Rubén de la Barrera
Rubén de la Barrera | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Rubén de la Barrera Fernández | ||
Nacemento | 18 de xaneiro de 1985 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Adestrador | |||
Anos | Equipos | ||
2010–2012 | Villaralbo | ||
2013–2014 | Guijuelo | ||
2014–2015 | Valladolid B | ||
2015–2016 | Guijuelo | ||
2016–2018 | Cultural Leonesa | ||
2018–2019 | Al-Ahli | ||
2019–2020 | Viitorul Constanța | ||
2021 | Deportivo da Coruña | ||
2021–2022 | Albacete | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Rubén de la Barrera Fernández, nado na Coruña o 18 de xaneiro de 1985, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras xogar no Ural CF, o Orillamar e o Victoria CF, e de xogar un torneo de Brunete co Deportivo da Coruña,[1] colgou as botas aos 18 anos. Iniciou entón a súa carreira nos bancos, comezando no Ural, onde adestrou o equipo de benxamíns, colaborou co equipo xuvenil e dirixiu a escola de fútbol do club.[2] Adestrou logo os xuvenís do Arteixo e os do Montañeros, estes últimos na División de Honra.[2]
En 2010, con 25 anos, deu o salto á Terceira División, facéndose cargo do Villaralbo, da provincia de Zamora,[2] onde permaneceu dúas tempadas, clasificando ao equipo para dúas promocións de ascenso.[3] A continuación foi contratado polo Guijuelo, de Segunda División B, co que rematou a tempada 2013/14 como cuarto na táboa, clasificando así o equipo para disputar a fase de ascenso a Segunda División por primeira e única vez na súa historia.[4] Alí caeu eliminado contra o Leganés, que finalmente sería un dos equipos ascendidos.[5]
Na tempada 2014/15 adestrou ao Valladolid Promesas, filial do Real Valladolid que acababa de ascender á 2ª B, rematando a liga na novena posición.[4] Volveu a continuación ao Guijuelo, ao que clasificou sexto ao remate da tempada.[6]
En maio de 2016 converteuse no novo técnico da Cultural Leonesa, tamén en en Segunda B. Tras unha gran tempada regular na que só perdeu 4 partidos de 38, o equipo acabou como primeiro clasificado do grupo I. Xogou entón a promoción de ascenso, onde derrotou ao Barcelona B e ao Lorca FC, proclamándose así campión da Segunda B e ascendendo o equipo leonés á categoría de prata 43 anos despois.[7] Continuou no club o seguinte ano, pero non puido conseguir a permanencia, caendo de novo á 2ª B na derradeira xornada de liga.[8]
Comezou a tempada 2018/19 como segundo adestrador de Asier Garitano na Real Sociedad,[9] posto que ocupou só uns meses ata novembro, cando marchou rumbo a Qatar para adestrar o Al-Ahli de Doha, club da máxima categoría qatarí.[10] Rematou a tempada en quinta posición e continuou no club para unha segunda campaña. Con todo, foi cesado en decembro de 2019, ocupando o equipo a sétima posición da táboa.[11] En agosto de 2020 chegou á Liga I, a primeira división romanesa, fichando polo FC Viitorul Constanța, club propiedade de Gica Hagi.[12] O seu paso por Constanța durou só catro meses, deixando o equipo en novembro de 2020.[13]
O 12 de xaneiro de 2021 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña, en Segunda División B, en substitución de Fernando Vázquez, destituído un día antes.[14][15] Colleu o equipo na segunda praza da táboa e rematou a primeira fase na cuarta posición, perdendo calquera posibilidade de ascenso a Segunda. Finalmente na segunda fase clasificou ao equipo para a nova Primeira RFEF. Deixou o equipo ao remate da tempada, sendo substituído por Borja Jiménez.[16]
En xuño de 2021 asinou como novo adestrador do Albacete, da Primeira División RFEF.[17] Mantívose case toda a tempada entre os tres primeiros clasificados, ocupando o liderado durante varias xornadas, e rematou finalmente na terceira posición.[18] Clasificouse así para a promoción de ascenso, na que eliminou nas semifinais en Balaídos ao Rayo Majadahonda por 2-1, meténdose deste xeito nunha final na que se enfrontou ao seu anterior equipo, o Deportivo da Coruña.[19] Nun Riazor con máis de 27 000 espectadores o Albacete repúxose tralo tanto inicial de Mario Soriano e empatou o partido por medio de Alberto, forzando a prórroga. Ao equipo coruñés bastáballe co empate no templo suplementario, pero un gol de Jordi Sánchez no minuto 113 deulle o ascenso ao conxunto de Rubén de la Barrera, o segundo ascenso á categoría de prata para o técnico galego.[20] Só catro días despois de subir o Albacete a Segunda, o club anunciou que chegara a un acordo co adestrador para rescindir o ano de contrato que lle restaba.[21]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Miranda, Carlos (13 de xaneiro de 2021). "El niño de Brunete llega a Riazor". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 29 de xuño de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "El Villaralbo de Tercera ficha al discípulo de Mourinho y Lillo, un técnico gallego de 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 2005. p. 41.
- ↑ Herrera, Manuel (17 de xuño de 2017). "El viaje de Rubén de la Barrera" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Rubén de la Barrera, nuevo entrenador del Promesas". El Norte de Castilla (en castelán). 30 de xuño de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Tal día como hoy... hace seis años, el Leganés vencía al Guijuelo y se clasificaba para la siguiente ronda del 'play-off'" (en castelán). 25 de maio de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Rubén de la Barrera vuelve al Guijuelo" (en castelán). 1 de xullo de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Abizanda, J. (29 de maio de 2017). "Rubén de la Barrera, el secreto del éxito de la Cultural Leonesa". ABC (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "La Cultural cae al infierno de Segunda B" (en castelán). 3 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ López, Ángel (2 de xuño de 2018). "Rubén de la Barrera: un estudioso del fútbol". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ Ramajo, Roberto (27 de novembro de 2018). "Rubén de la Barrera deja la Real Sociedad y se va a Qatar". As (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Carlos Inarejos sustituye a Rubén de la Barrera en el banquillo del Al Ahli" (en castelán). 18 de novembro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El gallego Rubén de la Barrera ficha por el Viitorul rumano". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ González, Dani (1 de decembro de 2020). "La aventura de Rubén de la Barrera en el fútbol rumano llega a su fin" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Rubén de la Barrera, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "O Deportivo rescinde o contrato de Fernando Vázquez". 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Borja Jiménez, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 26 de maio de 2021. Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ "Rubén de la Barrera, nuevo entrenador del Albacete Balompié" (en castelán). 2 de xuño de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ Sevilla, Juanma (28 de maio de 2022). "El Albacete cae ante el Costa Brava y acaba tercero" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2022.
- ↑ Garrido, Carlos (4 de xuño de 2022). "El Albacete Balompié vence al Rayo Majadahonda y accede a la final del playoff" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2022.
- ↑ "O Deportivo perde contra o Albacete na prórroga e queda ás portas de volver a Segunda División". Nós Diario. 11 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022.
- ↑ "Rubén de la Barrera deja de ser entrenador del Albacete" (en castelán). 15 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en lapreferente.com (en castelán).