José Luis Oltra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Oltra
Oltra.jpg
Información persoal
Nome completo José Luis Oltra Castañer
Nacemento 24 de marzo de 1969 (49 anos)
Lugar Valencia, España
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Valencia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987–1991 Mestalla 4 (0)
1991–1992 Sabadell 4 (0)
1992–1993 Sueca
1993–1994 Levante 19 (2)
1994–1995 Yeclano 34 (7)
1995–1996 Elche 16 (0)
1996–2000 Yeclano 121 (12)
2000–2001 Ontinyent
Adestrador
2001–2002 Catarroja
2002–2004 Castellón
2004–2005 Levante B
2005–2006 Levante
2006–2007 Granada 74
2007–2010 Tenerife
2010–2011 Almería
2011–2012 Deportivo da Coruña
2013–2014 Mallorca
2014–2015 Recreativo
2015–2016 Córdoba
2017–2018 Granada
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Luis Oltra Castañer, nado en Valencia o 24 de marzo de 1969, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Iniciouse nos banquiños na tempada 2001–02 dirixindo ao Catarroja CF, da Rexional Preferente, equipo co que logrou o terceiro posto. Á tempada seguinte, o CD Castellón de Segunda División B contratouno para loitar polo ascenso á Segunda A. O equipo conseguiu ser campión de grupo, pero non puido ascender ao caer na fase de promoción. Na tempada 2003–04 rematou cuarto en liga, volvendo a participar na liguiña de ascenso para quedarse novamente ás portas da Segunda División.

A súa gran labor ao fronte do CD Castellón fixo que o Levante UD se fixara nel, e o contratou para dirixir ao filial, de Segunda División B. A traxectoria do filial foi bastante boa, tanto que, a falta de catro xornadas para o final, o equipo tiña xa practicamente asegurada a presenza na fase de ascenso á Segunda División. Nese momento, o primeiro equipo destituiu ao seu adestrador, Bernd Schuster, tras unha mala racha de resultados; elixindo a José Luis Oltra como sucesor para tratar de evitar o descenso do equipo. Con todo, tras os catro partidos que restaban, o club azulgrana non consiguiu salvarse, e consumou o seu regreso á Segunda División.

Ao comezo da tempada 2005–06, o Levante UD confiou en José Luis Oltra para construír o seu novo equipo, co que regresar a Primeira División, pero, tras dez xornadas, foi destituído, estando o equipo na metade da táboa. A seguinte tempada, o Ciudad de Murcia, que loitaba por ascender a Primeira División, contratou ao técnico valenciano, o cal deixou ao equipo en cuarta posición. O modesto equipo murciano non conseguiu o seu obxectivo, aínda que logrou a mellor clasificación da súa historia.

O éxito do seu traballo á fronte do Ciudad de Murcia levou a grandes equipos da categoría a interesarse pola súa situación. Ao final, o CD Tenerife conseguiu a súa contratación en 2007, ofrecéndolle un contrato por un ano. Na súa primeira tempada consumou unha traxectoria irregular, con moita solidez como local e resultados pobres nos desplazamentos, acabando undécimo. A pesar deste resultado, obtivo a renovación por outra campaña. José Luis Oltra logrou consolidarse como adestrador e ser na tempada 2008–09 un dos mellores adestradores que tivera o equipo insular, conseguindo o ascenso do CD Tenerife á Primeira División de España cunha vitoria ante o Girona FC (0–1), e gañándose o afecto da afección chicharrera. O equipo canario acabou terceiro con 81 puntos.

O 29 de agosto de 2009, o adestrador regresou á Primeira División española. No seu primeiro encontro, fronte ao Real Zaragoza, o conxunto do técnico valenciano cae derrotado (1–0) nun partido claramente dominado polo conxunto chicharrero. A súa primeira vitoria chegou no coliseo insular contra Osasuna, unha xornada despois, o 12 de setembro de 2009, que coincidiu co debut como local na tempada do CD Tenerife en Primeira División (2–1). Finalmente, o equipo descendeu á Segunda División e o club non renovou o seu contrato, o que supuxo un duro golpe para a afección chicharrera, quen confiaba para a seguinte tempada cos servizos do técnico ao que se substituíu sen un candidato aparente. Máis tarde despediuse nunha emotiva rolda de prensa na que quedou patente a profesionalidade e bo facer do técnico así como o cariño que sentía cara Tenerife, lugar ao que chegou coa súa muller e os seus dous fillos, un deles acabado de nacer, Miguel. O 18 de setembro de 2010, máis de 14.000 afeccionados no Heliodoro Rodríguez López corearon o seu nome ante a directiva para pedir a súa volta á illa. O CD Tenerife perdera os primeiros partidos do ano.

O 24 de novembro de 2010, confirmouse na web do UD Almería a súa fichaxe como técnico do club tras a destitución de Juan Manuel Lillo. A pesar de mellorar os números do seu predecesor, o equipo non saía da zona de descenso. Finalmente, o 5 de abril de 2011, confirmouse a súa destitución, sendo o seu substituto Roberto Olabe, quen fora director deportivo do equipo na época do seu ascenso a Primeira.

O 27 de maio anunciouse un acordo do adestrador co Deportivo da Coruña na súa nova etapa en Segunda División. O contrato era por unha temporada, e renovou automaticamente ao lograr ascender o equipo a Primeira, que quedou campión da categoría[1]. O 30 de decembro de 2012 foi destituído por mor dos malos resultados acadados durante 17 xornadas de liga, conseguindo só dúas vitorias e deixando o equipo no último lugar da táboa antes das vacacións de Nadal[2]. O seu substituto foi Domingos Paciência.[3]

En xuño de 2013 anunciouse que adestraría ao Mallorca na súa etapa en Segunda División, en substitución de Gregorio Manzano.[4] Tras unha serie de malos resultados foi destituído en febreiro de 2014 de xeito esperpéntico, pois foi despedido verbalmente e posteriormente obrigóuselle a adestrar ao equipo dous días, mentres a directiva procuraba un novo adestrador, que finalmente foi Lluís Carreras.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Castellón
Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]