Tempada 2016/17 do Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Deportivo da Coruña
Tempada 2016–17
PresidenteConstantino Fernández
AdestradorGaizka Garitano
(ata o 26 de febreiro)
Pepe Mel
(desde o 28 de febreiro)
EstadioRiazor
Primeira División16.º
Copa do Rei1/8 de final
GoleadorFlorin Andone (12 goles)
Na casa
Fóra
Alternativa

Durante a tempada 2016–17 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 45.ª campaña na máxima categoría), logrando o 16.º posto na clasificación logo de 8 vitorias, 12 empates e 18 derrotas. Tamén competiu na Copa do Rei, alcanzando os oitavos de final, onde caeu eliminado fronte o Deportivo Alavés. O equipo foi adestrado inicialmente por Gaizka Garitano e posteriormente por Pepe Mel. O máximo goleador en liga foi Florin Andone, que anotou 12 goles.

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Maio[editar | editar a fonte]

O 27 de maio o club anunciou a súa primeira incorporación, o atacante turco Emre Çolak, procedente do Galatasaray SK, firmando por tres temporadas.[1] O xogador chegou libre.[2]

Xuño[editar | editar a fonte]

O 10 de xuño o club anunciou a súa segunda fichaxe, co retorno do mediocampista portugués Bruno Gama, cun contrato por dúas campañas.[3] O xogador chegou libre.[4] Minutos máis tarde anunciou a Gaizka Garitano como novo adestrador do equipo, cun contrato por unha tempada.[5][6]

O 21 de xuño anunciouse a incorporación do dianteiro berciano Borja Valle, procedente do Real Oviedo, cun contrato por tres temporadas.[7]

O 28 de xuño o club anunciou a cesión do centrocampista eumés Juan Domínguez ao RCD Mallorca, de Segunda División, durante unha tempada.[8]

O 30 de xuño anunciouse a fichaxe do meta polaco Przemysław Tytoń, procedente do VfB Stuttgart, cun contrato por 3 tempadas.[9]

Xullo[editar | editar a fonte]

O 3 de xullo anunciouse a contratación do meta galego Rubén Martínez, procedente do Levante UD, cun contrato por dúas tempadas.[10]

O 5 de xullo compareceu en rolda de prensa o meta Fabricio Agosto para anunciar a súa despedida, logo de firmar polo Beşiktaş turco.[11]

O 6 de xullo o club anunciou a saída do defensa coruñés Róber Pier, cedido por unha campaña ao Levante UD, en Segunda División.[12]

O 9 de xullo anunciouse a incorporación do defensa valenciano Raúl Albentosa, procedente do Derby County FC, cun contrato por catro temporadas.[13]

O 12 de xullo o club anunciou a incorporación de Juanfran Moreno, cunha nova cesión por parte do Watford FC, esta vez con opción de compra.[14]

O 14 de xullo anunciáronse dúas incorporacións para o equipo filial, o defensa catalán Arnau Campeny e o dianteiro madrileño Borja Galán.[15]

O 15 de xullo o club anunciou a ampliación do contrato de Pablo Insua até 2020, e a súa cesión de novo ao CD Leganés, onde militou a campaña anterior.[16] Horas máis tarde anunciouse a rescisión do contrato de dous xogadores do filial, o centrocampista Samuel Piette e o gardameta Javi Ortega.[17]

O 16 de xullo o Deportivo disputou o primeiro partido da pretempada, vencendo ante o SD Negreira, de Terceira División (1–10), con motivo do Memorial García Calvo.[18]

O 18 de xullo pasou recoñecemento a oitava incorporación do Deportivo, o mediocampista brasileiro Guilherme dos Santos, en calidade de cedido con opción de compra por unha tempada procedente do Udinese Calcio.[19][20]

O 19 de xullo o club anunciou a incorporación do defensa madrileño Nacho Monsalve para o filial branquiazul, procedente do Atlético de Madrid.[21]

O 21 de xullo o club anunciou a rescisión do contrato do dianteiro burelés Luis Fernández, cedido a campaña anterior no SD Huesca, que se incorpora á disciplina do AD Alcorcón.[22]

O 22 de xullo anunciouse a incorporación do mediocampista valenciano Carles Gil, cedido por unha campaña polo Aston Villa F.C.[23]

O 26 de xullo o club anunciou a incorporación do dianteiro romanés Florin Andone, procedente do Córdoba CF, cun contrato por cinco tempadas e un custo próximo aos 4.000.000 de euros.[24][25] Horas máis tarde anunciouse a saída do centrocampista Bicho, que marcha cedido por unha campaña ao Racing de Ferrol, de Segunda División B.[26]

O 28 de xullo o club anunciou un novo amigable para o 23 de agosto fronte ao SD Compostela, de Terceira División, con motivo do memorial Antonio Bermúdez.[27]

Agosto[editar | editar a fonte]

O 3 de agosto o club anunciou que conta con 20.436 abonados.[28] Un día despois a cifra situábase en 21.767 socios.[29]

O 6 de agosto, e tras varios días xa na cidade, finalmente o club oficializou a incorporación do mediocampista colombiano Marlos Moreno, que firmou por unha campaña, cedido polo Manchester City F.C.[30]

O 12 de agosto o club anunciou a cesión do dianteiro catalán Oriol Riera durante unha tempada ao CA Osasuna.[31] Un día despois anunciouse a saída do defensa cántabro Saúl García, cedido por unha tempada ao Girona FC de Segunda División.[32]

O 16 de agosto o Deportivo lamentou o pasamento do dianteiro arxentino Jorge Larraz, dianteiro do club coruñés nos anos 60.[33]

O 25 de agosto anunciouse unha nova edición do Memorial Moncho Rivera, organizado polo Victoria CF coruñés e de carácter benéfico, que enfrontará un combinado de xugadores do Súper Dépor cun combinado do Euro Celta, o 16 de setembro, no estadio de Riazor.[34]

O 29 de agosto o club anunciou que superou os 25.000 socios.[35]

O 30 de agosto anunciouse a venda do dianteiro Lucas Pérez ao Arsenal F.C. nunha operación próxima aos 20 millóns de euros. O club agradeceu ao xogador a súa "decidida aposta polo Dépor e a súa entrega en cada minuto sobre o campo defendendo a camiseta branquiazul".[36][37]

O 31 de agosto, derradeiro día do mercado de fichaxes, anunciouse a incorporación do dianteiro Joselu Mato, cedido por unha tempada polo Stoke City F.C.[38]

Setembro[editar | editar a fonte]

O 11 de setembro, no encontro correspondente á terceira xornada contra o Athletic Club en Riazor, Joselu debutou como branquiazul e sufriu unha escordadura de xeonllo logo dunha dura entrada do xogador Raúl García, que o manterá de baixa entre 6 e 8 semanas.[39]

O 15 de setembro o club anunciou a incorporación do dianteiro neerlandés Ryan Babel, como consecuencia da lesión de Joselu, cun contrato até o 31 de decembro de 2016.[40] Minutos máis tarde o Deportivo lamentaba o pasamento do ex-xogador Gento II, dianteiro do equipo coruñés na década de 1960.[41]

Outubro[editar | editar a fonte]

O 3 de outubro, aproveitando o parón ligueiro, o club iniciou a substitución do céspede de Riazor, que tiña máis de 20 anos. As obras durarán dúas ou tres semanas, cambiarase igualmente o sistema de rego e o terreo de xogo descenderá uns 30 centímetros, igualándose ca pista de atletismo. O custo desta operación non trascendeu.[42][43] Unha das razóns pola que se acomete esta mellora é a nova normativa de La Liga, que obriga aos clubs a manter uns determinados estándares de calidade para as retransmisións.[44] Estas obras remataron o 26 de outubro, cun custo total de 218.984,42 euros.[45]

O 27 de outubro o club anunciou a firma dun acordo co Concello de Arteixo para o uso das instalacións do campo Ponte dos Brozos polo equipo feminino.[46]

O 29 de outubro anunciouse a convocatoria a Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do club, que se desenvolverá en primeira ou segunda convocatoria os días 30 de novembro e 1 de decembro, respectivamente.[47] Horas máis tarde o Consello de Administración do club publicou un comunicado cargando con contundencia contra a Comisión Antiviolencia e o seu presidente, días despois de que nos medios se anunciasen unhas supostas sancións ao club pola exhibición de pancartas da peña Riazor Blues.[48]

O 31 de outubro deuse a coñecer o acordo de patrocinio coa empresa de xogos de azar Luckia Gaming Group, que patrocinará ao Deportivo durante esta campaña e unha máis.[49]

Novembro[editar | editar a fonte]

O 2 de novembro o club anunciou a inscrición no Rexistro Mercantil da cuarta fase da ampliación de capital, na cal calquera persoa ou entidade pode converterse en accionista, cun capital máximo de 90.150 euros. Igualmente, anunciouse que na terceira fase acudiron á ampliación 37 accionistas, que subscribiron un total de 13.883,10 euros.[50]

O 8 de novembro anunciouse que José González-Dans Vázquez, responsable da área económica do club, desempeñará tamén funcións de coordinación referentes a soporte e negocio, así como as empresas participadas.[51]

O 26 de novembro o club decidiu afastar do traballo en grupo ao xogador do filial Óscar Pinchi, logo dunhas declaracións no xornal DxT Campeón sobre a política de traballo da canteira.[52] Días despois o propio xogador pediu disculpas publicamente a través das redes sociais, dando por zanxada a polémica.[53]

Decembro[editar | editar a fonte]

O 1 de decembro celebrouse, en segunda convocatoria, a Asemblea Xeral de Accionistas onde se aprobaron as contas do club para a tempada 2015–16. Presentáronse uns beneficios netos de 6,98 millóns de euros e a débeda sitúase en 95 millóns, sensiblemente menor que en exercicios anteriores. Na xunta tamén se criticou a xestión da canteira e anunciouse a creación da Fundación Real Club Deportivo.[54]

O 12 de decembro o club anunciou o pasamento, o día anterior, do ex-xogador Manuel Bermúdez "Polo", dianteiro do club coruñés nos anos 1950.[55]

O 21 de decembro deuse a coñecer que o Xulgado de Instrución número 20 de Madrid arquivaba a causa que investigaba a morte de Francisco Javier Romero "Jimmy" en 2014, alegando que non se pode identificar os autores da morte do seareiro coruñés.[56] Esa mesma tarde, o club emitiu un contundente comunicado amosando "a súa profunda sorpresa, absoluta decepción e total indignación ante o arquivo da causa". Ademais, o club interpreta que "en pouco máis de dous anos pasouse dunha posición tallante por parte de todas as autoridades competentes para tratar de solucionar o caso á desidia e impunidade polo sucedido en Madrid", e denunciando tamén "o desequilibrio existente entre a impunidade ante un asasinato e a persecución sistemática mediante propostas de sancións que están a recibir os seguidores e o propio Deportivo cando o Club e os seus afeccionados foron exemplares durante todo este proceso".[57][58]

Ese mesmo día anunciouse a ampliación de contrato de Sidnei Rechel, que será xogador branquiazul até 2020.[59]

Tras rematar o partido de Copa do Rei ante o Real Betis que rematou en vitoria (3–1), que certificou o pase do Deportivo a oitavos de final, o neerlandés Ryan Babel anunciou que non renovaría o seu contrato co club, que remataba o 31 de decembro, despedíndose así do equipo coruñés anotando un gol.[60]

Xaneiro[editar | editar a fonte]

O 13 de xaneiro o club anunciou a primeira incorporación do mercado invernal, o mediocampista neerlandés Ola John, cedido polo SL Benfica até o remate da actual temporada con opción de compra.[61][62]

O 17 de xaneiro anunciouse a incorporación do mediocampista francés Gaël Kakuta, cedido até o remate da tempada polo Hebei China Fortune F.C. chinés.[63]

O 18 de xaneiro o club anunciou que as xogadoras do equipo feminino Raquel Béjar e Teresa Abelleira firmaran contrato profesional coa entidade, sendo así o Deportivo o primeiro club galego en facelo.[64]

Horas máis tarde anunciábase a saída do atacante Borja Valle, que marcha cedido ao Elche CF de Segunda División, até o remate da actual campaña.[65]

O 20 de xaneiro o club lamentou o pasamento de Carlos Alberto Silva, adestrador branquiazul nas tempadas 1996–97 e 1997–98, finado aos 77 anos.[66]

O 24 de xaneiro anunciouse a incorporación do meta belga Davy Roef, cedido polo RSC Anderlecht até o final da tempada, converténdose no primeiro xogador desa nacionalidade en vestir a camisola do Deportivo.[67] De igual modo, o club anunciou a saída do meta Rubén Martínez cara a este club belga, RSC Anderlecht, tamén até o remate da actual campaña.[68]

O 29 de xaneiro o club anunciou que alcanzara a cifra de 25.000 accionistas, a escasos días do peche da campaña de ampliación de capital, iniciada en 2015.[69]

O 31 de xaneiro o club anunciou a fichaxe do centrocampista arxentino Federico Cartabia, logo de rescindir o seu contrato co Valencia CF, firmando un contrato por cinco tempadas. Anunciouse igualmente a súa saída ao SC Braga, cedido até o remate da campaña.[70][71]

Febreiro[editar | editar a fonte]

O 2 de febreiro o club fixo oficial un cambio na firma deportiva que equipará o Deportivo a partir da seguinte campaña, sustituíndo a Lotto Sport Italia pola tamén italiana Macron, que vestirá os 15 equipos do club até o 2021.[72] O novo patrocinador técnico aportará unha cantidade próxima ao medio millón de euros por tempada.[73]

O 3 de febreiro, logo da entrada dun forte temporal que provocou diversos desperfectos nas cubertas do Estadio de Riazor que poñían en risco a seguridade dos afeccionados, decidiuse adiar o partido que se debía disputar fronte o Real Betis esa mesma tarde.[74] Días máis tarde a Liga dispuxo o 8 de marzo como a nova data para xogar o partido.[75]

O 26 de febreiro o club anunciou a rescisión do contrato do adestrador Gaizka Garitano, logo dunha avultada derrota fronte o CD Leganés (4–0) e sete xornadas sen coñecer a vitoria.[76] Dous días despois anunciouse que o seu substituto á fronte do banquiño era Pepe Mel até o remate da tempada, con opción a ampliación.[77]

