Paseiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con José Fernández Sánchez (pintor) (A Coruña 1913 - 1994).
Paseiro
Información persoal
Nome José Fernández Sánchez
Nacemento 20 de outubro de 1928 (95 anos)
Lugar de nacemento Sada
Falecemento 4 de decembro de 2020
Lugar de falecemento A Coruña
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1944–1946 Rayo Sadense
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1946–1951 Deportivo da Coruña 28 (21)
1946–1947 → Betanzos (cedido)
1949–1950Racing de Ferrol (cedido) 29 (16)
1950–1951Lucense (cedido) 9 (2)
1951–1953 Universidad de Chile
1953–1956 Espanyol 37 (15)
1956–1957 Jaén 24 (5)
1957–1958 Xerez 3 (0)
1958–1959 Fabril
Adestrador
1964 Sporting Sada
1966 Sporting Sada
1967–1968 SD Orzán
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

José Fernández Sánchez, coñecido como Paseiro, nado en Sada o 20 de outubro de 1928 e finado o 4 de decembro de 2020, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no ano 1944, no Rayo Sadense, equipo no que militou ata a tempada 1946–47, cando foi fichado polo Deportivo da Coruña, sendo cedido na primeira tempada ao Betanzos.[1]

Xa na Coruña na tempada 1947–48, co club branquiazul en Segunda División, foi un habitual no once de Luis Urquiri, formando dianteira xunto con Manuel Oliveros, Manuel Marquínez e Chao. Ese ano o conxunto coruñés logrou o ascenso a Primeira División e Paseiro foi o máximo goleador do equipo con 21 goles.

Na tempada 1948–49 debutou en Primeira División co Deportivo, da man de Gabriel Andonegui. No seu debut, nun encontro en Riazor fronte o RCD Espanyol, estreouse tamén como goleador en Primeira, anotando os tres tantos do conxunto coruñés (3–0). Nesa campaña tan só participou en 3 encontros de liga, debido a un esquema de xogo distinto, e a chegada do arxentino Rafael Franco.

Nas dúas tempadas seguintes xogou cedido no Racing de Ferrol e na Lucense, ambos en Segunda División. Volveu á Coruña en febreiro de 1951 para xogar co Deportivo os últimos partidos da tempada e no verán marchou a América para xogar no Universidad de Chile, club adestrado por Alejandro Scopelli, con quen coincidira no Deportivo.[2][3]

Debutou fronte ao Colo-Colo, anotando un gol. Xogou un total de 41 partidos no club azul, marcando 22 goles, destacando os dous goles que anotou no Clásico Universitario fronte ao Universidad Católica.[4] Tras un ano e medio en Chile volveu a España en xaneiro de 1953 para fichar polo Espanyol, de novo con Scopelli, club co que xogou a segunda parte desa tempada e tres máis, disputando só 41 partidos e anotando 18 goles. A continuación pasou polo Real Jaén e o Xerez, antes de volver á Coruña onde se dedicou ao transporte de peixe e xogou co Fabril en Terceira División a tempada 1958–59.[5][6]

Despois de retirarse da práctica do fútbol foi adestrador do Sporting Sada en dúas etapas, dun equipo xuvenil en Chile e do SD Orzán, gañando con este último o Campionato Galego de Afeccionados na tempada 1967/68 e de xeito invicto.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "En Paseiro puede tener el Deportivo un espléndido delantero centro". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de setembro de 1947. p. 5. 
  2. "Paseiro regresa a Lugo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 10 de febreiro de 1951. p. 5. 
  3. "Paseiro se va a Chile". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 1951. p. 4. 
  4. "Los tres jugadores 'exóticos' que defendieron la camiseta de la U" (en castelán). 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  5. "5 minutos de charla con Paseiro". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 1958. p. 8. 
  6. "Paseiro y Benjamín firmaron ayer". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 23 de agosto de 1958. p. 6. 
  7. "El Orzán recibido en el ayuntamiento". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1968. p. 11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]