Club Voleibol Zalaeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O Club Voleibol Zalaeta ou Fisiomás Zalaeta por motivos de patrocinio, é un equipo de voleibol da cidade da Coruña (Galiza). Actualmente compite na Superliga española 2 de voleibol feminino, a segunda categoría do voleibol nacional. Xoga os seus partidos como local no Polideportivo do Barrio das Flores da capital herculina.

Historia[editar | editar a fonte]

O Zalaeta (en segundo plano) durante un partido en Torrelavega.

O Club Voleibol Zalaeta naceu en 1975 como Club Deportivo no seo do IES Ramón Menendez Pidal (Instituto Zalaeta) da Coruña, transformándose en 1990 no Club Instituto Zalaeta de Voleibol. Na actualidade desenvolve a súa actividade en torno ao voleibol, con equipos femininos e masculinos en tódalas categorías.

No ano 2000 consegue o ascenso a 1ªDivisión masculina (Grupo A) onde militou ata a tempada 2011-2012, participando en varias fases de ascenso a agora desaparecida Liga FEV.

Na tempada 2006-2007 conseguiría o ascenso a 1ª División feminina (Grupo A) onde o primeiro ano quedouse as portas de poder ascender, o que si foi capaz de facer na seguinte tempada, nunha fase de ascenso celebrada na cidade herculina. No primeiro ano na liga FEV conseguiu clasificarse para a fase de ascenso na que sucumbiu contra equipos que hoxe militan na actual Superliga (SFV). O seguinte ano (2011-2012) cambiarían os obxectivos despois de numerosos cambios na plantilla, e sálvase a categoría. Cara a seguinte temporada e tras unha restructuración das competicións nacionais o equipo queda encadrado na Superliga-2 (SFV2), categoría de prata do voleibol español, onde despois de chegar a liderar en dúas xornadas o grupo A, clasificase a fase de ascenso a Superliga feminina, e finaliza na sétima posición.

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

O Club Instituto Zalaeta conta con categorías inferiores tanto no apartado masculino coma no feminino.

Masculino[editar | editar a fonte]

No apartado masculino, logrouse o maior éxito na tempada 2007-2008 cando logra o título de Campión de España en Almería. Sendo o primeiro equipo en lograr o título de campión de España sen ceder nin un solo set co actual sistema de competición de 24 equipos. O adestrador de este equipo era Eloy Mahía, e os xogadores foron: Diego Mahía(c), Jorge Fernández, Juan Díaz-Romeral, Carlos Cuesta, Marco Zayas, Pablo Embudo, Miguel Ángel, Iván Pan, Jorge Lendoiro, Brais Gómez-Reino, Fernando Iglesias e Fernando Cueto.

Feminino[editar | editar a fonte]

Neste apartado o club leva cinco tempadas consecutivas clasificando o Campionato de España, acadando o seu maior éxito na tempada 2012-2013, acadando o 5º posto perdendo tan solo un partido. Os adestradores deste equipo foron Jorge Barrero e Asier Madrones. As xogadoras: Macarena Corbo, Patricia Santos, Sofía Hidalgo, Lydia Alonso, Andrea Rivas, Rita Prieto, Sara Díaz, Antía Rodríguez, Sara Rivera, Susana Suárez, Alba Quirós, Paula Martínez e Amelia Portero

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Listado de xogadores que acadaron a ser internacionais en calquera categoría

Masculino[editar | editar a fonte]

  • Jorge Fernández Valcarcel
  • Juan Díaz-Romeral Ruíz
  • Marco Zayas Arenales
  • Carlos Cuesta García
  • Fernando Daniel Cueto Pedrotti
  • Diego Mahía Cernadas (volei praia)

Feminino[editar | editar a fonte]

  • Patricia Suárez
  • María Galego
  • Antía Rodríguez
  • Amelia Portero
  • Lydia Alonso
  • Sara Díaz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]