Riki
Riki | |||
---|---|---|---|
![]() Riki xogando para o Deportivo. | |||
Información persoal | |||
Nome | Iván Sánchez-Rico Soto | ||
Nacemento | 11 de agosto de 1980 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Aranjuez | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1986–1995 | Loyola | ||
1995–1999 | Ancora Aranjuez | ||
1999–2000 | Aranjuez | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1999–2000 | Aranjuez | ||
2000–2002 | Real Madrid C | ||
2002–2004 | Real Madrid B | 51 | (20) |
2004–2006 | Getafe | 61 | (10) |
2006–2013 | Deportivo da Coruña | 204 | (52) |
2013–2015 | Granada | 36 | (2) |
2015–2016 | Guadalajara | 11 | (4) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Iván Sánchez-Rico Soto, alcumado Riki, nado en Aranjuez o 11 de agosto de 1980, é un ex-futbolista español. Xogaba na posición de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Riki empezou a súa carreira futbolística na AD Ancora Aranjuez desde os 14 ata os 19 anos, de aí pasou a xogar co Real Aranjuez de Terceira División.
No ano 2000 entrou no terceiro equipo do Real Madrid onde estivo dúas tempadas antes de subir ao segundo equipo. No Real Madrid B foi onde empezou a destacar, ata que na tempada 2004–05 fichou polo Getafe CF de Quique Sánchez Flores.
Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]
Logo de dous bos anos en Primeira División fichou polo Deportivo da Coruña no verán de 2006.
Riki foi suplente durante a tempada 2007–08 debido ao gran momento do seu compañeiro Xisco. Coa marcha do balear ao Newcastle United e as cesións de Rubén Castro ao SD Huesca e Taborda ao Hércules CF no mercado estival e a pouca confianza do adestrador Miguel Ángel Lotina en Rodolfo Bodipo, Riki pasou a ser o dianteiro titular na tempada 2008–09, na que fixo unha gran precampaña. Por desgraza unha lesión de carácter muscular no primeiro encontro de liga contra o Real Madrid tívoo apartado do equipo un mes, tempo no que, o en principio descartado Rodolfo Bodipo, conseguiu arrebatarlle a titularidade debido á inoperancia das novas fichaxes Omar Bravo, chegado do Club Deportivo Guadalajara mexicano, quen estaba dando un gran rendemento en Copa do Rei, e Mista, fichado do Atlético de Madrid e que só marcou no citado partido contra o Real Madrid. Tras uns meses á sombra de Rodolfo Bodipo que recuperara o instinto goleador, Riki volveu á titularidade debido a unha lesión de igual carácter que a do madrileño na primeira volta que afectou a Bodipo e tamén contra o Real Madrid.
Na tempada 2009–10 converteuse no máximo goleador do equipo, con 6 goles, a pesar das tres lesións que sufriu durante a temporada. En abril de 2010 renovou o seu contrato co Deportivo da Coruña ata o ano 2013.[1]
O 3 de xuño de 2013 anunciou que non continuaría no Deportivo.[2] En xuño de 2013 firmou por tres campañas co Granada.[3]
O 31 de agosto de 2015 firmou por dous anos polo CD Guadalajara, de Segunda División B.[4]
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Actualizado a 1 de xuño de 2013.
Club | Tempada | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | ||
Deportivo da Coruña | 2012–13 | 36 | 13 | 0 | 0 | – | – | 36 | 13 |
2011–12 | 30 | 14 | 2 | 1 | – | – | 32 | 15 | |
2010–11 | 19 | 3 | 3 | 2 | – | – | 22 | 5 | |
2009–10 | 26 | 8 | 2 | 0 | – | – | 28 | 8 | |
2008–09 | 28 | 6 | 2 | 1 | 6 | 2 | 36 | 9 | |
2007–08 | 32 | 5 | 2 | 0 | – | – | 34 | 5 | |
2006–07 | 33 | 3 | 4 | 0 | – | – | 37 | 3 | |
Getafe | 2005–06 | 32 | 8 | 3 | 2 | – | – | 35 | 10 |
2004–05 | 29 | 2 | 3 | 2 | – | – | 32 | 4 | |
Real Madrid B | 2003–04 | 32 | 18 | – | – | – | – | 32 | 18 |
2002–03 | 19 | 2 | – | – | – | – | 19 | 2 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo