José Luis Vara
José Luis Vara | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Vara Olveira | ||
Nacemento | 5 de outubro de 1958 | ||
Lugar de nacemento | Muros | ||
Falecemento | 23 de abril de 2009 | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
?–1973 | Esteirana | ||
1973–? | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
?–1979 | Fabril Deportivo | ||
1979–1987 | Deportivo da Coruña | 221 | (56) |
1987–1990 | Betis | 69 | (7) |
1990–1991 | Orihuela | 29 | (1) |
1991–1994 | Granada | 87 | (13) |
1994 | Xove Lago | ||
Adestrador | |||
1995–1997 | Ordes | ||
1997–1999 | Malpica | ||
1999–2000 | Atlético Arteixo | ||
2000–2004 | Bergantiños | ||
2004–2005 | Laracha | ||
2006 | Racing de Ferrol | ||
2006–2007 | Laracha | ||
2007–2008 | Cerceda | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Luis Vara Olveira, nado en Tal (Muros) o 5 de outubro de 1958 e finado na Coruña o 23 de abril de 2009, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
José Luis Vara comezou xogando de rapaz no Esteirana, fichando como xuvenil no Deportivo da Coruña en 1973, dende onde pasou ao Fabril Deportivo e en 1979 debutou no cadro titular do Deportivo, en Segunda División. Xogou coa entidade coruñesa nove temporadas, ata que en 1987 foi traspasado ao Betis, que naquela altura xogaba en Primeira División e onde xogou ata 1990. Durante catro temporadas máis continuou xogando en Andalucía, primeiro no Orihuela, co que adestrou unha tempada en Segunda, e logo no Granada, durante tres temporadas de 1991 a 1994. Nese ano fichou polo Xove Lago, pero sen rematar a temporada retirouse da práctica activa do deporte.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Ao remate da súa carreira como futbolista dedicouse a adestrar. En 1995 fichou polo Ordes, onde estivo dúas tempadas, e logo outras dúas co Malpica (1997-1999), co que conseguiu o ascenso a Terceira, o Atlético Arteixo (1999–00), o Bergantiños (catro temporadas, do 2000 ao 20004) e o Laracha en Terceira (2004–05), co que conseguiu disputar unha fase de ascenso a Segunda B, sen éxito, baixo a dirección deportiva de Pedro Vila.
En 2006 foi fichado como adestrador do Racing de Ferrol de Segunda División por Isidro Silveira Cameselle para substituír a Juan Veiga: co equipo ferrolán rematou a temporada 2005–06 pero non evitou o descenso do club a Segunda B. Vara foi destituído e o seu posto ocupouno Manolo García. Á temporada seguinte marchou para o banco do Laracha de novo, e logo en 2007 para o do Cerceda, que finalmente abandonou en xuño de 2008 por motivos de saúde.
O 23 de abril de 2009 faleceu na súa casa da Coruña como consecuencia dun cancro de páncreas.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1958
- Finados en 2009
- Nados en Muros
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Betis Balompié
- Xogadores do Orihuela Deportiva CF
- Xogadores do Granada CF
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Racing de Ferrol
- Adestradores do SD Órdenes
- Xogadores da UD Xove Lago
- Adestradores do Atlético Arteixo
- Adestradores da SCD Malpica
- Adestradores do Bergantiños FC
- Adestradores do Laracha CF
- Finados por cancro de páncreas