Tempada 2021/22 do Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deportivo da Coruña
Tempada 2021–22
PresidenteGalicia Antonio Couceiro
AdestradorEspaña Borja Jiménez
EstadioRiazor
1ª RFEF
Copa do Rei2ª rolda
GoleadorEspaña Quiles (22)
Maior asistencia27.212
Na casa
Fóra
Alternativa

Durante a tempada 2021/22 o Deportivo da Coruña competiu na nova Primeira División RFEF.

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Maio[editar | editar a fonte]

O 18 de maio o Deportivo anunciou a saída de Mujaid do club, traspasado por preto de dous millóns de euros ao KRC Genk belga.[1] O 26 de maio anunciouse a Borja Jiménez como novo adestrador do equipo, en substitución de Rubén de la Barrera.[2] Dous días despois o Deportivo prescindiu dos servizos do uruguaio Nacho González, acolléndose a unha das cláusulas contidas no seu contrato.[3]

Xuño[editar | editar a fonte]

O 5 de xuño o club fixo pública a súa primeira fichaxe, o dianteiro Juan Carlos Menudo, que chegou libre dende o Numancia,[4] e tres días despois a segunda, o centrocampista Diego Aguirre, tamén dende o club soriano.[5] O 11 de xuño confirmouse a terceira fichaxe, o gardameta coruñés Ian Mackay, criado na canteira do Deportivo e que regresou deste xeito ao club 14 anos despois da súa marcha. Chegou procedente do Sabadell, da Segunda División, onde foi elixido mellor porteiro da categoría.[6] Ao día seguinte o Deportivo fixo pública a fichaxe do dianteiro Alberto Quiles, procedente do Recreativo de Huelva.[7]

O día 23 fíxose oficial a fichaxe do centrocampista andaluz Rafa de Vicente, procedente do UCAM Murcia.[8] Ao día seguinte anunciouse a rescisión do contrato do gardameta Carlos Abad, que o vencellaba ao club ata xuño de 2022.[9] O día 25 o club publicou a contratación do defensa Adrián Lapeña, chegado dende o CD Castellón.[10]

Xullo[editar | editar a fonte]

O 1 de xullo o Deportivo anunciou o traspaso do gardameta colombiano Lucho García á Ponferradina.[11] O mesmo día o Unionistas de Salamanca anunciou a chegada de Rayco, que deixou a Coruña despois dun ano, ao finalizar o seu contrato.[12] Ao día seguinte anunciouse a incorporación ao club coruñés de Josep Calavera, centrocampista catalán cedido polo Atlético de Madrid.[13] O día 5 fíxose pública a chegada en calidade de cedido do brasileiro William de Camargo, procedente do Leganés, así como a saída de Eneko Bóveda, que deixou o club despois de tres tempadas e media.[14][15] Ao día seguinte Estrella Galicia renovou o seu contrato como patrocinador principal do club ata 2025.[16] O día 6 anunciouse a chegada do defensa central manchego Pablo Trigueros, que viña de rematar o seu contrato co Mirandés.[17] O día 8 fíxose público o acordo coa marca italiana Kappa, para proporcionar os equipamentos de todos os equipos do club ata 2026.[18]

O día 9 anunciouse a chegada do colombiano Juergen Elitim, en calidade de cedido polo Watford FC,[19] e ao día seguinte a saída de Adri Castro, cedido por unha tempada ao Arenteiro.[20] O luns 12 anunciouse a renovación do venezolano Miku e a a marcha de Borja Galán, ao que lle quedaba un ano de contrato.[21][22] Dous días despois o club chegou a un acordo con Claudio Beauvue para a rescisión do seu contrato.[23]

Os días 19 e 20 anunciáronse as fichaxes de Jaime Sánchez e Alberto Benito, procedentes do Sabadell e o Albacete respectivamente.[24][25] O día 21 o club fixo público que Salva Ruiz non continuaría no club. Uns días despois fichou polo Castellón.[26]

Agosto[editar | editar a fonte]

