Ourense Club de Fútbol
| Ourense CF | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Ourense Club de Fútbol, S.A.D. | ||
| Fundación | 1977 | ||
| Estadio | Estadio do Couto, Ourense, Galicia | ||
| Capacidade | 5.600 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Primeira Federación | ||
| 2024/25 | 10º | ||
| Vestimenta | CoolSport | ||
| Patrocinador | Centro Médico El Carmen Xunta de Galicia Dora Delivery | ||
| Na rede | |||
| Sitio web oficial | |||
| |||

O Ourense Club de Fútbol, S.A.D. é un club de fútbol galego da cidade de Ourense, que na tempada 2025/26 militará na Primeira Federación.
Foi fundado en 1977 co nome de Puente Club de Fútbol, trocando o seu nome polo de Ponte Club de Fútbol en 1996 e Ponte Ourense Club de Fútbol entre 1997 e 2014. Foi o primeiro club do fútbol español que se transformou en SAD militando na 3ª División. Xoga de local no Estadio do Couto, de titularidade pública.
Historia
[editar | editar a fonte]En xullo de 2014 cambiou o seu nome de Ponte Ourense Club de Fútbol polo de Ourense Club de Fútbol, para participar no campionato de Primeira Autonómica.[1] En 2023 venceu a Fase Autonómica Galega da Copa RFEF. Na tempada 2024-25 eliminou o CD Guijuelo, o Deportivo da Coruña[2] e o Real Valladolid na Copa do Rei, mais caeu en oitavos de final fronte ao Valencia CF.[3] Na tempada seguinte proclamouse campión da Copa Real Federación Española de Fútbol.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta fucsia, pantalón fucsia e medias fucsias.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª División: 0
- Tempadas en 2ª División: 0
- Tempadas en 1ª Federación: 1
- Tempadas en 2ª Federación: 2
- Tempadas en 3ª Federación: 15
- Tempadas en Preferente Futgal: 9
- Tempadas en 1° Futgal: 16
- Tempadas en 2° Futgal: 4
- Tempadas en 3° Futgal: 1
Historial por tempadas
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Ponte Ourense CF.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Segunda División RFEF (1): 2023/24.
- Preferente Galicia (1): 1993/94.
- Segunda Galicia (2): 1978/79, 1991/92.
- Terceira Galicia (1): 1977/78.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Ponte se convierte en Ourense Club de Fútbol para el nuevo curso". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2014.
- ↑ Pepe Garrote (5 de decembro de 2024). "El Ourense CF da una lección de fútbol al Dépor (1-0)". La Región (en castelán).
- ↑ Pepe Garrote (15 de xaneiro de 2025). "El Valencia despierta al Ourense CF del sueño de la Copa del Rey (0-2)". La Región (en castelán).