Saltar ao contido

Pablo Martinez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Martinez

(2024) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalPablo Jean Antoine Martinez
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Martigues, Francia Editar o valor en Wikidata
Altura1,82 m.
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2003–2007 Nîmes Olympique
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2009   RCD Mallorca B
2009–2010 ES Uzès Pont du Gard
2010–2011 Football Club de Martigues 6(0)
2011–2013 ES Uzès Pont du Gard 63(2)
2013–2016 Gazélec Football Club Olympique Ajaccio 99(1)
2016–2017 Angers SCO 13(0)
2017–2019 RC Strasbourg 56(2)
2019–2022 Nîmes Olympique 65(2)
2022–2025   Deportivo da Coruña 95(0)

Twitter: pama3721 Editar o valor en Wikidata

Pablo Jean-Antoine Martinez Espeisse, nado en Orange, Vaucluse, o 21 de febreiro de 1989, é un futbolista francés, de ascendencia española, que xoga de defensa no Nîmes, do Championnat National 2. Vestiu as camisetas de varios clubs franceses, cos que militou nas cinco principais categorías do seu país, e pasou tamén polo Mallorca B e o Deportivo da Coruña, acumulando un total de sete ascensos de categoría ao longo da súa carreira. Disputou 126 encontros na Ligue 1, máxima categoría do fútbol francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De ascendencia española por parte de seu pai, con orixes en Alacant,[1] naceu na vila de Martigues, no departamento francés de Vaucluse.[2] Formouse como futbolista na canteira do Nîmes e en 2007 recalou en España para xogar co Mallorca B na Terceira División.[3] Tras dúas campañas no club balear e un ascenso a Segunda B, aos 20 anos regresou a Francia e xogou unha tempada no ES Uzès (2009/10), logrando un novo ascenso, ata a cuarta categoría do fútbol francés (CFA). A continuación fichou polo FC Martigues, no que militou un ano (2010/11), conseguindo ascender ao Championnat National.[3]

En 2011 regresou ao ES Uzès e obtivo o seu cuarto ascenso consecutivo, tamén ao Championnat National (terceira categoría do país).[3] Debutou na categoría na campaña seguinte, disputando 32 encontros.

Gazélec Ajaccio

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2013 fichou polo Gazélec Ajaccio, tamén do Championnat National.[4] Titular indiscutible na defensa do equipo durante os seguintes anos, logrou o ascenso na súa primeira campaña, despois de quedar terceiro na clasificación e de que o Luzenac AP, segundo clasificado, non cumprise os requisitos para ascender.[5] Debutou na Ligue 2 o 1 de agosto de 2014, nunha vitoria por 2-0 sobre o Valenciennes.[6] Na súa segunda tempada co club de Ajaccio conseguiu un segundo ascenso consecutivo, ao acabar o equipo na segunda posición, só por detrás do Troyes.[3]

Debutou na Ligue 1 na primeira xornada da tempada 2015/16, ante o propio Troyes. Perdeu varias xornadas por lesión e rematou con 28 partidos a súa primeira tempada na elite, na que tres derrotas nos tres últimos encontros condenaron o Gazélec Ajaccio ao descenso. Pechou o seu paso polo club con 100 partidos oficiais e un gol.

En xuño de 2016 fichou polo Angers, tamén da máxima categoría,[7] club no que militou durante unha tempada.

Racing de Strasbourg

[editar | editar a fonte]

Nas seguintes dúas campañas xogou no Racing Club de Strasbourg,[8] co que se proclamou campión da Copa da Liga de Francia na tempada 2018/19.

Nîmes (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2019/20 regresou ao Nîmes.[9] Militou no club occitano durante tres anos, o último deles na Ligue 2, despois de descender na 2020/21. Xogou co Nîmes un total de 65 encontros oficiais, nos que marcou 2 goles.

Durante a súa carreira disputou un total de 126 encontros na Ligue 1, 120 deles como titular, nos que marcou 5 goles e repartiu 6 asistencias.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.[10] Non tivo minutos nos primeiros partidos da tempada, ante a dupla de centrais titulares formada por Jaime e Lapeña, e tivo que esperar ata o 28 de setembro para debutar co club galego, xogando de titular ante o Talavera en Riazor.[11] Co paso das xornadas acabou por converterse nun titular indiscutible e no mellor defensor do equipo, xogando de central e en ocasións de lateral esquerdo. Disputou un total de 30 partidos na súa primeira tempada en Galicia, 29 deles como titular, e participou co equipo na frustrada promoción de ascenso, caendo ante o Castellón.[12]

Convertido nun dos xogadores máis queridos pola afección, na tempada 2023/24 pasou a ser un dos capitáns do equipo e continuou como titular habitual no centro da defensa do club coruñés, pero formando parella xa con Pablo Vázquez.[13] O equipo adestrado por Idiakez proclamouse campión da categoría e conseguiu así o ascenso, o sétimo na carreira de Pablo Martinez.[3] Na seguinte tempada perdeu a titularidade en favor de Dani Barcia despois duns malos partidos no treito inicial da competición.[14] Con todo, as ausencias de Barcia por lesión devolvérono ao once inicial, e callou boas actuacións no inicio da segunda volta. De todos os xeitos, o seu rendemento xeral estivo lonxe do que amosara nas dúas campañas anteriores, e en maio de 2025 anunciouse que esa sería a súa última tempada no club.[14][15]