O 13 de agosto anunciouse a chegada de Carlos Doncel, que a tempada pasada xogara na Ponferradina, cedido polo Valladolid. Chegou libre, despois de desvencellarse do Valladolid, e asinou contrato por dúas tempadas.[27] O día 17 o FC Juárez, da Primeira División de México, anunciou a fichaxe de Diego Rolan, regresando así o dianteiro uruguaio ao club no que xa xogara cedido na tempada 2019/20.[28] O xoves 19 o club anunciou a rescisión dos contratos de Keko Gontán e Fede Cartabia.[29][30] O 27 de agosto anunciouse a chegada de Víctor García (que xa debutara co Deportivo na tempada 2018/19), cedido polo Real Valladolid.[31] O día 31, derradeiro día do mercado de fichaxes, anunciouse a chegada cedido dende o Atlético de Madrid de Mario Soriano, así como as saídas de Yago Gandoy, cedido ao Coruxo, e Uche Agbo, que chegou a un acordo co club para a rescisión do seu contrato.[32][33] Tanto Uche como Celso Borges estaban incluídos nun Expediente de Regulación de Emprego, pola imposibilidade do club para pagar os seus salarios. Deste xeito, o nixeriano quedou fóra do ERE, no que permaneceu só Borges, xa sen ficha co equipo.[34]

Xaneiro[editar | editar a fonte]

O 3 de xaneiro de 2022 anunciouse a cesión de Jorge Valín ao Cornellà, da Segunda División RFEF.[35] Esa mesma semana o club fichou ao extremo andaluz Álvaro Rey, procedente do Bolívar da Primeira División de Bolivia, e rescindiu o contrato de Alberto Benito.[36][37]

Abril[editar | editar a fonte]

O 22 de abril de 2022 o Deportivo anunciou a incorporación do xogador sevillano Antoñito para reforzar a posición de lateral dereito, tras rescindir o seu contrato co Fútbol Club Cartagena, como consecuencia das baixas producidas por lesión nesta posición.[38] O 29 de abril de 2022 o club rescindiu o contrato de Juan Carlos Menudo, que se comprometera co equipo herculino ata 2023, por mor da complicada situación do futbolista, que non contaba para o adestrador.[39]

Maio[editar | editar a fonte]

Ao remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF o Deportivo accedeu á promoción de ascenso a Segunda División tras concluír a competición como segundo clasificado.

Xuño[editar | editar a fonte]

O equipo herculino derrotou ao Linares Deportivo na primeira eliminatoria da promoción de ascenso a Segunda División e clasificouse para a final.[40] O Deportivo enfrontouse contra o Albacete Balompié na final e perdeu o encontro, o Albacete acadou o ascenso de categoría.[41]

Material deportivo[editar | editar a fonte]

O equipamento do Deportivo é proporcionado por Kappa e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal[editar | editar a fonte]

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Adestrador Borja Jiménez
2º adestrador Álex Martínez
Ad. de porteiros Alberto Casal
Preparador físico José Ángel Franganillo
Analista Juan Ignacio Subirán

Consello de administración[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Presidente Antonio Couceiro
Secretario Miguel Juane
Conselleiros Eduardo Blanco Pereira
Carlos Cantó
Emma Lustres
David Villasuso Castaño

Mercado de fichaxes[editar | editar a fonte]

Altas[editar | editar a fonte]

Data Pos Nome Procedencia Prezo
5 de xuño de 2021 DIA España Juan Carlos Menudo España Numancia Libre
8 de xuño de 2021 MED España Diego Aguirre España Numancia Libre
11 de xuño de 2021 POR Galicia Ian Mackay España Sabadell Libre
12 de xuño de 2021 DIA España Alberto Quiles España Recreativo Libre
23 de xuño de 2021 MED España Rafa de Vicente España UCAM Murcia Libre
25 de xuño de 2021 DEF España Adrián Lapeña España Castellón Libre
2 de xullo de 2021 MED España Josep Calavera España Atlético de Madrid Cesión
5 de xullo de 2021 MED William de Camargo España Leganés Cesión
6 de xullo de 2021 DEF España Pablo Trigueros España Mirandés Libre
9 de xullo de 2021 MED Juergen Elitim Inglaterra Watford FC Cesión
19 de xullo de 2021 DEF España Jaime Sánchez España Sabadell Libre
20 de xullo de 2021 DEF España Alberto Benito España Albacete Libre
13 de agosto de 2021 MED España Carlos Doncel España Valladolid B Libre
27 de agosto de 2021 MED España Víctor García España Valladolid Cesión
31 de agosto de 2021 MED España Mario Soriano España Atlético de Madrid Cesión
5 de xaneiro de 2022 MED España Álvaro Rey Bolívar Libre
22 de abril de 2022 DEF España Antoñito España FC Cartagena

Baixas[editar | editar a fonte]

Data Pos. Nome Destino Prezo
10 de maio de 2021 MED España José Lara España Sevilla Fin da cesión
18 de maio de 2021 DEF España Mujaid Bélxica KRC Genk 2.000.000 €
28 de maio de 2021 MED Uruguai Nacho González Grecia Apollon Larissa Rescisión de contrato
24 de xuño de 2021 POR España Carlos Abad España Atlético Baleares Rescisión de contrato
1 de xullo de 2021 DEF España Derik Osede España Alcoyano Fin de contrato
1 de xullo de 2021 DIA Raí Bahia Fin de contrato
1 de xullo de 2021 POR Lucho García España Ponferradina
1 de xullo de 2021 DIA España Rayco España Unionistas Fin de contrato
5 de xullo de 2021 DEF España Eneko Bóveda Chipre Olympiakos Nicosia Rescisión de contrato
10 de xullo de 2021 DIA Galicia Adri Castro Galicia Arenteiro Cedido
12 de xullo de 2021 MED España Borja Galán España UD Logroñés Rescisión de contrato
14 de xullo de 2021 DIA Claudio Beauvue Francia US Boulogne Rescisión de contrato
21 de xullo de 2021 DEF España Salva Ruiz España Castellón Rescisión de contrato
17 de agosto de 2021 DIA Uruguai Diego Rolan FC Juárez Rescisión de contrato
19 de agosto de 2021 MED España Keko Gontán Sacramento Republic Rescisión de contrato
19 de agosto de 2021 MED Fede Cartabia Emiratos Árabes Unidos Shabab Al-Ahli Rescisión de contrato
31 de agosto de 2021 MED Galicia Yago Gandoy Galicia Coruxo Cedido
31 de agosto de 2021 MED Nixeria Uche Agbo Eslovaquia Slovan Bratislava Rescisión de contrato
21 de setembro de 2021 MED Celso Borges Alajuelense Rescisión de contrato
3 de xaneiro de 2022 DEF Galicia Jorge Valín España Cornellà Cedido
6 de xaneiro de 2022 DEF España Alberto Benito España Cultural Leonesa Rescisión de contrato
29 de abril de 2022 DIA España Juan Carlos Menudo España UD Logroñés Rescisión de contrato

Xogadores[editar | editar a fonte]

