Bebeto
Bebeto | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | José Roberto Gama de Oliveira | ||
Nacemento | 16 de febreiro de 1964 (57 anos) | ||
Lugar de nacemento | Salvador | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1981–1983 | Vitória | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1983 | Vitória | 4 | (1) |
1983–1989 | Flamengo | 81 | (34) |
1989–1992 | Vasco da Gama | 53 | (28) |
1992–1996 | Deportivo da Coruña | 131 | (86) |
1996 | Flamengo | 15 | (7) |
1997 | Sevilla | 5 | (0) |
1997 | Vitória | 8 | (8) |
1997 | Cruzeiro | 0 | (0) |
1998–1999 | Botafogo | 17 | (9) |
1999 | Toros Neza | 8 | (2) |
2000 | Kashima Antlers | 8 | (1) |
2000 | Vitória | 3 | (0) |
2001–2002 | Vasco da Gama | 8 | (2) |
2002 | Al-Ittihad | 5 | (1) |
Total | 342 | (177) | |
Selección nacional | |||
1985–1998 | Brasil | 75 | (39) |
Adestrador | |||
2009–2010 | America | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un ex futbolista e adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección brasileira, coa que foi campión do mundo en 1994.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado na canteira do Vitória, debutou co primeiro equipo en 1983.
En 1983 fichou polo Flamengo, club no que permaneceu até 1989, todos eles competindo na Série A. Durante a súa estadía no club baiano, conseguiu o campionato en 1983 e o Campeonato Carioca en 1986.
En 1989 foi contratado polo Vasco da Gama, onde permaneceu até 1992. No club de Río de Xaneiro conseguiu o campionato en 1989.
Na tempada 1992–93 fichou polo Deportivo da Coruña, que o ano anterior lograra a permanencia en Primeira División. Debutou na primeira xornada de liga, o 6 de setembro de 1992 nun partido en Riazor contra o Celta de Vigo, que rematou con vitoria local (2–0) e gol do propio Bebeto, que logrou o segundo dos coruñeses. Esa campaña o equipo adestrado por Arsenio Iglesias acabou terceiro, detrás de FC Barcelona e Real Madrid e Bebeto logtou o Trofeo Pichichi, con 29 goles.
Na tempada 1993–94 o equipo galego quedou subcampión, detrás do FC Barcelona, ano no que Bebeto anotou 16 goles e debutou na Copa da UEFA. Na campaña 1994–95 os números de Bebeto pouco cambiaron, logrando novamente 16 goles en liga, e gañando co Dépor a Copa do Rei 1994–95 fronte ao Valencia CF. Na tempada 1995–96, a súa derradeira como deportivista, debutou na Recopa de Europa, chegando até as semifinais.
En 1996 fichou polo Flamengo, participando en 15 partidos e logrando 7 goles. Mediada a tempada 1996–97 fichou polo Sevilla FC, xogando en 5 partidos sen lograr ningún gol, e descendendo a final da tempada a Segunda División.
En 1997 foi contratado polo seu primeiro equipo, o Vitória. Ese ano participou en 8 partidos e logrou 8 goles. Ese mesmo ano logrou o Campionato Baiano e a Copa do Nordeste.
En 1998 firmou polo Botafogo, logrando ese ano o Torneo Rio-São Paulo. Permaneceu un ano máis no club de Río de Xaneiro, participando en total en 17 partidos e logrando 9 goles.
En 1999 fichou polo Toros Neza de México, onde participou en 9 partidos e logrou 2 goles.
No ano 2000 foi contratado polo Kashima Antlers de Xapón, participando en 8 encontros e logrando un gol. Ese mesmo ano volveu novamente ao Vitória, onde participou en 3 partidos sen lograr ningún gol.
En 2001 regresou ao Vasco da Gama, onde permaneceu un ano máis. Nesta segunda etapa participou en 8 encontros e logrou 2 goles.
En 2002 fichou polo Al-Ittihad de Arabia Saudita, onde xogou 5 partidos e logrou un gol.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Bebeto foi internacional coa selección brasileira, debutando o 28 de abril de 1985 nun partido contra o Perú (0–1). O seu primeiro gol internacional marcouno o 10 de maio de 1989, de novo contra Perú, pero esta vez con vitoria (1–4). Xogou tres Mundiais: 1990, 1994 e 1998 e foi o máximo goleador nos Xogos Olímpicos de 1996, xunto con Hernán Crespo, con 6 tantos.
En total, logrou marcar 39 goles nos 75 partidos que xogou coa selección.
Carreira como adestrador[editar | editar a fonte]
Bebeto foi presentado, o 16 de decembro de 2009, como novo adestrador do América Football Club brasileiro.[1] Tras non obter resultados positivos foi deposto do seu cargo o 13 de febreiro de 2010, cun total de tres vitorias, un empate e catro derrotas.[2]
Carreira como político[editar | editar a fonte]
En 2010 presentouse como candidato a deputado polo Partido Democrático Trabalhista brasileiro, para conseguir un escano na Asemblea Lexislativa do Río de Xaneiro[3].
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Flamengo
- Campionato Brasileiro Série A (Liga do Brasil): 1983
- Campionato Carioca (Rio de Xaneiro): 1986
- Vasco da Gama
- Campionato Brasileiro Série A (Liga do Brasil): 1989
- Trofeo Ramón de Carranza: 1989
- Deportivo da Coruña
- Vitória
- Campionato Baiano (Liga do Estado de Bahia): 1997
- Copa do Nordeste (Copa Rexional do Nordeste): 1997
- Botafogo
- Torneo Rio-São Paulo: 1998
- Selección nacional
- FIFA U-20 World Cup: 1983
- Pan American Games: 1987
- Xogos Olímpicos: Medalla de prata en Seúl 1988 e de bronce en Atlanta 1996
- Copa América: 1989
- Mundial de Fútbol: 1994
- Copa Confederacións: 1997
- Individual
- Bola de Prata: 1992
- Xogador suramericano do ano: 1989
- Trofeo Pichichi: 1993
- Máximo goleador do Campionato Brasileiro Série A: 1992
- Máximo goleador do Campionato Carioca: 1988, 1989
- Máximo goleador da Copa América: 1989
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Bebeto é o novo técnico do América"
- ↑ ""Romario despide a Bebeto como técnico del América de Río"". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2010. Consultado o 25 de abril de 2010.
- ↑ Bebeto salta a la política Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 16/8/2010
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do xogador en national.football.teams.com (en inglés)
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bebeto |
- Nados en 1964
- Nados en Salvador, Baía
- Futbolistas do Brasil
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do EC Vitória
- Xogadores do Flamengo
- Xogadores do Vasco da Gama
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Cruzeiro EC
- Xogadores do Botafogo
- Xogadores do Kashima Antlers FC
- Xogadores do Al-Ittihad
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Adestradores de fútbol do Brasil