Marzo[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo o club emitiu un comunicado explicando que a Sala do Civil do Tribunal Supremo fallara en contra do club no litixio aberto coa Axencia Tributaria sobre a clasificación definitiva da débeda. Así, o Tribunal Supremo entende os 21,7 millóns de euros clasificados inicialmente como subordinados e ordinarios, son finalmente débeda privilexiada, e polo tanto, o Deportivo verase obrigado a abonalos, sen quita do 33%, dentro dos prazos establecidos no Convenio Singular asinado en marzo de 2014 coa propia Axencia Tributaria. O club entende que esta situación complicará o escenario económico nas próximas temporadas, afectando directamente á competitividade do equipo na Liga e do propio club dentro da industria do fútbol.[78] A entidade deberá afrontar todo ese pago en pouco máis de cinco anos, estando obrigado a incrementar en 3,5 millóns de euros os pagos anuais que viña desembolsando a Facenda. Por esta decisión, deberá aboar á Axencia Tributaria unha cantidade próxima aos 10 millóns de euros cada ano só para ir liquidando débeda.[79]

O 17 de marzo o club anunciou a paralización do proxecto de museo, que tiña anunciado na xunta xeral de accionistas e que estaría situado nos baixos de Riazor, como primeira medida logo do coñecemento do fallo da setenza do Tribunal Supremo uns días antes. Igualmente anunciaron que, ademais desta, estanse a tomar e esbozar as primeiras medidas para reducir investimentos previstos para os próximos anos.[80]

Maio[editar | editar a fonte]

O 3 de maio o club anunciou que abonara á Axencia Tributaria un total de 5.467.299,14 euros, en cumprimento do convenio singular subscrito entre o Deportivo e a AEAT para o pago de débeda cualificada como privilexiada. Desde a firma do convenio, a débeda reducida ascende a 35.933.163,30 euros.[81]

O 19 de maio o club anunciou que quedaba pechada formalmente a ampliación de capital aprobada en 2014, acadándose un capital social total de 10.292.425,50 euros, repartidos en 171.255 accións de 60,10 euros cada unha. Así, o club conta cun total 25.333 accionistas, 2.479 máis que os que tiña antes do inicio do proceso.[82]

O 28 de maio o equipo filial logrou o ascenso a Segunda División B logo de superar na promoción ao CP Cacereño, voltando así á categoría de bronce 6 temporadas despois do último descenso.[83]

Material deportivo[editar | editar a fonte]

O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e os patrocinadores foron Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal[editar | editar a fonte]

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Adestrador Pepe Mel
2.º adestrador Roberto Ríos
Prep. físico David Gómez

Consello de administración[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Presidente Constantino Fernández
Área institucional Daniel Ramos
Área deportiva Fernando Vidal
Área económica Enrique Calvete
Área comercial Juan José Jaén
Área social Martín Pita

Mercado de fichaxes[editar | editar a fonte]

Altas[editar | editar a fonte]

Data Pos. Nome Procedencia Prezo
27 maio 2016 MED Flag of Turkey.svg Emre Çolak Flag of Turkey.svg Galatasaray Libre
10 xuño 2016 MED Portugal Bruno Gama Ucraína Dnipro Libre
21 xuño 2016 DIA España Borja Valle España Oviedo Libre
30 xuño 2016 POR Polonia Przemysław Tytoń Alemaña VfB Stuttgart Libre
3 xullo 2016 POR Galicia Rubén Martínez España Levante Libre
9 xullo 2016 DEF España Raúl Albentosa Inglaterra Derby County Libre
12 xullo 2016 DEF España Juanfran Moreno Inglaterra Watford Cesión
18 xullo 2016 MED Flag of Brazil.svg Guilherme dos Santos Italia Udinese Cesión
22 xullo 2016 MED España Carles Gil Inglaterra Aston Villa Cesión
26 xullo 2016 DIA Romanía Florin Andone España Córdoba 4.000.000 €
6 agosto 2016 MED Flag of Colombia.svg Marlos Moreno Inglaterra Manchester City Cesión
31 agosto 2016 DIA Galicia Joselu Mato Inglaterra Stoke City Cesión
15 setembro 2016 DIA Flag of the Netherlands.svg Ryan Babel Flag of the United Arab Emirates.svg Al Ain Libre
13 xaneiro 2017 MED Flag of the Netherlands.svg Ola John Inglaterra Wolverhampton Wanderers Cesión
17 xaneiro 2017 MED Francia Gaël Kakuta Flag of the People's Republic of China.svg Hebei China Fortune Cesión
24 xaneiro 2017 POR Bélxica Davy Roef Bélxica Anderlecht Cesión
31 xaneiro 2017 MED Flag of Argentina.svg Federico Cartabia España Valencia Libre

Baixas[editar | editar a fonte]

Data Pos. Nome Destino Prezo
28 xuño 2016 MED Galicia Juan Domínguez España Mallorca Cesión
5 xullo 2016 POR España Fabricio Agosto Flag of Turkey.svg Beşiktaş Libre
6 xullo 2016 DEF Galicia Róber Pier España Levante Cesión
21 xullo 2016 DIA Galicia Luis Fernández España Alcorcón Libre
26 xullo 2016 MED Galicia Bicho Galicia Racing de Ferrol Cesión
12 agosto 2016 DIA España Oriol Riera España Osasuna Cesión
13 agosto 2016 DEF España Saúl García España Girona Cesión
30 agosto 2016 DIA Galicia Lucas Pérez Inglaterra Arsenal 20.000.000 €
31 decembro 2016 DIA Flag of the Netherlands.svg Ryan Babel Flag of Turkey.svg Beşiktaş Libre
18 xaneiro 2017 DIA España Borja Valle España Elche Cesión
24 xaneiro 2017 POR Galicia Rubén Martínez Bélxica Anderlecht Cesión
31 xaneiro 2017 MED Flag of Argentina.svg Federico Cartabia Portugal Braga Cesión

Xogadores[editar | editar a fonte]

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles Yellow card.svg Yellow-red card.svg Red card.svg
1 POR Flag of Argentina.svg Germán Lux 25 0 0 0 25 0 5
2 DEF España Juanfran Moreno 34 0 4 0 38 0 3 1
3 DEF España Fernando Navarro 25 0 1 0 26 0 6
4 MED Galicia Álex Bergantiños 8 1 1 0 9 1 3
5 MED Galicia Pedro Mosquera 23 3 4 0 27 3 7
6 DEF España Raúl Albentosa 27 1 2 0 28 1 10 1
7 DIA Galicia Joselu Mato 20 5 4 1 24 6 9
8 MED Flag of Turkey.svg Emre Çolak 33 3 3 0 36 3 5
9 MED Flag of Colombia.svg Marlos Moreno 19 0 4 0 23 0
10 DIA Romanía Florin Andone 37 12 2 0 39 12 6
11 MED España Carles Gil 23 1 1 0 24 1 5
12 DEF Flag of Brazil.svg Sidnei Rechel 29 1 3 0 32 1 2
13 POR Polonia Przemysław Tytoń 13 0 0 0 13 0 1
14 DEF España Alejandro Arribas 23 0 3 2 26 2 6
15 DEF España Laure Sanabria 7 0 0 0 7 0 1
16 DEF Portugal Luisinho Correia 26 0 4 1 30 1 8
19 MED Francia Fayçal Fajr 24 0 1 0 25 0 3 1
20 MED Flag of Brazil.svg Guilherme dos Santos 30 2 4 0 34 2 6
21 MED Portugal Bruno Gama 22 0 3 1 25 1 4
22 MED Flag of Costa Rica.svg Celso Borges 34 6 3 0 37 6 6
23 MED Francia Gaël Kakuta 10 2 0 0 10 2
24 MED Flag of the Netherlands.svg Ola John 11 0 0 0 11 0 1
25 POR Bélxica Davy Roef 1 0 0 0 1 0
28 MED Galicia Óscar Pinchi 1 0 2 0 3 0
30 MED España Edu Expósito 1 0 0 0 1 0

Deixaron o equipo[editar | editar a fonte]

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles Yellow card.svg Yellow-red card.svg Red card.svg
7 DIA Galicia Lucas Pérez 1 1 0 0 1 1
23 DIA Flag of the Netherlands.svg Ryan Babel 11 4 1 1 12 5 3
17 MED España Borja Valle 7 0 2 0 9 0
25 POR Galicia Rubén Martínez 0 0 4 0 4 0

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos
Equipo
X
G
E
P
GF
GC
DG
Pts
Clasificación ou descenso
1 Real Madrid (C) 38 29 6 3 106 41 +65 93 Clasificación para a fase de grupos da UEFA Champions League
2 Barcelona 38 28 6 4 116 37 +79 90
3 Atlético de Madrid 38 23 9 6 70 27 +43 78
4 Sevilla 38 21 9 8 69 49 +20 72 Clasificación para a rolda previa da UEFA Champions League
5 Villarreal 38 19 10 9 56 33 +23 67 Clasificación para a fase de grupos da UEFA Europa League
6 Real Sociedad 38 19 7 12 59 53 +6 64
7 Athletic Club 38 19 6 13 53 43 +10 63 Clasificación para a rolda previa da UEFA Europa League
8 Espanyol 38 15 11 12 49 50 −1 56
9 Alavés 38 14 13 11 41 43 −2 55
10 Eibar 38 15 9 14 56 51 +5 54
11 Málaga 38 12 10 16 49 55 −6 46
12 Valencia 38 13 7 18 56 65 −9 46
13 Celta de Vigo 38 13 6 19 53 69 −16 45
14 Las Palmas 38 10 9 19 53 74 −21 39
15 Real Betis 38 10 9 19 41 64 −23 39
16 Deportivo da Coruña 38 8 12 18 43 61 −18 36
17 Leganés 38 8 11 19 36 55 −19 35
18 Sporting de Gijón (D) 38 7 10 21 42 72 −30 31 Descenso a Segunda División
19 Osasuna (D) 38 4 10 24 40 94 −54 22
20 Granada (D) 38 4 8 26 30 82 −52 20

Partidos[editar | editar a fonte]

      Vitoria       Empate       Derrota       Aprazado

Pretempada e amigables[editar | editar a fonte]

Primeira División[editar | editar a fonte]

Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2016/17.

