Final da Copa do Rei de fútbol 2001/02

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Final da Copa do Rei de fútbol 2001/02

Estadio Santiago Bernabéu de Madrid, escenario da final.
Data6 de marzo de 2002
EstadioSantiago Bernabéu, Madrid
Asistencia75.000
ÁrbitroEspaña Mejuto González
TempoDespexado
7 °C

A final da Copa do Rei de fútbol 2001/02 foi a centésima final desde a creación da competición. Tivo lugar o 6 de marzo de 2002 no estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, e foi disputada entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña, con arbitraxe de Manuel Mejuto González. O Deportivo levantou o trofeo por segunda vez na súa historia cunha vitoria por 1-2, nun partido que pasou á historia como o Centenariazo, pois ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid.[1][2][3]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Foi a 35ª final de Copa do Rei para o Real Madrid, que contaba naquel momento con 17 títulos nas súas vitrinas. Facía dez anos dende a súa última presenza nunha final de Copa, a que perdera contra o Atlético de Madrid na campaña 1991/92. Para o Deportivo da Coruña foi a segunda final, sete anos despois da conquista do seu primeiro título contra o Valencia no mesmo estadio, o Santiago Bernabéu. No campionato de liga, o Real Madrid, vixente campión, ocupaba naquel momento a segunda posición, a un punto do líder, o Valencia; mentres que o Deportivo era terceiro.

O Real Madrid chegou á final eliminando polo camiño ao Pájara Playas, a UD Lanzarote, o Nàstic, o Rayo Vallecano e o Athletic de Bilbao. Pola súa banda, o Deportivo derrotou a Marino de Luanco, Cultural Leonesa, L'Hospitalet, Valladolid e Figueres. Por petición do Real Madrid, a RFEF elixiu como sede da final o Estadio Santiago Bernabéu e como data o 6 de marzo, o día no que o club cumpría 100 anos de historia.[4]

A final[editar | editar a fonte]

Resumo do partido[editar | editar a fonte]

O Deportivo saíu cun xogo ofensivo dende o primeiro momento e aos 2 minutos Diego Tristán tivo a primeira ocasión de gol, cun lanzamento dende a beira da área que puxo nun apuro a César.[5] Cando aínda non se cumpriran 6 minutos, chegou o primeiro gol para o equipo galego, obra de Sergio nunha xogada individual na que lle realizou un caneo a Fernando Hierro antes de internarse na área e superar ao porteiro do Real Madrid. Aos 38 minutos o Deportivo anotou o segundo, despois de que Diego Tristán rematase á portería un pase de Valerón.[5] No descanso Vicente del Bosque retirou a Pavón e deu entrada a Solari. O equipo conseguiu recortar distancias cun gol de Raúl a pase de Morientes, pero o Deportivo continuou dominando e o partido acabou co 1-2 no marcador.[5]

Detalles do partido[editar | editar a fonte]

Real Madrid 1 - 2 Deportivo da Coruña 6 de marzo de 2002, 21:00 (CET) – Santiago Bernabéu, Madrid
Asistencia: 75.000
Árbitro: Mejuto González
Raúl Anotado no 58º minuto 58' Informe
Sergio Anotado no 6º minuto 6'
Tristán Anotado no 37º minuto 37'
 

Aliñacións[editar | editar a fonte]

Real Madrid


Deportivo


(4-4-2)
GK 13 España César
DF 2 Galicia Míchel Salgado
DF 4 España Hierro (c) Amoestado no minuto 25º 25'
DF 22 España Pavón Sae aos 46 minutos 46'
DF 3 Roberto Carlos
MF 10 Portugal Figo Sae aos 83 minutos 83'
MF 24 Francia Makélélé
MF 6 España Helguera Amoestado no minuto 81º 81'
MF 5 Francia Zidane
FW 7 España Raúl
FW 9 España Morientes Sae aos 67 minutos 67'
Suplentes:
GK 1 España Casillas
MF 8 Inglaterra McManaman Entra aos 83 minutos 83'
MF 14 España Guti Entra aos 67 minutos 67'
MF 16 Flávio Conceição
MF 21 Solari Amoestado no minuto 65º 65' Entra aos 46 minutos 46'
Adestrador:
España Vicente del Bosque
(4-2-3-1)
GK 1 España Molina Amoestado no minuto 90º 90'
DF 12 Scaloni
DF 5 España César
DF 4 Naybet
DF 3 España Romero
MF 16 España Sergio
MF 6 Mauro Silva (c) Amoestado no minuto 10º 10'
MF 18 España Víctor Amoestado no minuto 31º 31' Sae aos 88 minutos 88'
MF 21 España Valerón Sae aos 62 minutos 62'
MF 10 Galicia Fran Amoestado no minuto 70º 70' Sae aos 83 minutos 83'
FW 9 España Tristán
Suplentes:
GK 13 Portugal Nuno
DF 15 España Capdevila Entra aos 83 minutos 83'
MF 8 Djalminha Entra aos 88 minutos 88'
MF 23 Duscher Entra aos 62 minutos 62'
FW 7 Países Baixos Makaay
Adestrador:
España Javier Irureta

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O partido pasou á historia co alcume de Centenariazo, xa que ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid, e o club tiña preparada unha gran celebración, que pensaba culminar co título de Copa. Agardábase que o equipo branco gañase a final con comodidade, xa que nese momento era un dos equipos máis competitivos de Europa (dous meses despois proclamouse campión de Europa) e a final disputábase no seu estadio, o Santiago Bernabéu.[1][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cordovilla, Anna (6 de marzo de 2017). "Hoy se cumplen 15 años del ‘Centenariazo’". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  2. "Centenariazo 2002" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  3. "Copa del Rey 2001/2002 - Final". footballdatabase.eu (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  4. Ortuño, Rubén (10 de febreiro de 2018). "El Centenariazo: una cura de humildad al madridismo" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Zárate, Óscar (7 de marzo de 2002). "La crónica". Mundo Deportivo (en castelán). p. 2. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  6. "O 'Centenariazo', o último título grande do Deportivo". La Opinión A Coruña (en castelán). EFE. 5 de marzo de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]