Juan Muntaner Roig
Muntaner | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Muntaner Roig | ||
Nacemento | 2 de febreiro de 1917 | ||
Lugar de nacemento | A Habana | ||
Falecemento | 30 de xullo de 2000 | ||
Lugar de falecemento | Barcelona | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1934–1937 | CE Europa | ||
1939–1940 | Barcelona | 9 | (0) |
1940–1942 | → Deportivo da Coruña | 33 | (2) |
1942–1945 | Deportivo da Coruña | 18 | (1) |
1946–1947 | CF Igualada | ||
1947–1948 | UE Sants | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Muntaner Roig, nado na Habana o 2 de febreiro de 1917 e finado en Barcelona o 30 de xullo de 2001, foi un futbolista cubano. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na Habana pero trasladouse sendo novo a Barcelona, onde se formou futbolisticamente, xogando no FC Gràcia e no CE Europa.[1] Na tempada 1939–40 debutou co FC Barcelona en Primeira División.
Na tempada 1940–41 foi cedido ao Deportivo da Coruña, adestrado por Hilario, ao ser destinado na Coruña para facer o servizo militar.[2] Ese mesmo ano participou do primeiro ascenso do club á Primeira División. Tras unha segunda tempada cedido en Primeira, o Deportivo chegou a un acordo co Barcelona, polo que ese club renunciaba aos dereitos do xogador a cambio da incorporación do defensa Montserrat.[3] Xogou tres tempadas máis no Deportivo, na máxima categoría, formando parte do mediocentro xunto a Reboredo, Cuqui Bienzobas e Manuel Guimeráns, pero disputando menos partidos ca estes. Como branquiazul firmou 63 partidos e anotou 3 goles, un deles contra o seu ex-equipo, o Barcelona.
Posteriormente xogou no Igualada e no Sants.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Juan Muntané, el ya popular medio ala del Europa es cubano". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de setembro de 1936. p. 3. Consultado o 14 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Muntané, barcelonista que juega contra sus colores". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de marzo de 1942. p. 1. Consultado o 14 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Retenciones y traspasos". El Ideal Gallego (en castelán) (8050). 17 de xuño de 1942. p. 4. Consultado o 29 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
![]() |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |