Sevilla Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sevilla
Nome Sevilla Fútbol Club, S.A.D.
Alcume(s) Sevillistas,
Rojiblancos,
Filigranas,
Nervionenses
Fundación 14 de outubro de 1905 (109 anos)
Estadio Ramón Sánchez Pizjuán,
Sevilla, España
Inauguración 1958
Capacidade 45.500
Presidente España José Castro Carmona
Adestrador España Unai Emery
Liga Primeira División
2014–15
Vestimenta Umbro
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Sevilla Fútbol Club, S.A.D. é o club de fútbol decano da cidade de Sevilla, en Andalucía, fundado o 14 de outubro de 1905. Actualmente, milita na Primeira división española. Está clasificado na 7ª posición na clasificación histórica da Primeira división.[1]

Foi premiado pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol como mellor club do mundo en 2006 e 2007, sendo o único equipo en conseguir devandita distinción dous anos consecutivos.

É o equipo andaluz con máis títulos nacionais (1 Liga, 5 Copas do Rei e 1 Supercopa) e o único que ten nas súas vitrinas varios títulos internacionais oficiais (4 UEFA Europa League e 1 Supercopa de Europa). Tamén é o club de devandita comunidade que máis veces militou en Primeira División e o único que chegou a ser considerado o mellor club do mundo pola IFFHS, entrando no Top 25 no ano 2006.[2] Ademais ten tres títulos europeos, sendo, xunto ao Málaga CF, os únicos clubs de Andalucía que teñen un título internacional.

Himno[editar | editar a fonte]

O Sevilla FC posúe dous himnos oficiais:

  • Himno oficial do Sevilla FC: Himno que data do ano 1983. A letra foi escrita por Ángel Luís Osquiguilea de Roncales e a música foi composta por Manuel Osquiguilea de Roncales.
  • Himno do centenario do Sevilla FC: Composto no 2005 polo cantante Javier Labandón "El Arrebato", con motivo da celebración dos 100 anos da entidade. O himno do centenario chega a ser en España número 1 de vendas na categoría "singles" e consegue ser o himno dun club de fútbol máis vendido en toda a historia do fútbol español, alcanzado o 5º posto entre os singles máis vendidos nese ano.[3] O 9 de outubro de 2006 foille entregado no estadio Ramón Sánchez Pizjuán o disco de ouro polo himno do Centenario.

Escudo[editar | editar a fonte]

Primeiro escudo do Sevilla F.C. Bordado da camiseta dun xogador. Museo do Sevilla F. C.

Dende a súa fundación, o equipo utilizou un escudo de dobre círculo. No exterior estaba escrito o nome do club e a data da súa fundación: «SEVILLA FOOT-BALL CLUB 1905». O círculo interior, con fondo branco, tiña debuxadas as letras SFC entrelazadas entre si, tal e como aparecen no escudo actual. Este primeiro escudo foi deseñado por Juan Lafita, persoa moi vinculada á entidade, e fillo do pintor sevillano José Lafita y Blanco.

O segundo escudo foi deseñado en 1922 por Pablo Rodríguez Blanco, da Compañía de Augas. Dividiu o escudo en tres partes, e xunto formaban a silueta dun corazón. Á esquerda aparecen as tres figuras do escudo da cidade, San Isidoro, San Fernando e San Leandro. Á dereita aparecen as siglas SFC que aparecían no primeiro escudo de 1905.[4]

Na unión das tres partes, hai a silueta dun balón coas costuras que tiñan naquela época. Sobre as franxas brancas e vermellas hai varias hipóteses, a máis coherente era o desexo do deseñador de que o equipo adoptase como vestimenta oficial a camiseta a raias brancas e vermellas.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca con detalles vermellos, pantalón branco e medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias brancas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta azul turquesa, pantalón azul turquesa e medias amarelas.

Datos[editar | editar a fonte]

Datos en Liga[editar | editar a fonte]

Estadio[editar | editar a fonte]

O Sevilla xoga os seus partidos como local no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, con capacidade para 45.500 espectadores. O Ramón Sánchez Pizjuán inaugúrase o 7 de setembro de 1958, coa disputa dun encontro amigable que enfronta ao Sevilla FC co Real Jaén, e que finaliza co resultado de 3-3.

O estadio albergou varios acontecementos deportivos de gran importancia, como a final da Copa de Europa da tempada 1985-86, disputada o 7 de maio de 1986, na que o Steaua Bucarest de Romanía proclamouse campión tras derrotar ao FC Barcelona na quenda de penaltis. Este estadio tamén acolleu dous encontros do Mundial de España de 1982, o partido URSS 1-2 Brasil, da primeira fase de clasificación, e o Alemaña Federal 3-3 Francia, de semifinais da competición, na cal a República Federal de Alemaña derrotou 5-4 a Francia na quenda de penaltis clasificándose para a final do Mundial.

Na fachada que dá á rúa Sevilla Fútbol Club, a que se pode admirar desde a Nervión Praza, áchase colocado un mosaico que cobre toda a fachada e que mostra o escudo do equipo na parte central, así como, nos laterais, os de todos os equipos que disputaron un encontro en tal campo antes de 1982, ano da súa colocación; e na parte baixa, as datas de traslado e siglas de todos os estadios que foron a súa sede.

Recentemente, con motivo da celebración do centenario do club, colocouse outro mosaico na fachada que dá á Avenida Eduardo Dato; este mostra a cidade de Sevilla e, sobre ela, flotando no vento, o escudo do club.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 1 de setembro de 2014.

Posto País Xogador
1 POR Flag of Argentina.svg Mariano Barbosa
2 DEF Francia Benoît Trémoulinas
3 DEF España Fernando Navarro Capitán
4 DEF Polonia Grzegorz Krychowiak
5 DEF Flag of Portugal.svg Diogo Figueiras
6 DEF Flag of Portugal.svg Daniel Carriço
7 DIA Francia Kévin Gameiro
8 MED Flag of Uruguay.svg Sebastián Cristóforo
9 DIA Flag of Colombia.svg Carlos Bacca
10 MED España José Antonio Reyes
11 DEF Flag of Brazil.svg Cicinho
12 MED España Vicente Iborra
13 POR Flag of Portugal.svg Beto
Posto País Xogador
14 DIA España Iago Aspas
15 DEF Francia Timothée Kolodziejczak
17 MED España Denis Suárez
18 MED España Gerard Deulofeu
19 MED Flag of Argentina.svg Éver Banega
20 MED España Vitolo
21 DEF Flag of Argentina.svg Nico Pareja
22 MED España Aleix Vidal
23 DEF España Coke
24 DEF España Alejandro Arribas
25 MED Flag of Cameroon.svg Stéphane Mbia
26 MED España Luismi
29 POR España Sergio Rico

Xogadores famosos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

  • Copa de Andalucía (17): 1916–17, 1918–19, 1919–20, 1920–21, 1922–23, 1923–24, 1924–25, 1925–26, 1926–27, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1931–32, 1935–36, 1938–39, 1939–40
  • Subcampión da Copa de Andalucía (3): 1915–16, 1917–18, 1927–28

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]