Pos Nac Nome Liga Promoción Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles Aps Goles
1 POR Galicia Ian Mackay 34 0 2 0 1 0 37 0 1
2 DEF España Antoñito 4 1 2 0 0 0 6 1 2
3 DEF España Lapeña 35 4 2 0 1 0 38 4 8
4 MED Galicia Álex Bergantiños 33 0 2 1 1 0 36 1 3
6 MED Juergen Elitim 34 1 2 0 0 0 36 1 7
7 DIA Miku 33 12 2 0 1 0 36 12 9
8 MED España Soriano 29 3 2 2 2 0 33 5 2
9 DIA España Quiles 33 18 2 2 2 2 37 22 6 1
11 MED William 30 3 2 0 2 1 34 4 6
12 DEF España Borja Granero 17 2 2 0 2 0 21 2 2
13 POR Galicia Pablo Brea 2 0 0 0 1 0 3 0
14 MED España Calavera 13 0 1 0 2 0 15 0 1
15 MED España Víctor García 14 0 0 0 1 0 15 0 1
16 DEF España Pablo Trigueros 8 0 0 0 2 0 10 0 1
17 MED España Rafa de Vicente 22 0 1 0 2 0 25 0 2
18 MED España Diego Aguirre 17 0 2 0 2 0 20 0 6
19 DEF España Jaime Sánchez 27 1 2 0 0 0 29 1 5
20 MED España Carlos Doncel 20 1 0 0 1 1 21 2 1
21 MED España Álvaro Rey 11 1 2 0 0 0 13 1
22 MED Galicia Diego Villares 34 1 2 0 1 0 37 1 3
23 DEF España Héctor Hernández 31 0 2 0 0 0 33 0 6
Xogadores do xuvenil e do filial
Pos Nac Nome Liga Promoción Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles Aps Goles
26 MED España Yeremay 8 0 0 0 1 1 9 1
27 DIA Galicia Noel 28 4 2 0 2 0 32 4 1
28 DEF Galicia Trilli 10 0 0 0 2 0 12 0
32 MED Galicia Brais Val 1 0 0 0 0 0 1 0

Deixaron o equipo[editar | editar a fonte]

Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles
2 MED Galicia Jorge Valín 0 0 0 0 0 0
10 DIA España Menudo 11 1 1 0 12 1 2
21 DEF España Alberto Benito 2 0 1 0 3 0

Clasificación[editar | editar a fonte]

Grupo 1 - Noroeste

Pos Equipos PX PG PE PP GF GC Dif Pts Notas
1 Racing de Santander 38 25 7 6 61 31 +30 82 Ascenso a Segunda División e Copa do Rei
2 Deportivo da Coruña 38 22 8 8 59 29 +30 74 Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei
3 Racing de Ferrol 38 21 9 8 50 26 +24 72
4 Rayo Majadahonda 38 19 5 14 50 47 +3 62
5 UD Logroñés 38 18 8 12 41 37 +4 62
6 Celta de Vigo B 38 17 10 11 60 46 +14 61
7 Unionistas de Salamanca 38 16 13 9 55 37 +18 61
8 Real Unión de Irún 38 18 6 14 51 45 +6 60
9 Badajoz 38 14 14 10 40 30 +10 56
10 San Sebastián de los Reyes 38 15 8 15 40 41 −1 53
11 Calahorra 38 14 10 14 48 43 +5 52
12 Cultural Leonesa 38 12 13 13 61 55 +6 49
13 SD Logroñés 38 12 12 14 43 43 0 48
14 DUX Internacional 38 11 13 14 46 51 −5 46
15 Bilbao Athletic 38 11 12 15 36 46 −10 45
16 Talavera de la Reina 38 11 9 18 39 54 −15 42 Descenso a Segunda División RFEF
17 Zamora 38 9 10 19 30 48 −18 37
18 Valladolid Promesas 38 9 9 20 42 64 −22 36
19 Tudelano 38 7 7 24 33 54 −21 28
20 Extremadura 38 5 5 28 22 70 −48 0 Excluído

Evolución[editar | editar a fonte]

Xornada 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38
Posición

Partidos[editar | editar a fonte]

      Vitoria

      Empate

      Derrota

      Aprazado

Pretempada e amigables[editar | editar a fonte]

Trofeo Teresa Herrera[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Trofeo Teresa Herrera 2021.

Primeira División RFEF[editar | editar a fonte]

Promoción de ascenso[editar | editar a fonte]

Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Deportivo e o Genk chegan a un acordo para o traspaso de Mujaid". Deportivo da Coruña. 18 de maio de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  2. "Borja Jiménez, novo adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 26 de maio de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  3. "Nacho González, el primero en salir". DxT Campeón (en castelán). 28 de maio de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  4. "Menudo, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 5 de xuño de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  5. "Diego Aguirre, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 8 de xuño de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  6. "Ian Mackay, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 11 de xuño de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  7. "Quiles, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 12 de xuño de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  8. "Rafa de Vicente, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 23 de xuño de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  9. "O RC Deportivo e Carlos Abad acordan a rescisión do contrato que os vinculaba". Deportivo da Coruña. 24 de xuño de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  10. "Lapeña, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 25 de xuño de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  11. "O Dépor e a SD Ponferradina acordan o traspaso de Lucho García". Deportivo da Coruña. 1 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2021. 
  12. "El exdeportivista Rayco, nuevo jugador de Unionistas" (en castelán). 1 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2021. 
  13. "Josep Calavera, novo xogador do Dépor 2021-2022". 2 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  14. "William de Camargo, novo xogador do Dépor 2021-2022". 5 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  15. "Eneko Bóveda non continuará no RC Deportivo". 5 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  16. "Estrella Galicia renova o seu compromiso co Dépor como patrocinador principal até 2025". 6 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 
  17. "Pablo Trigueros, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 6 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  18. "Kappa, novo patrocinador técnico do RC Deportivo até 2026". Deportivo da Coruña. 7 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  19. "Juergen Elitim, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 9 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  20. "Adri Castro xogará cedido no Arenteiro esta temporada". Deportivo da Coruña. 10 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  21. "Miku seguirá un ano máis no Dépor". 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  22. "Borja Galán no seguirá en el Deportivo" (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  23. "Claudio Beauvue se desvincula del Deportivo". Riazor.org (en castelán). 14 de xullo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  24. "Jaime Sánchez, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 19 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  25. "Alberto Benito, novo xogador do Dépor 2021-2022". 20 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  26. "Salva Ruiz ficha por el Castellón por las próximas tres temporadas" (en castelán). 25 de xullo de 2021. Consultado o 25 de xullo de 2021. 
  27. "Carlos Doncel, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 13 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  28. "El Bravos de Juárez anuncia el fichaje de Diego Rolan" (en castelán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  29. "Keko Gontán se desvincula del Deportivo" (en castelán). 19 de agosto de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  30. "El Deportivo rescinde el contrato de Fede Cartabia" (en castelán). 19 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  31. "El Deportivo confirma la llegada de Víctor García" (en castelán). 27 de agosto de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  32. "Mario Soriano, nuevo jugador del Deportivo" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  33. "Nuevo destino para Gandoy: saldrá cedido al Coruxo" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  34. De la Cruz, Luis (31 de agosto de 2021). "Uche se desvincula del Deportivo y sólo falta Borges por salir". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  35. "Jorge Valín se marcha cedido al UE Cornellá" (en castelán). 3 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  36. "Álvaro Rey, novo xogador do Dépor 2021-2022". 5 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  37. "Alberto Benito deja de ser jugador del Deportivo" (en castelán). 6 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  38. "El Dépor se refuerza con Antoñito". Marca (en castelán). 22 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  39. "O Deportivo prescinde de Juan Carlos Menudo". La Voz de Galicia. 29 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  40. de la Cruz, Luis (11 de xuño de 2022). "El Depor se da un festín y ya espera al Albacete en la final". As. Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  41. Barreiros, Pedro (11 de xuño de 2022). "1-2 A prórroga noquea ao Deportivo". La Voz de Galicia. Consultado o 14 de xuño de 2022. 