1/16 de final[editar | editar a fonte]

1/8 de final[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Emré Çolak, novo xogador do Deportivo 2016-2017". Deportivo da Coruña. 27 de maio de 2016. 
  2. "Emre Çolak llega libre al Deportivo procedente del Galatasaray". La Opinión de A Coruña. 27 de maio de 2016.  (en castelán)
  3. "Bruno Gama, nuevo jugador del Deportivo para las dos próximas temporadas". Deportivo da Coruña. 10 de xuño de 2016.  (en castelán)
  4. "El Deportivo cierra el traspaso de Bruno Gama". El Progreso. 10 de xuño de 2016.  (en castelán)
  5. "Gaizka Garitano, nuevo entrenador del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 10 de xuño de 2016.  (en castelán)
  6. "Gaizka Garitano: "Todos tenemos que demostrar día a día nuestra valía"". Marca. 10 de xuño de 2016.  (en castelán)
  7. "Borja Valle, nuevo jugador del Deportivo". Marca. 21 de xuño de 2016.  (en castelán)
  8. "Juan Domínguez jugará la próxima temporada cedido en el Mallorca". Deportivo da Coruña. 28 de xuño de 2016.  (en castelán)
  9. "Przemysław Tytoń, nuevo portero del RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 30 de xuño de 2016.  (en castelán)
  10. "El Dépor ficha a Rubén Martínez". El Mundo Deportivo. 3 de xullo de 2016.  (en castelán)
  11. "Fabricio deja el Depor entre lágrimas por la Champions". Marca. 5 de xullo de 2016.  (en castelán)
  12. "Róber jugará cedido en el Levante una temporada". Deportivo da Coruña. 6 de xullo de 2016.  (en castelán)
  13. "Albentosa ficha por el Deportivo". Sport. 9 de xullo de 2016.  (en castelán)
  14. "Juanfran regresa al Deportivo cedido por el Watford". Sport. 12 de xullo de 2016.  (en castelán)
  15. "Arnau Campeny y Borja Galán apuntalan la zaga y la delantera fabrilista". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2016.  (en castelán)
  16. "Pablo Insua renueva con el Deportivo hasta 2020 y jugará cedido en el Leganés". Deportivo da Coruña. 15 de xullo de 2016.  (en castelán)
  17. "Sam Piette y el meta Javi Ortega rescinden su contrato con el Fabril". Deportivo da Coruña. 15 de xullo de 2016.  (en castelán)
  18. "El Dépor arranca con buena puntería en Negreira los amistosos de verano". Deportivo da Coruña. 16 de xullo de 2016.  (en castelán)
  19. "Guilherme: estoy cumpliendo un sueño de venir a la Liga española y a un gran equipo". Deportivo da Coruña. 18 de xullo de 2016.  (en castelán)
  20. "Guilherme dos Santos pasa el reconocimiento y ya es nuevo jugador del Deportivo". Marca. 18 de xullo de 2016.  (en castelán)
  21. "Nacho Monsalve refuerza la zaga del Fabril". Deportivo da Coruña. 19 de xullo de 2016.  (en castelán)
  22. "El RC Deportivo y Luis Fernández llegan a un acuerdo para finalizar su vinculación contractual". Deportivo da Coruña. 21 de xullo de 2016.  (en castelán)
  23. "Carles Gil, nuevo jugador del Deportivo para la próxima temporada". Deportivo da Coruña. 22 de xullo de 2016.  (en castelán)
  24. "Florin Andone nuevo jugador del Deportivo para las próximas cinco temporadas". Deportivo da Coruña. 26 de xullo de 2016.  (en castelán)
  25. "Florin Andone supera el reconocimiento médico y firma 5 años de contrato". Marca. 26 de xullo de 2016.  (en castelán)
  26. "Bicho jugará la próxima temporada cedido en el Racing de Ferrol". Deportivo da Coruña. 26 de xullo de 2016.  (en castelán)
  27. "El Dépor visitará a la SD Compostela el día 23 para disputar el memorial Antonio Bermúdez". Deportivo da Coruña. 28 de xullo de 2016.  (en castelán)
  28. "Superados los 20.000 socios. Mañana último día con asientos reservados para los que no han renovado". Deportivo da Coruña. 3 de agosto de 2016.  (en castelán)
  29. "21.767 socios xa forman parte da nosa historia. A piques de esgotarse a grada de peñas". Deportivo da Coruña. 4 de agosto de 2016. 
  30. "Marlos Moreno, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 6 de agosto de 2016.  (en castelán)
  31. "Oriol Riera jugará esta temporada cedido en Osasuna". Deportivo da Coruña. 12 de agosto de 2016.  (en castelán)
  32. "Saúl García, cedido al Girona FC". Deportivo da Coruña. 13 de agosto de 2016.  (en castelán)
  33. "Fallece el exdeportivista Larraz". Deportivo da Coruña. 16 de agosto de 2016.  (en castelán)
  34. "El SuperDépor volverá a juntarse para disputar el Memorial Moncho Rivera". Deportivo da Coruña. 25 de agosto de 2016.  (en castelán)
  35. "Xa somos máis de 25.000 socios! Ti es a nosa historia". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2016. 
  36. "Lucas Pérez ficha por el Arsenal". Deportivo da Coruña. 30 de agosto de 2016.  (en castelán)
  37. "El Depor valora la venta de Lucas Pérez como una "importante operación"". Marca. 30 de agosto de 2016.  (en castelán)
  38. "Joselu Mato, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2016.  (en castelán)
  39. "Joselu sufre un esguince de rodilla: entre seis y ocho semanas de baja". Marca. 11 de setembro de 2016.  (en castelán)
  40. "Ryan Babel: es un sueño hecho realidad jugar en la Liga española". Deportivo da Coruña. 15 de setembro de 2016.  (en castelán)
  41. "Falleció Gento II, jugador del Dépor en el histórico ascenso de 1962". Deportivo da Coruña. 15 de setembro de 2016.  (en castelán)
  42. "Riazor descenderá 30 centímetros". La Voz de Galicia. 4 de outubro de 2016.  (en castelán)
  43. "El lunes comenzarán las actuaciones para la sustitución completa del césped del estadio de Riazor". Deportivo da Coruña. 30 de setembro de 2016.  (en castelán)
  44. "Comienzan las obras de sustitución del césped y del sistema de riego de Riazor". La Voz de Galicia. 3 de outubro de 2016.  (en castelán)
  45. "Concluyen las obras de cambio del sistema de riego y césped del Estadio de Riazor". Deportivo da Coruña. 29 de outubro de 2016.  (en castelán)
  46. "Dépor y Concello de Arteixo firman el convenio para el uso de Ponte dos Brozos del equipo femenino". Deportivo da Coruña. 27 de outubro de 2016.  (en castelán)
  47. "Convocatoria Junta General Ordinaria y Extraordinaria de Accionistas del RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 29 de outubro de 2016.  (en castelán)
  48. "Comunicado del RC Deportivo sobre propuesta de sanciones de la Comisión Estatal contra la violencia". Deportivo da Coruña. 29 de outubro de 2016.  (en castelán)
  49. "Luckia, nuevo patrocinador del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 31 de outubro de 2016.  (en castelán)
  50. "Inscrita en el Registro Mercantil la cuarta fase de la ampliación de capital". Deportivo da Coruña. 2 de novembro de 2016.  (en castelán)
  51. "José González-Dans, nuevo director corporativo del RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 8 de novembro de 2016.  (en castelán)
  52. "El Deportivo aparta a Pinchi del trabajo de grupo". La Voz de Galicia. 27 de novembro de 2016.  (en castelán)
  53. "Pinchi pide perdón en Twitter". As. 29 de novembro de 2016.  (en castelán)
  54. "El Dépor aprueba las cuentas anuales". Marca. 1 de decembro de 2016.  (en castelán)
  55. "Falece Polo, extremo dereito do Dépor entre 1955 e 1959". Deportivo da Coruña. 12 de decembro de 2016. 
  56. "Archivado sin culpables el 'caso Jimmy'". Marca. 21 de decembro de 2016 (en castelán). 
  57. "Comunicado do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 21 de decembro de 2016. 
  58. "El Depor muestra su profunda sorpresa, absoluta decepción y total indignación". Marca. 21 de decembro de 2016 (en castelán). 
  59. "O Real Club Deportivo amplía o contrato de Sidnei ata 2020". Deportivo da Coruña. 21 de decembro de 2016. 
  60. "Babel anuncia que no continuará en el Deportivo". Marca. 21 de decembro de 2016 (en castelán). 
  61. "Ola John, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 13 de xaneiro de 2017. 
  62. "Ola John: "Estou contento de estar aquí, nun gran club, cunha gran historia"". Deportivo da Coruña. 13 de xaneiro de 2017. 
  63. "Kakuta: "El Deportivo juega un fútbol que me gusta, juega bien el balón"". Marca. 17 de xaneiro de 2017 (en castelán). 
  64. "Raquel e Tere, primeiras xogadoras profesionais do RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 18 de xaneiro de 2017. 
  65. "Acordo para que Borja Valle xogue cedido no Elche". Deportivo da Coruña. 18 de xaneiro de 2017. 
  66. "Carlos Alberto Silva, adestrador deportivista en 1997, falece en Brasil". Deportivo da Coruña. 20 de xaneiro de 2017. 
  67. "Davy Roef, novo xogador do Deportivo". Deportivo da Coruña. 24 de xaneiro de 2017. 
  68. "Rubén, cedido ao Anderlecht ata final de temporada". Deportivo da Coruña. 24 de xaneiro de 2017. 
  69. "O Real Club Deportivo alcanza os 25.000 accionistas". Deportivo da Coruña. 29 de xaneiro de 2017. 
  70. "Fede Cartabia, novo xogador do Deportivo, cedido ao Sporting Braga". Deportivo da Coruña. 31 de xaneiro de 2017. 
  71. "Fede Cartabia jugará en el Dépor a partir de junio". Marca. 31 de xaneiro de 2017. 
  72. "Macron, patrocinador técnico do Real Club Deportivo 2017-2021". Deportivo da Coruña. 2 de febreiro de 2017. 
  73. "El Dépor anuncia un acuerdo con Macron hasta 2021". La Voz de Galicia. 2 de febreiro de 2017.  (en castelán)
  74. "Suspendido el Deportivo-Betis por los destrozos del temporal en las cubiertas de Riazor". Deportivo da Coruña. 3 de febreiro de 2017.  (en castelán)
  75. "El Deportivo-Betis se jugará el miércoles 8 de marzo". As. 15 de febreiro de 2017.  (en castelán)
  76. "O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Gaizka Garitano". Deportivo da Coruña. 26 de febreiro de 2017. 
  77. "Pepe Mel, novo adestrador do RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 28 de febreiro de 2017. 
  78. "O Tribunal Supremo falla en contra do RC Deportivo na clasificación da débeda coa AEAT". Deportivo da Coruña. 15 de marzo de 2017. 
  79. "El Supremo considera la deuda del Deportivo con Hacienda de 21,8 millones de euros como privilegiada". La Voz de Galicia. 15 de marzo de 2017 (en castelán). 
  80. "O RC Deportivo paraliza o proxecto de Museo como primeira medida de continxencia". Deportivo da Coruña. 17 de marzo de 2017. 
  81. "O RC Deportivo reduce débeda coa Axencia Tributaria por máis de 5 millóns de euros". Deportivo da Coruña. 3 de maio de 2017. 
  82. "O RC Deportivo pecha formalmente a ampliación de capital". Deportivo da Coruña. 19 de maio de 2017. 
  83. "O Fabril ascende a Segunda B ao grande". Deportivo da Coruña. 28 de maio de 2017. 
  84. "Mosquera y Lucas le dan la vuelta al partido ante el Eibar (2-1)". Deportivo da Coruña. 20 de agosto de 2016.  (en castelán)
  85. "El Athletic inflige al Dépor su primera derrota del curso (0-1)". Deportivo da Coruña. 11 de setembro de 2016.  (en castelán)
  86. "El Dépor cae víctima de la puntería del Leganés (1-2)". Deportivo da Coruña. 22 de setembro de 2016.  (en castelán)
  87. "Babel lleva al marcador en el último suspiro la superioridad del Dépor (2-1)". Deportivo da Coruña. 1 de outubro de 2016.  (en castelán)
  88. "Dépor y Valencia empatan a intensidad y goles en Riazor (1-1)". Deportivo da Coruña. 31 de outubro de 2016.  (en castelán)
  89. "Un penalti no pitado y el tiempo añadido se llevan los tres puntos de Riazor (2-3)". Deportivo da Coruña. 19 de novembro de 2016.  (en castelán)
  90. "Un golazo deja al Dépor sin nada tras merecer algo, o todo, en La Rosaleda (4-3)". Deportivo da Coruña. 26 de novembro de 2016.  (en castelán)
  91. "El Dépor arrolla a la Real Sociedad (5-1)". Deportivo da Coruña. 5 de decembro de 2016.  (en castelán)
  92. "Un solvente Dépor non dá opcións a Osasuna (2-0)". Deportivo da Coruña. 18 de decembro de 2016. 
  93. "Combate nulo entre Dépor e Villarreal (0-0)". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2017. 
  94. "O Dépor tutea ao Atlético na estrea de Pepe Mel (1-1)". Deportivo da Coruña. 2 de marzo de 2017. 
  95. "O Dépor de Mel suma e segue grazas a un penalti na prolongación (1-1)". Deportivo da Coruña. 8 de marzo de 2017. 
  96. "O Dépor pon aos seus pés ao líder de LaLiga (2-1)". Deportivo da Coruña. 12 de marzo de 2017. 
  97. "O Dépor pon aos seus pés ao líder de LaLiga (2-1)". Deportivo da Coruña. 19 de marzo de 2017. 
  98. "O Dépor volve deixarse a tranquilidade nos once metros (0-0)". Deportivo da Coruña. 5 de abril de 2017. 
  99. "Joselu e Mosquera poñen a salvación a tiro de pedra (2-0)". Deportivo da Coruña. 15 de abril de 2017. 
  100. "Ante o Madrid, acabou mal o que mal empezou (2-6)". Deportivo da Coruña. 26 de abril de 2017. 
  101. "O Dépor deixa escapar outra oportunidade de pechar a permanencia (1-2)". Deportivo da Coruña. 7 de maio de 2017. 
  102. "Goleada en 45 minutos para despedir a temporada (3-0)". Deportivo da Coruña. 20 de maio de 2017. 
  103. "Los octavos de final esperan al Dépor (3-1)". Deportivo da Coruña. 21 de decembro de 2016 (en castelán). 
  104. "Bruno Gama e Joselu manteñen vivo o soño copeiro (2-2)". Deportivo da Coruña. 3 de xaneiro de 2017.