Miguel Ángel Lotina
Miguel Ángel Lotina | |||
---|---|---|---|
![]() Lotina como adestrador do Deportivo (2007–2011) | |||
Información persoal | |||
Nome completo | Miguel Ángel Lotina Oruechebarría | ||
Nacemento | 18 de xuño de 1957 (62 anos) | ||
Meñaka | |||
Nacionalidade | España | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Tokyo Verdy (adestrador) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
?–1978 | Gernika | ||
1978–1980 | Logroñés | ||
1981–1983 | Castellón | ||
1983–1988 | Logroñés | ||
Adestrador | |||
1990–1992 | Logroñés B | ||
1992 | Logroñés | ||
1993–1996 | Numancia | ||
1996 | Logroñés | ||
1997–1998 | Badajoz | ||
1998–1999 | Numancia | ||
1999–2002 | Osasuna | ||
2002–2004 | Celta de Vigo | ||
2004–2006 | Espanyol | ||
2006–2007 | Real Sociedad | ||
2007–2011 | Deportivo da Coruña | ||
2012 | Villarreal | ||
2014 | Omonoia | ||
2014 | Al-Shahania | ||
2016–2018 | Tokyo Verdy | ||
2019– | Cerezo Osaka | ||
* Partidos e goles só en liga doméstica. |
Miguel Ángel Lotina Oruechebarría, nado en Meñaka (Biscaia) o 18 de xuño de 1957 é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogou na demarcación de dianteiro e actualmente adestra o Cerezo Osaka.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
En Meñaka pasou a súa infancia Miguel Ángel Lotina, o menor de oito irmáns. Aprendeu castelán no colexio ben entrada a súa mocidade. Futbolista desde os 20 anos, sempre foi seguidor do Athletic de Bilbao. Dous das súas irmás, Francisca e Begoña, eran misioneiras do Sagrado Corazón e estiveron en Quenia e Camerún.
Empezou xogando no Gernika Club, en Terceira División, para pasar ao CD Logroñés, onde ascendeu de Segunda B a Primeira División. Tamén xogou dúas tempadas no CD Castellón.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Xa como técnico, leva máis de 20 anos adestrando equipos de fútbol de tódalas categorías. Saltou á primeira plana cando dirixía ao CD Numancia, que entón militaba en Segunda B, despois de que na tempada 1995-1996 tivese unha incríbel racha na Copa do Rei eliminando a tres "primeiras" (Real Sociedad, Racing de Santander e Sporting) e tras estar a piques de eliminar tamén ao FC Barcelona. Lotina gañou un prestixio como adestrador, onde xa se estreara con anterioridade no CD Logroñés B durante tres tempadas. Precisamente foi este equipo quen lle contratou para darlle a oportunidade de debutar como adestrador de Primeira División na campaña 1996-97.
Máis tarde iría ao CD Badajoz (1997-98), outra vez ó CD Numancia (1998-99), co que logrou o ascenso a Primeira; despois ao Osasuna, equipo que tamén levou a Primeira División (1999-2002); o Celta de Vigo, equipo que levou á Liga de Campións por primeira e única vez na historia (2002-2004), e o RCD Espanyol co que conseguiu a Copa do Rei (2004-06), onde demostrou humildemente o seu bo facer no complicado mundo dos bancos.
Non tan exitosa foi a súa tempada na Real Sociedad (2006-07), onde chegou iniciada a tempada e co equipo que antes adestrara José Mari Bakero nunha lamentable situación. Lotina tratou de reconducir a situación pero salvo Sávio o resto de fichaxes realizadas no inverno foron un auténtico fracaso (Herrera, Víctor López e Jesuli). Ademais en Donostia non chegaron nunca a entender o excesivo conservadurismo das súas formulacións coa gran necesidade de puntos que tiña o equipo, o cal unido ao primeiro descenso realista en 40 anos provocou a saída pola porta de atrás do adestrador.
Tras deixar a Real Sociedad ficha polo Deportivo da Coruña. Na súa primeira tempada consegue unha gran segunda volta e clasifica ó equipo para xogar a Copa Intertoto, competición na que se proclamaría campión, conseguindo unha praza para a Copa da UEFA do ano seguinte. O 23 de maio de 2011 anunciou a súa renuncia, despois do descenso do Deportivo á Segunda División, deixando unha amarga lembranza entre os seareiros branquiazuis pola súa formulación excesivamente defensiva e a pouca confianza que expresaba.[1]
O 19 de marzo de 2012, o Villarreal CF confirmou a súa contratación tras despedir a José Francisco Molina debido aos malos resultados e á posición do equipo na clasificación. Así, Lotina chegou co obxectivo de intentar manter en primeira división ao conxunto amarelo.[2] Ao final da tempada o equipo descendeu a Segunda División.[3]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como adestrador[editar | editar a fonte]
- Espanyol
- Copa do Rei: 2005–06
- Deportivo
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|
- Nados en 1957
- Nados en Meñaka
- Futbolistas do País Vasco
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CD Logroñés
- Xogadores do CD Castellón
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do CD Logroñés
- Adestradores do CD Numancia
- Adestradores do CD Badajoz
- Adestradores do CA Osasuna
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do RCD Espanyol
- Adestradores da Real Sociedad
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Villarreal CF
- Adestradores do Tokyo Verdy