Delio Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Delio Rodríguez
Información persoal
Nacemento Delio Rodríguez Barros
19 de abril de 1916
Moreira, Ponteareas
Falecemento 14 de xaneiro de 1994 (73 anos)
Vigo
Nacionalidade Galicia Galicia
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro
1935-1950 1935Galicia S. C. Vigo
1941Cataluña R. C. D. Espanyol
de Barcelona
1942Galicia R. C. Deportivo da Coruña
1943Cataluña Fútbol Club Barcelona
1944España Galindo
1945España Galindo
1945Cataluña D. C. Manresa
1945Flag of Portugal.svg Sangalhos
1946España Galindo-U.C.Graciense-
Chicles Tabay
1947España Galindo-Tabay
1948España Paloma
1948Francia Peugeot - Dunlop
1948Flag of Portugal.svg Sangalhos
1948España U. D. Sans
1949Italia Fiorelli
Principais vitorias
Vuelta a España de 1945
Volta a Galicia de 1945

Delio Rodríguez Barros, nado en Moreira (Ponteareas) o 19 de abril de 1916 e finado en Vigo o 14 de xaneiro de 1994, foi un ciclista galego. Foi profesional entre 1936 e 1950, e é o vencedor de máis vitorias de etapa na Vuelta Ciclista a España con 38 vitorias no conxunto das súas participacións e liderando a proba 32 días. O seu irmán, Emilio Rodríguez, tamén foi ciclista profesional.

Após a súa retirada do ciclismo de elite, instalou en Vigo un establecemento de venda de material deportivo que prestaba grande atención ao ciclismo. Faleceu na súa casa viguesa por mor dun cancro de próstata e foi soterrado en Ponteareas[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

1941: Primeira participación na Vuelta a España[editar | editar a fonte]

Correu a súa primeira Vuelta a España en 1941 co maillot do Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona, conseguindo imporse en doce etapas, seis delas consecutivas, das vinte e dúas que tiña a proba[2].

1942: Segundo por equipos co R. C. Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]

En 1942 militaría na sección de ciclismo do Real Club Deportivo de La Coruña canda Julián Berrendero, gañador final da proba, e co que deixaría o club herculino como segundo na clasificación por equipos[3].

1945: Triunfo final na Vuelta a España[editar | editar a fonte]

En 1945 gañou a volta ciclista a Galicia e a Vuelta Ciclista a España, liderándoa desde a segunda etapa.

A 1ª etapa de Madrid a Salamanca (212 km ) semellaba unha reedición da Vuelta a España de 1942 debido á superioridade de Julián Berrendero. Despois dun ataque de Vicente Trueba no Alto de los Leones replicou Berrendero canda José Gándara Villegas e João Rebelo. No descenso o portugués marchou só levando o seu avance a 3 minutos a 20 km da meta mais o vento lateral freouno sendo finalmente atrapado por Berrendero, Dalmacio Langarica, Juan Gimeno, Bernardo Capó e Miguel Gual e en Salamanca Berrendero gañou ao sprint conseguindo, grazas ás bonificacións, máis de 6 minutos sobre Delio[4].

Na etapa seguinte, Salamanca - Cáceres, baixo unha fina chuvia e unha estrada desfeita, pouco despois da saída se destacaron Rebelo, Olmos, Bailón, Antonio Montes e Delio. Pouco despois descolgáronse Montes e Rebelo por picadas e Olmos por rotura de cadea. Delio e Bailon se destacaron e pasaron o alto de Béjar con 2' 43" sobre o pelotón. Ao final do descenso dobraron a súa vantaxe sorprendidos da apatía do pelotón e a partir de aí o dúo Delio-Bailón viu medrar a súa vantaxe até chegar aos 35" en Plasencia. A 30 km da chegada Bailón desfaleceu e Delio continuou só gañando a etapa con 15" sobre Bailón e 30" sobre os outros favoritos. Así Delio gañou a Vuelta desde a 2ª etapa e Berrendero focalizouse en bater a Rebelo no premio da montaña, feito que acadou de vez que se colocou na xeral final 2º a 15" de Delio[4].

1947: Podio e oito etapas[editar | editar a fonte]

En 1947 sumou oito etapas e foi líder os once primeiros días da carreira, rematando como terceiro na xeral final[2].

Palmarés[editar | editar a fonte]

1940

1941

1942

1943

1944

1945

1946

1947

1948

Resultados en grandes voltas e campionato do Mundo[editar | editar a fonte]

Carreira 1936 1937 1938 1939 1940 1941 1942 1943 1944 1945 1946 1947
Giro de Italia - - - - - X X X X X - -
Tour de Francia - - - - X X X X X X X -
Vuelta a España 24º X X X X X X
Mundial en ruta Arc en ciel.svg - - - X X X X X X X - -

Legado[editar | editar a fonte]

Adicóuselle unha rúa na vila de Ponteareas. Fálase del na novela de Camilo José Cela Viaje a La Alcarria (1948):

...aquí, Paco, al que le decimos el Piñón Libre. Este chico bien entrenado sería un Delio Rodríguez. [...] Carretero ya no es el que fue, lo vemos, y Delio..., pues mira, a fuerza de coraje, se va imponiendo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. País, Ediciones El (1994-01-15). "Delio Rodríguez, ciclista gallego". EL PAÍS (en español). Consultado o 2016-04-19. 
  2. 2,0 2,1 "Delio Rodríguez vuelve a revivir. diariovasco.com". www.diariovasco.com. Consultado o 2016-04-19. 
  3. "Cen anos de Delio Rodríguez, o home das 38 etapas na Vuelta a España - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2016-04-19. 
  4. 4,0 4,1 "La galopada de Delio sentenció la Vuelta del 45". www.marca.com. Consultado o 2016-04-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]