Antonio José González Fernández
Busto de Antonio González na Cidade Deportiva da Torre | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1928 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 24 de novembro de 2001 (73 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente Real Federación Española de Patinaxe | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1972 – 29 de setembro de 1984 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Presidente do Deportivo da Coruña | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
29 de abril de 1965 – 30 de xuño de 1973 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns , pelotari (pt) , futbolista , dirixente deportivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio José González Fernández, nado na Coruña o 1 de febreiro de 1928 e finado na mesma cidade o 24 de novembro de 2001, foi un futbolista, pelotari, xogador de hóckey a patíns e dirixente deportivo galego.
Grande impulsor do hóckey a patíns en Galicia foi xogador do Deportivo da Coruña, tanto na súa desaparecida sección de hóckey como na de fútbol. Destacou especialmente como dirixente deportivo, sendo presidente do Deportivo (1965-1973), da Federación Galega de Patinaxe, da Real Federación Española de Patinaxe (1972-1984), fundador e primeiro presidente da CERS (1975-1982) e presidente durante case 50 anos da Unión Sportiva (1952-2001).
Formou xunto a seu irmán Pepe a primeira xeración dunha saga familiar de xogadores de hóckey, entre os que están os seus tres fillos Antonio Nonito, Ignacio e Jorge González, antigos xogadores do AA Dominicos, e os seus netos Jorge González, Antonio González e Ignacio Alabart, este último campión do mundo coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como deportista
[editar | editar a fonte]Naceu na Coruña, fillo de Antonio González e Otilia Fernández, e realizou estudos mercantís, obtendo matrícula de honra.[1] Practicou numerosos deportes na súa xuventude: cesta punta, tenis, billar, tenis de mesa, atletismo, fútbol e hóckey a patíns.[2] Os seus primeiros equipos como futbolista foron o Varela Silvari SD e a Unión Sportiva de Santa Lucía.[3] Foi varias veces campión galego de cesta punta formando parella con seu irmán José Benito "Pepe",[4] e en 1950 disputou o Campionato de España, ao mesmo tempo que militaba no equipo de hóckey do Deportivo da Coruña, do que era o capitán e onde tamén xogaba seu irmán,[5][6] e no Deportivo Xuvenil de fútbol.[7]
A súa faceta futbolística espertou o interese de varios equipos como o Celta de Vigo ou o Atlético de Madrid,[8] fichando finalmente polo Deportivo da Coruña na tempada 1950-51. Xunto a el o club coruñés fichou a Corcuera, Oswaldo, Guillermo Gómez, José Millán e Juananco.[9] Tras algúns problemas co club, foi apartado do equipo e enviado de volta ao Xuvenil, volvendo ao Deportivo pouco despois.[10] Debutou en Primeira División o 14 de xaneiro de 1951 no derbi contra o Celta en Balaídos, que acabou con vitoria deportivista por 1-2.[11] Xogou un total de 19 partidos coa camisola branquiazul e en setembro de 1953 fichou polo Real Avilés, de Segunda División.[12] Xogou dúas tempadas en Avilés e outra no Sporting de Gijón, antes de retirarse do fútbol.
Como dirixente deportivo
[editar | editar a fonte]O 12 de xaneiro de 1952 converteuse no presidente da Unión Deportiva Santa Lucía, club que uns días despois recuperou o seu nome orixinal, Club Unión Sportiva.[13] Ocupou ese cargo ata a súa morte 49 anos despois.[3] En xaneiro de 1958 foi nomeado presidente da Federación Galega de Patinaxe.[14][15] Foi tamén directivo e secretario do Deportivo da Coruña e a comezos de 1959 actuou como adestrador provisional despois do despedimento de Ernesto Pons e ata a chegada de Hilario Marrero.[16] En 1962 o Trofeo Teresa Herrera estaba en perigo de desaparición e o alcalde da Coruña, Sergio Peñamaría de Llano, encargoulle a González a súa salvación. Este foi a Portugal e conseguiu que o Benfica, campión de Europa tras derrotar ao Real Madrid, cancelase a súa xira por Suíza e xogase en Riazor. O trofeo, onde venceu o Deportivo, foi todo un éxito e a recadación paliou as perdas anteriores.[17][18] Uns anos antes, González impulsara tamén a creación do Trofeo Teresa Herrera de hóckey a patíns.[15]
Presidía tamén o Deportivo Xuvenil no momento no que este se fusionou co Fabril.[19]
Ademais de presidir a Federación Galega de Patinaxe, foi dende 1962 vicepresidente da Federación Española. En 1964 conseguiu para a Coruña a celebración do Campionato de España de hóckey a patíns e anos despois faría o mesmo co Campionato do Mundo.[20] En abril de 1965 presentou a súa candidatura ás primeiras eleccións á presidencia do Deportivo da Coruña, que estaba pasando unha mala época tanto económica como deportivamente, tras descender á Segunda División despois dunha pésima tempada.[21] Na Xunta de Compromisarios, obtivo 55 votos, 12 máis que Pío García-Tizón e 44 máis que Manuel Sánchez-Candamio, e converteuse aos seus 38 anos no primeiro presidente electo do club coruñés.[22][23] Durante a súa presidencia o Deportivo conseguiu tres ascensos a Primeira e sufriu outros tantos descensos a Segunda. Creou ademais o Trofeo Conde de Fenosa, e conseguiu a participación nel do FC Torpedo Moscova da Unión Soviética, nun momento no que non había relacións diplomáticas entre os dous países.[17]
A finais de 1972 foi nomeado presidente da Federación Española de Patinaxe, converténdose no primeiro presidente non catalán do ente.[2] Debido a este nomeamento deixou a presidencia do Deportivo ao remate da tempada 1972/73.[24] Durante o seu mandato na Federación a selección española conquistou dous Campionatos do Mundo e tres subcampionatos e contribuíu a popularizar o hóckey a patíns fóra de Cataluña.[25] Ocupou o cargo ata o 29 de setembro de 1984.[26][27] En 1975 impulsou a creación da CERS, e converteuse no seu primeiro presidente, sendo reelixido en 1980 e dirixindo a institución ata 1982.[28][29]
Foi tamén presidente da Asociación de Ex Xogadores do Deportivo da Coruña e en 1987 foi nomeado presidente da nova Asociación de Fútbol Afeccionado.[30] Faleceu o 24 de novembro de 2001, seis días antes de data na que estaba prevista unha homenaxe da cidade da Coruña á súa traxectoria, e un mes e medio antes de cumprir 50 anos como presidente da Unión Sportiva.[4][31]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 30 de abril de 1955 con María Rosa Pereira Revuelta, coa que tivo catro fillos: Antonio Nonito, Ignacio, Jorge González e Dori.[32][33] Os seus tres fillos varóns foron xogadores do AA Dominicos, sendo o segundo deles vicepresidente da FEP e o CERS,[34] mentres que a súa filla casou con Kiko Alabart, xogador do HC Liceo. Tamén son xogadores de hóckey os seus netos Jorge González, Antonio González e Ignacio Alabart, este último internacional coa selección española.[25][35]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sociedad". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 11 de xullo de 1946. p. 2.
- ↑ 2,0 2,1 "Los anteriores presidentes fueron todos catalanes". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 1 de decembro de 1972. p. 18.
- ↑ 3,0 3,1 "Primer presidente elegido por votación". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 23 de decembro de 1969. p. 40.
- ↑ 4,0 4,1 "Por amor al deporte". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de novembro de 2001. p. 38.
- ↑ Leiracha, Vicente (22 de xullo de 1952). "El Sintra H.C., de Portugal, ganador del torneo de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 4.
- ↑ "Hace 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 1977. p. 39.
- ↑ Vituco (27 de abril de 1950). "Un deportista polifacético". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 5.
- ↑ "González marchó a Vigo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 28 de agosto de 1950. p. 4.
- ↑ "Real Club Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 29 de agosto de 1950. p. 4.
- ↑ "5 minutos de charla con Antonio González". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de novembro de 1950. p. 3.
- ↑ "Celta-Deportivo 1951". bdfutbol.com (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2020.
- ↑ "El ex deportivista González firmó Por el Avilés". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de setembro de 1953. p. 5.
- ↑ "Recobra su primitivo nombre un club modesto". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de xaneiro de 1952. p. 44.
- ↑ "Ficherías". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de setembro de 1963. p. 4.
- ↑ 15,0 15,1 "5 minutos de charla con D. Antonio González, presidente de la F.G. de Patinaje". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de xaneiro de 1958.
- ↑ "Ernesto Pons cesó ayer como entrenador deportivista". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de xaneiro de 1959. p. 5.
- ↑ 17,0 17,1 "El salvador del Trofeo Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de marzo de 1994. p. 87.
- ↑ "Superó al Benfica, flamante campeón de Europa: 4-2". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 1974. p. 36.
- ↑ "Unos 30 socios asistieron a la asamblea general del Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 6 de decembro de 1962. p. 6.
- ↑ "El presupuesto de los Campeonatos de España asciende a más de 250.000 pesetas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 5 de xuño de 1964. p. 4.
- ↑ "Opinan los candidatos a la presidencia". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de abril de 1965. p. 6.
- ↑ "O peor Dépor de todos os tempos". Nós Diario. 27 de outubro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2020.
- ↑ "Don Antonio González, nuevo presidente del Real Club Deportivo". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). 27 de abril de 1965. p. 4.
- ↑ "Antonio González habla de su gestión". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de xullo de 1973. p. 17.
- ↑ 25,0 25,1 Varela, María (9 de decembro de 2015). "El eterno presidente". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2020.
- ↑ "En Novara, España inicia hoy el Mundial frente a EE.UU.". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de setembro de 1984. p. 38.
- ↑ "Historia del patinaje". fep.es (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2020.
- ↑ "González, reeligido presidente de la Confederación Europea". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 10 de abril de 1980. p. 52.
- ↑ "González deberá dimitir para presentarse a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de novembro de 1981. p. 50.
- ↑ "Nace en La Coruña la Asociación de Fútbol Aficionado, que prestará grandes servicios al R. C. Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de abril de 1987. p. 49.
- ↑ "Fallece el ex-presidente del Deportivo, Antonio González". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de novembro de 2001. p. 44.
- ↑ "El jugador González, padre de un niño". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de maio de 1956. p. 4.
- ↑ "De sociedad". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de maio de 1955. p. 5.
- ↑ "Bautizos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de xuño de 1956. p. 4.
- ↑ González, Jorge. "La saga de los González: una institución". Stickazo (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: José Luis Vázquez-Pena Núñez |
Presidente do Deportivo da Coruña 1965−1973 |
Sucesor: Manuel Sánchez-Candamio |
- Nados na Coruña
- Nados en 1928
- Xogadores de pelota vasca
- Xogadores de hóckey a patíns de Galicia
- Futbolistas da Coruña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Xuvenil
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Avilés CF
- Xogadores do Sporting de Gijón
- Presidentes do Deportivo da Coruña
- Presidentes de clubs de fútbol de Galicia