  42. "Derrota del CD Calahorra, 0-3, ante el RC Deportivo La Coruña, líder del grupo" (en castelán). 11 de setembro de 2021. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  43. "Un Badajoz valiente tutea al Deportivo en Riazor" (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  44. "Unionistas arrebata el liderato al Deportivo de La Coruña en una mágica mañana en el Reina Sofía (2-1)" (en castelán). 26 de setembro de 2021. Consultado o 19 de outubro de 2021. 
  45. "La SD Logroñés logra un meritorio empate ante un Dépor gris" (en castelán). 2 de outubro de 2021. Consultado o 19 de outubro de 2021. 
  46. "Miku pon a guinda á festa de ABANCA-RIAZOR (1-0)". 16 de outubro de 2021. Consultado o 19 de outubro de 2021. 
  47. "El Sardinero, con 12.120 espectadores, recupera su ‘extraordinaria normalidad’" (en castelán). 24 de outubro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  48. "Riazor vuelve a superar los 14.000 espectadores" (en castelán). 31 de outubro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  49. "300 deportivistas animaron al equipo en Las Gaunas" (en castelán). 8 de novembro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  50. O Extremadura non se presentou ao partido, polo que se lle deu o partido como perdido por 3-0
  51. "RAYO MAJADAHONDA 1-2 DEPORTIVO" (en castelán). 21 de novembro de 2021. Consultado o 23 de novembro de 2021. 
  52. "O Dépor salva un punto e a súa vantaxe á fronte da táboa (1-1)". 28 de novembro de 2021. Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  53. Salgado, Raúl; Lomba, Raúl (4 de decembro de 2021). "Racing-Deportivo: Fiesta en la grada, poco premio en el campo" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  54. "O Dépor rema a favor de corrente en ABANCA-RIAZOR (3-0)". Deportivo da Coruña. 12 de decembro de 2021. Consultado o 13 de decembro de 2021. 
  55. "O Dépor despide 2021 ao grande (2-3)". 19 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  56. "Un gol de Miku aluma o honorífico título de inverno (1-0)". 9 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  57. "O Real Unión certifica as súas prestacións a domicilio acabando coa imbatibilidade de ABANCA-RIAZOR (1-2)". 6 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  58. García, Iñaki (13 de febreiro de 2022). "El líder claudica ante la SD Logroñés" (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  59. "O Dépor tampouco atopa ante o Racing a senda da vitoria (0-1)". 16 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  60. "O Dépor recupera sensacións cun triunfo traballado (2-1)". 20 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  61. "El Dépor pierde el liderato" (en castelán). 27 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2022. 
  62. "O Dépor asina as súas segundas táboas consecutivas sen goles". 5 de marzo de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  63. Calderón, Raquel (12 de marzo de 2022). "El CD Badajoz baila bajo la lluvia" (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2022. 
  64. Lema, Jorge (19 de marzo de 2022). "Bálsamo" (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2022. 
  65. "Primera RFEF Grupo 1: resultados, partidos y clasificación de la jornada 29" (en castelán). 28 de marzo de 2022. Consultado o 9 de abril de 2022. 
  66. "Vitoria para seguir a tiro do obxectivo (2-1)". 2 de abril de 2022. Consultado o 9 de abril de 2022. 
  67. "O Dépor recupera a súa mellor versión (3-0)". 17 de abril de 2022. Consultado o 28 de maio de 2022. 
  68. De la Cruz, Luis (24 de abril de 2022). "Deportivo y Talavera se quedan cortos". As (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2022. 
  69. "Certificado o plan B nunha tarde festiva (3-0)". 30 de abril de 2022. Consultado o 28 de maio de 2022. 
  70. "Dépor e Deportivismo conxúranse cunha sufrida vitoria (4-3)". 14 de maio de 2022. Consultado o 28 de maio de 2022. 
  71. "O Dépor, centrado xa na Promoción, pecha a temporada regular con derrota (0-1)". 28 de maio de 2022. Consultado o 29 de maio de 2022. 
  72. De la Cruz, Luis (6 de xuño de 2022). "El récord de Riazor salva la cara a un playoff desangelado". As (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2022. 
  73. Barreiros, Pedro (11 de xuño de 2022). "1-2 A prórroga noquea ao Deportivo". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de xuño de 2022. 
  74. "O Dépor debuta en Copa con toda a emoción da competición (3-4)". 1 de decembro de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  75. "O Dépor cae na Copa tuteando a un dos mellores visitantes de Primeira (1-2)". 16 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021.