Disputou o seu 95º e último encontro coa camiseta do Deportivo na derradeira xornada da tempada 2024/25, contra o Elche. Aliñado como titular por Óscar Gilsanz, foi substituído no minuto 73, momento no que recibiu unha forte ovación dos seareiros de Riazor.[16]

Nîmes (3ª etapa)

[editar | editar a fonte]

Trala súa saída do Deportivo regresou ao seu primeiro club, o Nîmes, que agora milita no Championnat National 2, cuarta categoría do fútbol francés.[17]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Mallorca
ES Pays d'Uzès
  • CFA (1): 2011/12.
Racing de Estrasburgo
Deportivo da Coruña

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Outros[a 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Mallorca B 2007/08 Terceira ? ? - - - - ? ?
2008/09 Terceira 4 0 - - 2 0 6 0
Total club 4 0 0 0 2 0 6 0
Uzès 2009/10 National 3 ? ? ? ? ? ? ? ?
Martigues 2010/11 National 2 6 0 - - - - 6 0
Uzès 2011/12 National 2 31 1 - - - - 31 1
2012/13 National 32 1 - - - - 32 1
Total club 63+ 2 0 0 0 0 63+ 2
Gazélec Ajaccio 2013/14 National 31 0 - - 1 0 32 0
2014/15 Ligue 2 35 1 1 0 2 0 38 1
2015/16 Ligue 1 28 0 2 0 0 0 30 0
Total club 94 1 3 0 3 0 100 1
Angers 2016/17 Ligue 1 9 0 3 0 1 0 13 0
Strasbourg 2017/18 Ligue 1 24 0 1 0 0 0 25 0
2018/19 Ligue 1 32 3 1 0 5 0 37 3
Total club 56 3 2 0 5 0 63 3
Nîmes 2019/20 Ligue 1 26 2 1 0 1 0 28 2
2020/21 Ligue 1 7 0 0 0 0 0 7 0
2021/22 Ligue 2 30 0 0 0 0 0 30 0
Total club 63 2 1 0 1 0 65 2
Deportivo da Coruña 2022/23 1ª Federación 30 0 0 0 2 0 32 0
2023/24 1ª Federación 31 3 2 0 2 1 35 4
2024/25 Segunda 27 0 1 0 0 0 28 0
Total club 88 3 3 0 4 1 95 4
Total carreira 383 11 12 0 16 1 411 12
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda B, final de campións de Primeira Federación e Copa da Liga de Francia.
  1. Fernández, Carlos Alberto (27 de outubro de 2022). "Pablo Martínez: "Al final del encuentro, pedí disculpas al equipo por el error”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  2. "Une offre de Nîmes pour Martinez ? Le joueur dément !" (en francés). 16 de maio de 2018. Archived from the original on 17 de maio de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Regueiro, Zeltia (17 de maio de 2024). "La incógnita de ‘Pama". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  4. "Pablo MARTINEZ en Rouge et Bleu!" (en francés). 9 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  5. "L'USJA Carquefou renonce au National" (en francés). 13 de xuño de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  6. "Francia - P. Martinez". Soccerway (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  7. "Transfert : Pablo Martinez du Gazélec à Angers" (en francés). 21 de xuño de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  8. "Transferts - Ligue 1 : Pablo Martinez signe à Strasbourg pour deux ans" (en francés). 21 de xuño de 2017. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  9. "Transferts : Pablo Martinez (Strasbourg) va s'engager avec Nîmes" (en francés). 24 de xuño de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  10. "Pablo Martínez, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  11. Sanz, Miguel (6 de febreiro de 2023). "Pablo Martínez, de parche a líder de la defensa del Deportivo" (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  12. "El 1x1 del Deportivo tras la derrota ante el Castellón". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2023. Consultado o 14 de xuño de 2023. 
  13. Regueiro, Zeltia (31 de maio de 2024). "Pablo Martínez renueva por una campaña, con opción a otra más con el Depor". DxT Campeón. Consultado o 3 de xuño de 2025. 
  14. 14,0 14,1 Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2025. 
  15. "Pablo Martínez: «Me habría gustado seguir, nunca escondí que esta es mi casa, pero así es el fútbol»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 2025. Consultado o 3 de xuño de 2025. 
  16. Pereira, Eder (3 de xuño de 2025). "Las sentidas despedidas de Pablo Martínez, Jaime y Suso Méndez". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2025. 
  17. "Pablo Martínez regresa a Francia y jugará en el Nîmes". La Opinión A Coruña (en castelán). 1 de outubro de 2025. Consultado o 10 de outubro de 2025.