Julio Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julio Salinas
Julio Salinas 2.jpg
Salinas adestrando con España.
Información persoal
Nome completoJulio Salinas Fernández
Nacemento11 de setembro de 1962 (55 anos)
LugarBilbao, España
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1980–1981Athletic Club
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1981–1984Bilbao Athletic93(60)
1982–1986Athletic Club68(13)
1986–1988Atlético de Madrid75(31)
1988–1994Barcelona146(60)
1994–1995Deportivo da Coruña24(12)
1995–1997Sporting de Gijón54(24)
1997–1998Yokohama Marinos47(34)
1998–2000Alavés50(12)
Selección nacional
1983–1984España sub-217(3)
1986–1996España56(22)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Julio Salinas Fernández, nado en Bilbao o 11 de setembro de 1962, é un ex futbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española. É irmán do tamén ex futbolista Patxi Salinas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Athletic Club, destacou pola súa gran capacidade goleadora. Debutou en Primeira División o 3 de outubro de 1982 nun encontro que enfrontaba ao Real Zaragoza co Athletic Club (2–1).

Xogou durante 17 tempadas na Primeira División de España, defendendo a camiseta de seis equipos distintos, aínda que foi co Athletic Club e especialmente no FC Barcelona onde consiguiu os maiores éxitos deportivos e recoñecemento profesional. Dianteiro centro goleador, anotou un total de 152 goles na Liga. O seu mellor rexistro foron os 20 goles anotados na súa primeira tempada no FC Barcelona, a 1988-89. A pesar do seu bo promedio goleador e a cantidade de goles decisivos que anotou, nunca puido obter o Trofeo Pichichi.

Entre os goles marcados cabe destacar o anotado na final da Recopa de Europa que o FC Barcelona gañou en Berna (Suíza) en 1989, ao derrotar por 2–0 ao conxunto italiano do Sampdoria de Xénova. Salinas marcou o primeiro gol, no minuto 3 de partido. Foi tamén titular na final da Copa de Europa de 1992, que o FC Barcelona gañou no estadio londinense de Wembley, por 1–0, tamén ao Sampdoria de Xénova, con gol de Ronald Koeman.

Despois de xogar no FC Barcelona foi contratado polo Deportivo da Coruña en 1994, equipo co que conseguiu un subcampionato de Liga e a Copa do Rei 1994–95. Ao ano seguinte é contratado polo Sporting de Gijón, onde xoga dúas tempadas nas que disputa 54 partidos de Liga e marca 24 goles. En 1997 marcha xogar a Xapón no Yokohama Marinos.

En 1998 regresa a España para xogar no Deportivo Alavés as súas dúas últimas tempadas antes de retirarse. Na súa derradeira tempada en activo, a 1999–00, xogou 28 encontros de Liga e marcou 8 goles.

Salinas, adestrando coa selección española.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Julio Salinas foi internacional coa selección española en 56 ocasións e marcou un total de 23 goles coa, conseguindo un hat trick fronte a Albania. O seu debut como xogador da selección española foi o 22 de xaneiro de 1986, nun encontro entre España contra a URSS (1–1).

Participou con España no Mundial de 1986 en México, conseguindo marcar un gol ante Irlanda do Norte. En 1990 participou no Mundial de Italia xogando tres partidos; contra Corea do Sur, Bélxica e Iugoslavia, marcando un gol neste último partido. No Mundial de Estados Unidos en 1994 xogou catro partidos; contra Corea do Sur (onde marcou un gol), Alemaña, Bolivia e Italia.

Salinas foi indiscutible nas convocatorias de Javier Clemente na súa estancia como seleccionador español, incluso cando era suplente no Deportivo da Coruña e no FC Barcelona.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Julio Salinas gañou 16 títulos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]