Emilio Viqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Viqueira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor em Wikidata - 2010 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1993-1999 Deportivo da Coruña B 78(8)
1995-1998 Deportivo da Coruña 26(0)
1997-1998cesión Sporting Clube Campomaiorense (pt) Traducir 18(3)
1999-2002 Xerez Club Deportivo 94(8)
2002-2007 Recreativo de Huelva 159(12)
2007-2008 Levante Unión Deportiva 9(1)
2008-2008cesión Xerez Club Deportivo 20(3)
2008-2010 Xerez Club Deportivo 50(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1990-1990   Selección de fútbol sub-16 de España 2(0)
1992-1992   España sub-18 1(0) Editar o valor em Wikidata

Twitter: viqueira_moure Editar o valor em Wikidata

Emilio José Viqueira Moure, nado en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 1974, é un exfutbolista galego, que xogaba de centrocampista.

Fichou aos 15 anos polo Deportivo da Coruña, club no que permaneceu durante case unha década, dende as categorías inferiores ata o primeiro equipo. A súa carreira consolidouse en Andalucía, xogando para o Xerez e o Recreativo de Huelva, equipos cos que logrou o ascenso a Primeira División. Co Recreativo acadou ademais unha final da Copa do Rei.

Tras retirarse como futbolista no Xerez exerceu como director deportivo do club, ocupando logo esa mesma posición no Nástic de Tarragona e no Lugo, antes de pasar a traballar na representación de xogadores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Formouse no Atlético Fátima compostelán, xogando no seu campo de terra ata os 15 anos.[1] En abril de 1990, uns días despois de proclamarse campión de España coa selección galega cadete, foi fichado polo Deportivo da Coruña para as súas categorías inferiores.[2]

Subiu ao Fabril na segunda metade da tempada 1992/93, cando aínda era xuvenil,[3] e xogou nese equipo as dúas seguintes tempadas, logrando na segunda delas o ascenso á Segunda División B.[4] Antes, o 12 de xaneiro de 1994, debutara co Deportivo da Coruña da man de Arsenio, nun partido de Copa do Rei fronte ao Oviedo no Carlos Tartiere.

Na tempada 1995/96 compaxinou os partidos do filial na 2ª B cos do primeiro equipo dirixido polo galés John Benjamin Toshack. Disputou 19 partidos de Primeira División esa tempada, categoría na que debutou fronte ao Salamanca en Riazor.[1] Xogou tamén 6 partidos da Recopa de Europa, na que os coruñeses caeron en semifinais fronte ao PSG. Na seguinte tempada comezou de novo xogando en ambos conxuntos, pero tras a chegada de Carlos Alberto Silva ao banco do primeiro equipo, o técnico brasileiro non contou con el. Ese ano disputou co Fabril a promoción de ascenso a Segunda División.

Na tempada 1997/98 saíu cedido ao Campomaiorense, da Primeira División portuguesa,[5] mentres que a 1998/99 xogouna completa no Fabril, co que non puido evitar o descenso de novo á Terceira División.

No verán de 1999 foi transferido ao Xerez CD,[6] onde militou tres tempadas, a terceira delas en Segunda División, tras lograr o ascenso na 2000/01.

Na tempada 2002/03 fichou polo Recreativo de Huelva, que estaba en Primeira División, e disputou esa campaña a histórica final da Copa do Rei fronte ao Mallorca. Aínda que o equipo acabou perdendo a categoría, Viqueira continuou no club andaluz durante as campañas 2003–04 e 2004–05, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.

A tempada 2005–06, outra gran tempada para o decano, rematou cun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado. Na 2006–07 o capitán Viqueira foi un dos alicerces do Recreativo, revelación do campionato. Finalmente terminou a tempada (e o seu contrato) e formalizou o seu traspaso ao Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club levouno a buscar unha saída no mercado de inverno e regresou como cedido ao Xerez CD.

Na tempada 2008–09 foi contratado polo Xerez CD con quen logrou o ascenso a Primeira División como campión da categoría. Permaneceu no club unha tempada máis, sufrindo varias lesións, sen lograr a permanencia e volvendo de novo a Segunda División. Ao remate da campaña deixou a práctica do fútbol profesional.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Xogou nas seleccións cadete e xuvenil tanto de Galicia como de España. Entre 2005 e 2008 formou parte da recuperada selección galega absoluta, coa que se enfrontou ao Uruguai, Ecuador e Camerún.[7]

Trala retirada[editar | editar a fonte]

Despois de colgar as botas no Xerez continuou no club como director deportivo, cargo que ocupou entre 2010 e 2012.[1] En maio de 2013 pasou a ocupar a mesma posición no Nástic de Tarragona, na Segunda División B.[8] Tras cinco anos no Nástic, durante os cales o equipo volveu á Segunda División, o club rescindiu o seu contrato en 2018.[9] Unhas semanas despois fíxose oficial a súa chegada ao CD Lugo, da Segunda División, onde asinou un contrato por catro anos, e onde tivo como adxunto a José Luis Deus.[10] Con todo, foi cesado polo presidente Tino Saqués só oito meses despois, debido aos malos resultados do equipo.[11]

Deixou a dirección deportiva tras a súa última experiencia en Lugo, dedicándose dende entón á representación de xogadores.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Recreativo[editar | editar a fonte]

Xerez[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Viqueira: «Toshack me dijo: ¿tienes huevos para jugar?»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. "Lendoiro pide unidad entomo a «la situación ilusionante» del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de abril de 1990. p. 47. 
  3. "El Fabril recibe al Bergantiños, esta tarde en Laracha". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xaneiro de 1993. p. 37. 
  4. "Historia do Fabril". rcdeportivo.es. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  5. "Viqueira, al Campomaiorense". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 1997. p. 19. 
  6. "A Irureta le sobran 10". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xullo de 1999. p. 32. 
  7. "Histórico triunfo ante un bicampeón mundial" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 30 de decembro de 2005. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  8. "Emilio Viqueira es el nuevo director deportivo" (en castelán). 28 de maio de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  9. "El Nàstic despide a Emilio Viqueira" (en castelán). 17 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  10. De Dios, Marta (10 de xuño de 2018). "Ya es oficial, Emilio Viqueira es el nuevo director deportivo del Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  11. "El Lugo despide a Emilio Viqueira y José Luis Deus". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de febreiro de 2019. Consultado o 18 de febreiro de 2021.