Campionato de Galicia de fútbol 1919/20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Campionato de Galicia da Serie A 1919/20 foi a sexta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en decembro de 1919 e rematou en marzo de 1920. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España[1].

Participaron o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Real Club Coruña e o Pontevedra Athletic Club[2], porén o Real Club Coruña retirouse do campionato antes da primeira xornada[3] e o Pontevedra Athletic non se presentou a xoga-los partidos[4], deixando o torneo nun cara a cara entre o Vigo Sporting e o Deportivo da Coruña. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas[2].

O partido da primeira volta do campionato xogado en Coia entre o Vigo Sporting e o Deportivo da Coruña foi gañado por 5−1 polos olívicos[5]. O 22 de febreiro debían xoga-lo Deportivo da Coruña e o Vigo Sporting en Riazor o encontro correspondente á segunda volta, mais o Vigo Sporting non se presentou alegando que non fora avisado da data do encontro con suficiente antelación e que estaba interesado en que o partido fose asubiado por un árbitro colexiado[6]. A Federación Galega de Fútbol non considerou válidas as alegacións e concedeu os puntos do encontro ó Deportivo, ficando así os dous equipos empatados a 10 puntos na conclusión do campionato[6]. A FGF tamén acordou que o día 29 se xogase en Riazor un encontro de desempate[6], que finalizou igualado cun 2−2 no marcador[7]. A FGF decidiu que se disputase un novo partido de desempate en Oviedo o día 14 de marzo[8]. O Vigo Sporting enviou unha reclamación á Real Federación Española de Fútbol[9] e esta acordou considera-lo partido xogado o 29 de febreiro como correspondente á segunda volta do campionato, de xeito que xa non se levou a cabo o segundo desempate e foi proclamado campión o Vigo Sporting[10][11].

Calendario[editar | editar a fonte]

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 21 de decembro Coia Vigo Sporting Deportivo da Coruña 5–1 Informe
2 29 de febreiro Riazor Deportivo da Coruña Vigo Sporting 2–2 Informe

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Vigo Sporting 6 5 1 0 7 3 +4 11 Clasificación para a Copa de España 1920
2. Deportivo da Coruña 6 4 1 1 3 7 −4 9
3. Pontevedra Athletic 0 0 0 0 0 0 0 0 Retirados
4. R.C. Coruña 0 0 0 0 0 0 0 0

Os puntos dos partidos do R.C. Coruña e do Pontevedra Athletic foron concedidos ós seus rivais non retirados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1920 linguasport.com
  2. 2,0 2,1 "De Sport. La Asamblea del pasado domingo en Vigo". Diario de Pontevedra nº 10.710 (en castelán). 3 de decembro de 1919. p. 2. 
  3. "De Sport. Se aplazó el Campeonato. ¿Se derrumbó el tinglado...?". Diario de Pontevedra nº 10.713 (en castelán). 6 de decembro de 1919. p. 2. 
  4. "De Sport. El Athletic". Diario de Pontevedra nº 10.781 (en castelán). 9 de marzo de 1920. p. 2. 
  5. "De Sport. Campeonato Regional. Vigo 5 - Deportivo 1". Diario de Pontevedra nº 10.718 (en castelán). 22 de decembro de 1919. p. 1. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Notas deportivas". El Orzán nº 623 (en castelán). 24 de febreiro de 1920. p. 2. 
  7. "Notas deportivas. Foot-ball. El actual campeón gallego y el aspirante a tan codiciado título, empatan a dos goals". El Ideal Gallego nº 923 (en castelán). 2 de marzo de 1920. p. 1. 
  8. "De Sport. El Campeonato". Progreso: diario independiente nº 2.466 (en castelán). 5 de marzo de 1920. p. 2. 
  9. "De Sport". Diario de Pontevedra nº 10.784 (en castelán). 12 de marzo de 1920. p. 2. 
  10. "De Sport". El Orzán nº 644 (en castelán). 19 de marzo de 1920. 
  11. "El «Vigo» Campeón". El Diario de Pontevedra nº 10.786 (en castelán). 15 de marzo de 1920. p. 2.