un soño feito realidade". Aínda así, non puido debutar como internacional, xa que non xogou nese partido e non volveu ser convocado.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Espanyol
- Copa do Rei: 1999–00, 2005–06
- Deportivo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Getafe ficha al deportivista Lopo"
- ↑ ""Lopo operado satisfactoriamente de una fractura de húmero"". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 29 de maio de 2012.
- ↑ "Alberto Lopo amplía su vinculación con el RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 20 de xuño de 2015. (en castelán)