Mariano Hoyas de la Cruz
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1970 (54 anos) Plasencia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1991 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Mariano Hoyas de la Cruz, nado en Plasencia o 19 de setembro de 1970, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no fútbol no equipo da súa cidade natal e en 1990 pasa a formar parte do Deportivo B, no que xogou un ano. Na tempada 1991–92 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División nun encontro fronte ao Valencia CF no estadio de Mestalla na primeira xornada, rematando Mariano expulsado e o equipo coruñés derrotado (1–2). Esa mesma tempada xogou 25 partidos máis.
Nos dous anos seguintes perdeu progresivamente a titularidade no Deportivo, o que provocou o seu traspaso ao Celta de Vigo de cara á tempada 1994–95. No equipo de Balaídos fíxose cun oco no once titular e chegou a xogar 36 partidos na súa primeira tempada no club.
Na tempada 1996–97 foi contratado polo Mérida UD, equipo de Segunda División co que ascendería ao remate desa primeira campaña. Neste club permaneceu até 2000, xogando a tempada 1997–98 en Primeira División. De cara a tempada 2000–01 foi contratado polo Recreativo de Huelva, tamén de Segunda, coa mala sorte de sufrir unha grave lesión no segundo partido de Liga que o deixou practicamente en branco durante dous anos.
Na tempada 2002–03 xogou no FC Cartagena de Segunda División B, retirándose do fútbol ao remate desa campaña. Na actualidade é o encargado das categorías inferiores do UP Plasencia, labor que combina coa de axente FIFA.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ortiz, José María (15 de xullo de 2009). "Mariano Hoyas y Martínez Doblas, entre los agentes extremeños". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2010.