Josu Anuzita Alegría
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Xanetas (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 0 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1964 ![]() Bilbao, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Josu Anuzita Alegría, coñecido como Yosu, nado en Bilbao o 13 de xaneiro de 1964, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol nun dos equipos da súa vila, o CD Getxo, e pasou por todas as categorías inferiores do club.[1] O 4 de setembro de 1983 debutou co primeiro equipo na Terceira División, na primeira xornada da tempada 1983/84 ante o Anaitasuna en Azkoitia.[2] A pesar da súa xuventude contou coa confianza do adestrador Javier Irureta e foi o gardameta titular na gran maioría de partidos da tempada.
Para a seguinte tempada Irureta levouno con el ao Sestao, co que se proclamou campión do seu grupo da Segunda B, así como da Copa da Liga da categoría, aínda que o porteiro titular era Echevarría. Nas campañas 1985/86 e 1986/87 foi cedido ao Gernika e o Portugalete, ambos de Terceira, onde foi titular indiscutible.[1] En 1987 regresou ao Sestao de Irureta, co que debutou en Segunda División o 6 de decembro, nunha vitoria contra o Real Burgos (0–1). Ocupou a portería do club en case todos os partidos dos seguintes dous anos e medio, acadando os 94 encontros oficiais.
Para a tempada 1990/91 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde se fixo coa titularidade dende a primeira xornada, desprazando ao histórico Jorge. Foi aliñado por Arsenio en 37 dos 38 partidos de liga, perdendo só un debido a unha expulsión sufrida en Xerez, e conseguiu o histórico ascenso á Primeira División, ao rematar na segunda posición. Contribuíu ao ascenso sendo o gardameta menos goleado do campionato xunto ao seu substituto no Sestao, Paco Liaño, con 27 goles encaixados cada un, aínda que o Trofeo Zamora foi para o cántabro por ter disputado un partido máis.[3]
Perdeu protagonismo na tempada 1991/92, coas chegadas ao Deportivo de Canales e do propio Liaño, pero tivo a súa oportunidade na segunda volta do campionato, onde xogou 12 partidos (da xornada 20 á 31), aproveitando as lesións dos outros dous gardametas. O seu debut na máxima categoría foi unha derrota pola mínima ante o Valencia en Riazor, sendo Giner o autor do único gol.[4]
A súa participación reduciuse aínda máis na tempada 1992/93, na que estivo á sombra de Liaño, xogando tan só un partido de liga. Foi na 11ª xornada, co equipo ocupando o liderado da táboa, cando o adestrador Arsenio, descontento coas últimas actuacións do gardameta cántabro, decidiu darlle a titularidade a Yosu ante o Atlético de Madrid no estadio Vicente Calderón.[5] O partido rematou en derrota por 2-1, sendo os dous goles atléticos obra de Juanito en xogadas a balón parado.[6] Foi titular nos catro partidos que o equipo disputou na Copa do Rei, ata que o equipo caeu eliminado ante o Mérida na quenda de penaltis.[7] Tras esa campaña rematou a súa vinculación co Deportivo.
Na tempada1993/94 fichou polo Cádiz, da Segunda División. No club andaluz, pese a que pasaron catro adestradores polo banco (Addison, Hugo Vaca, Naya e Marcelino), mantivo a titularidade practicamente todo o campionato, xogando un total de 30 encontros, pero non puido evitar o descenso do equipo á Segunda División B como último clasificado.
Na tempada 1994–95 foi contratado polo Atlético Marbella, nunha campaña na que trocou de adestrador en 7 ocasións. Yosu xogou 29 encontros e o equipo quedou na 13ª posición da táboa.
Na tempada 1995–96 fichou polo acabado de ascender UD Salamanca, como porteiro suplente de José Ignacio Aizpurúa. Nesta campaña participou tan só en 2 encontros.
Na actualidade é adestrador en Lezama, o campo de adestramento do Athletic Club. Anteriormente foi adestrador do Arenas Club de Getxo (2007–08).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Yosu: «El domingo lo pasé muy mal escuchando por radio el partido de Riazor»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 1990. p. 48.
- ↑ "Anaitasuna-Getxo". BDFutbol (en catalán). Consultado o 11 de maio de 2025.
- ↑ "Liaño consiguió el «Zamora»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 21 de xuño de 1993. p. 36.
- ↑ "Deportivo - Valencia". BDFutbol (en catalán). Consultado o 11 de maio de 2025.
- ↑ "Yosu defenderá la portería del Deportivo en Madrid". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 21 de novembro de 1992. p. 49.
- ↑ Naya, Jesús (23 de novembro de 1992). "La derrota en el Calderón abre un paréntesis en el sueño del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 22.
- ↑ "Los Deportivistas, Uno a Uno". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de xaneiro de 1993. p. 49.
- Nados en 1964
- Nados en Bilbao
- Futbolistas do País Vasco
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Sestao Sport Club
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do CA Marbella
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Barakaldo CF
- Adestradores de fútbol do País Vasco
- Adestradores do Arenas Club de Getxo