Jon Iñaki Aspiazu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon Aspiazu
Información persoal
Nome Jon Iñaki Aspiazu San Emeterio
Nacemento 5 de novembro de 1962 (61 anos)
Lugar de nacemento Bilbao
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983–1984 Athletic Club 0 (0)
1984–1985 Hércules 6 (0)
1985–1987 Sestao 75 (7)
1987–1992 Deportivo da Coruña 134 (8)
1992–1993 Sestao 35 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jon Iñaki Aspiazu San Emeterio, nado en Bilbao o 5 de novembro de 1962, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1983–84 formou parte do Athletic Club que conseguiu a Liga e a Copa do Rei, pero non participou en ningún partido, xogando co Bilbao Athletic en Segunda División.

Na tempada 1984–85 fichou polo Hércules CF en Primeira División. No club alacantino tan só 6 encontros e foi traspasado, na tempada 1985–86 ao Sestao Sport, de Segunda División, onde estivo dúas campañas nas que foi titular.

Na tempada 1987–88 foi contratado polo Deportivo da Coruña, debutando na primeira xornada contra o FC Barcelona B en Riazor, con vitoria branquiazul (1–0). No club coruñés permaneceu cinco tempadas, sendo en todas titular de xeito regular agás a última, co equipo xa en Primeira División, véndose relegado á suplencia pola chegada de xogadores como Ilian Kiriakov ou Dragan Kanatlarovski.

Na tempada 1992–93 firmou novamente polo Sestao Sport, de Segunda División.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Athletic Club

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]