Juan Garrido Canales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Canales
Información persoal
Nome completoJuan Garrido Canales
Nacemento22 de novembro de 1966 (51 anos)
LugarOssa de Montiel, España
PosiciónPorteiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1984–1985Real Madrid1(0)
1986–1989Real Madrid B62(0)
1989–1990Xerez2(0)
1990–1991Logroñés30(0)
1991–1997Deportivo da Coruña31(0)
1997–1999Las Palmas14(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Juan Garrido Canales, nado en Ossa de Montiel (Albacete) o 22 de novembro de 1966, é un ex futbolista español. Xogaba de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canales comezou a destacar nas filas do Eldense. En 1983 foi contratado polo Real Madrid CF, club no que compite no seu equipo xuvenil e no Real Madrid Castilla, xogando un único partido co primeiro equipo. Na tempada 1989–90 foi contratado polo Xerez CD, co que competiu en Segunda División B. Na tempada seguinte xogou no CD Logroñés en Primeira División, realizando unha gran campaña e xogando 30 partidos.

Na tempada 1991–92 foi contratado polo Deportivo da Coruña, sendo o porteiro suplente no tempo do Súper Dépor á sombra de Liaño. Nos seis anos que permaneceu na Coruña xogou un total de 31 partidos de Liga, gañando nesa etapa unha Copa do Rei e unha Supercopa.

En 1997 marchou ao UD Las Palmas de Segunda División, sendo o porteiro suplente durante 3 tempadas. Na tempada 1999–00 xogou no Universidad de Las Palmas CF e colgou as botas no Eldense en 2004.

Despois da súa retirada Canales foi adestrador de porteiros en equipos como o Hércules CF ou o Alicante CF.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Real Madrid
Deportivo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]