Club Atlético de Madrid
Atlético de Madrid | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Atlético de Madrid, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Colchoeiros[1] | |||
Fundación | 26 de abril de 1903 | |||
Estadio | Wanda Metropolitano, Madrid, España | |||
Inauguración | 16 de setembro de 2017 | |||
Capacidade | 67.829 | |||
Presidente | ![]() | |||
Adestrador | ![]() | |||
Liga | Primeira División | |||
2016–17 | 3º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Páxina web | Páxina web | |||
| ||||
O Club Atlético de Madrid S.A.D., coñecido habitualmente como Atlético ou Atleti, é un club de fútbol español, da cidade de Madrid. Foi fundado o 26 de abril de 1903 e actualmente xoga na Primeira división da Liga española de fútbol.
O club exerce de local, dende a tempada 2017-18, no Wanda Metropolitano, despois de máis de medio século xogando no Estadio Vicente Calderón. O Atlético de Madrid é o terceiro club con máis títulos de liga (10), por detrás do Real Madrid e o FC Barcelona. Conta tamén con varios títulos continentais: dúas Europa League, dúas Supercopas e unha Recopa, ademais dunha Copa Intercontinental.
Actualmente o club ocupa o 5º lugar na clasificación histórica da Primeira División, por detrás do Real Madrid, FC Barcelona, Valencia CF e Athletic Club.
Índice
Uniforme[editar | editar a fonte]
- Uniforme titular: Camiseta branca e vermella a franxas verticais, pantalón azul e medias vermellas cunha franxa branca.
- Uniforme alternativo: Camiseta gris, pantalón gris e medias grises.
Estadio[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Estadio Vicente Calderón.
O Atlético de Madrid xoga de local no Estadio Vicente Calderón, propiedade do club. Inaugurado o 2 de outubro de 1966, ten unha capacidade de 54.471 espectadores (todos sentados). É un dos cinco estadios de España catalogado como "Estadio Elite" pola UEFA, o que o habilita para acoller finais da Liga de Campións da UEFA e da Copa da UEFA. Atópase no Paseo Virgen del Puerto, 67.
Ata a inauguración do Estadio Vicente Calderón en 1966, e desde mediados da década de 1920, o club, disputaba os seus encontros no Estadio Metropolitano de Madrid.
O Club Atlético de Madrid B, pola súa banda, xoga de local no Miniestadio Cerro do Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.500 espectadores aproximadamente, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda.
O futuro cambio de estadio[editar | editar a fonte]
O Atlético de Madrid, a cervexeira Mahou e o Concello de Madrid asinaron o 30 de xullo de 2007 un acordo polo cal se recalifican os terreos da zona que actualmente ocupan o estadio Vicente Calderón e a cervexeira Mahou, pasando a ser propiedade do club o Estadio Olímpico de Madrid, máis coñecido como La Peineta.[2]
En 2011 a empresa FCC comezaba as obras do novo estadio, que terá capacidade para 67.500 espectadores, case todas elas cubertas. O 5 de decembro de 2011 o Atlético presentou nun acto oficial o proxecto do novo estadio, cuxa finalización está prevista para 2015 e que será tamén, como o actual, propiedade do club.[3]
Datos do club[editar | editar a fonte]
Últimas tempadas[editar | editar a fonte]
Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | LC | RE | UEFA |
---|---|---|---|---|---|---|
1989/90 | 1ª | 4º | 1/8 | 1/38 | ||
1990/91 | 1ª | 2º | ![]() |
1/32 | ||
1991/92 | 1ª | 3º | ![]() |
1/4 | ||
1992/93 | 1ª | 6º | 1/8 | Semifinal | ||
1993/94 | 1ª | 12º | 1/8 | 1/16 | ||
1994/95 | 1ª | 14º | 1/4 | |||
1995/96 | 1ª | 1º ![]() |
![]() |
|||
1996/97 | 1ª | 5º | 1/4 | 1/4 | ||
1997/98 | 1ª | 7º | 1/8 | Semifinal | ||
1998/99 | 1ª | 13º | Subcampión | Semifinal | ||
1999/00 | 1ª | 19º ![]() |
Subcampión | 1/8 | ||
2000/01 | 2ª | 4º | Semifinal | |||
2001/02 | 2ª | 1º ![]() |
1/32 |
Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei | LC | UEFA |
---|---|---|---|---|---|
2002/03 | 1ª | 12º | 1/4 | ||
2003/04 | 1ª | 7º | 1/4 | ||
2004/05 | 1ª | 11º | Semifinal | 1/16 | |
2005/06 | 1ª | 10º | 1/8 | ||
2006/07 | 1ª | 7º | 1/8 | ||
2007/08 | 1ª | 4º | 1/4 | 1/16 | |
2008/09 | 1ª | 4º | 1/8 | 1/8 | |
2009/10 | 1ª | 9º | Subcampión | ![]() | |
2010/11 | 1ª | 7º | 1/16 | ||
2011/12 | 1ª | 5º | 1/16 | ![]() | |
2012/13 | 1ª | 3º | ![]() |
1/16 | |
2013/14 | 1ª | 1º ![]() |
1/2 | Subcampión | |
2014/15 | 1ª | 3º | 1/4 | 1/4 |
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
Actualizado a 31 de agosto de 2016.
|
|
- Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Atlético de Madrid B e como tales, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.
Historia[editar | editar a fonte]
Xogadores míticos[editar | editar a fonte]
Presidencia[editar | editar a fonte]
O actual presidente do Club Atlético de Madrid é Enrique Cerezo, un produtor cinematográfico que asumiu o cargo no ano 2003, trala dimisión de Jesús Gil.
|
|
Palmarés[editar | editar a fonte]
Torneos rexionais[editar | editar a fonte]
- Campionato Rexional (4): 1920-21, 1924-25, 1927-28 e 1939-40
- Copa Presidente Federación Castellana (1): 1940-41
Torneos nacionais[editar | editar a fonte]
- Liga de España (10): 1939–40, 1940–41, 1949–50, 1950–51, 1965–66, 1969–70, 1972–73, 1976–77, 1995–96, 2013–14
- Copa do Rei (10): 1959–60, 1960–61, 1964–65, 1971–72, 1975–76, 1984–85, 1990–91, 1991–92, 1995–96, 2012–13
- Supercopa de España (2): 1985, 2014
- Copa Eva Duarte (2): 1940, 1951
- Copa Presidente Federación Española de Fútbol (1): 1947
- Segunda División (1): 2001–02
- Subcampión da Liga de España (8): 1943–44, 1957–58, 1960–61, 1962–63, 1964–65, 1973–74, 1984–85, 1990–91
- Subcampión da Copa do Rei (9): 1921, 1926, 1956, 1964, 1975, 1987, 1999, 2001, 2009–10
- Subcampión de Copa da Liga (2): 1984, 1985
- Subcampión da Supercopa de España (4): 1991, 1992, 1996, 2013
- Subcampión da Copa Eva Duarte (1): 1950
- Subcampión de Segunda División (2): 1932–33, 1933–34
Torneos internacionais[editar | editar a fonte]
- UEFA Europa League (2): 2009–10, 2011–12
- Supercopa de Europa (2): 2010, 2012
- Recopa de Europa (1): 1961-62
- Copa Intercontinental (1): 1975
- Copa Intertoto da UEFA (1): 2007
- Copa Ibérica (1): 1991
- Subcampión da Copa de Europa/Liga de Campións (2): 1973-74, 2013-14
- Subcampión da Recopa de Europa (2): 1962-63, 1985-86
- Subcampión da Supercopa de Europa (1): 2014
- Subcampión da Copa Intertoto (1): 2004
Filial[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Club Atlético de Madrid B.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Televisión de Galicia (12/07/2014). "Mandzukic exerce xa como colchoeiro". Arquivado dende o orixinal o 04/12/2014. Consultado o 01/12/2014.
- ↑ El Mundo, 30/07/2007
- ↑ Web do Novo Estadio
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)
- Asociación Señales de Humo (en castelán) Asociación de afeccionados do Atlético de Madrid
|