Segunda división española de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Segunda División Española")
LaLiga 1|2|3
LaLiga 1,2,3.svg
Fundación 1929
Rexión Flag of Spain.svg España
Confederación Flag of Europe.svg UEFA
Equipos 22
Copa Copa do Rei
Ascenso Primeira División
Descenso Segunda División B
Actual campión Deportivo Alavés (4º título)
Máis laureado Real Murcia (8 títulos)
Televisión Movistar+
GOL
Organizador Liga de Fútbol Profesional
Sitio web www.lfp.es
Soccerball current event.svg Segunda División 2016–17

A Segunda División, coñecida como LaLiga2 ou por motivos de patrocinio como LaLiga 1|2|3, é a segunda categoría da Liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Segunda División B.

En xogo dende a tempada 1928-1929, está organizada pola Liga de Fútbol Profesional, sendo unha das dúas ligas profesionais de fútbol existentes no Estado xunto coa Primeira.

Historia[editar | editar a fonte]

A liga de Segunda División comezou na tempada 1928–29, ao tempo que a Primeira División. Na súa primeira edición participaron os seguintes clubs:

Grupo A Grupo B
(Categoría inferior)

Ao longo dos anos cambiou o número de equipos participantes, así como o formato da competición. En 1934 a categoría dividiuse en varios grupos, unha estrutura que se mantería durante varios anos, ata 1968, cando se recuperou o grupo único que se mantén na actualidade. En 1977 pasou a chamarse oficialmente Segunda División A, pola creación da Segunda División B. Desde 1984 está organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

Nas tempadas 2006–07 e 2007–08 recibiu o nome de Liga BBVA debido ao acordo de patrocinio entre a LFP e o banco BBVA.[1] A partir da tempada 2008–09 esta denominación é a da Primeira División, pasando a chamarse a Segunda División Liga Adelante. En 2007 o Granada 74 compróu a súa praza na categoría ao Ciudad de Murcia, un caso inédito no fútbol español, polo que xogou a tempada 2007-2008 en Segunda División, mentres que o Ciudad de Murcia, tras quedar en 4ª posición na liga, fíxoo en Terceira, categoría na que ocupaba unha praza o seu filial.

Na tempada 2011/12, o Deportivo da Coruña bateu o récord de puntos, ao proclamarse campión con 91.[2] O equipo que máis tempadas militou en Segunda División A é o Real Murcia con 53, sendo ademais o equipo con máis títulos de campión, 9. A Sociedad Deportiva Eibar ten o récord do número de tempadas consecutivas nesta categoría (18 anos), dende 1988 ata 2006. Desde a temporada 2016-17 a liga recibe o nome de LaLiga2.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Posto Clasificación
Ascenso a Primeira División
Promoción de ascenso a Primeira
7º-18º
19º Descenso a Segunda División B
20º
21º
22º

É similar ao sistema da Primeira División. A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os 22 equipos participantes enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha vez en cada campo, ao longo da tempada. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate entre dous equipos nun mesmo partido, hai un punto para ambos.

Ascenso[editar | editar a fonte]

Ao termo da tempada (42 xornadas), o equipo que máis puntos obteña proclámase campión de Segunda División e é ascendido directamente a Primeira División para a próxima tempada, xunto co subcampión.

Tamén ascende o gañador dunha promoción entre o 3º, 4º, 5º e 6º clasificados. O sistema desta promocion é a partidos de ida e volta entre o 3º e o 6º e entre o 4º e 5º, os gañadores desta eliminatoria pasarán a disputar outra eliminatoria a ida e volta de onde saldrá o terceiro equipo que ascenderá. O partido de volta xógase sempre no campo do equipo mellor clasificado durante a liga regular. Tamén en caso de empate nos 90 minutos regulamentarios e na prórroga, clasificarase ou ascenderá o equipo que mellor quede clasificado durante as 42 xornadas da liga regular, sen disputar unha quenda de penaltis.

As vacantes dos tres ascendidos cóbrenas os equipos que terminan nos tres últimos postos de Primeira División.

Descenso[editar | editar a fonte]

Pola súa banda, os catro últimos clasificados de Segunda División A o termo da tempada son relegados a Segunda División B a seguinte tempada, sendo substituídos polos catro gañadores das promocións de ascenso de devandita categoría.

Equipos filiais[editar | editar a fonte]

Un club pode ter un equipo filial en Segunda División se o seu primeiro equipos compite Primeira División. Dado que os segundos equipos non poden xogar en Primeira División, se un filial termina a tempada entre os tres primeiros clasificados, é o cuarto clasificado o que ascende. Así mesmo, se un equipo descende de Primeira a Segunda A e a súa filial milita en devandita categoría, este é automaticamente descendido a Segunda B, aínda que deportivamente logre a permanencia.

Participantes[editar | editar a fonte]

Equipos de LaLiga2[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os equipos que participan na temporada 2016-17 de LaLiga2.
Segunda división española de fútbol is located in España
Illas Canarias (ver debaixo)
Equipos da temporada 2016–17
Segunda división española de fútbol is located in Canarias
Equipo Cidade Estadio
Alcorcón Comunidade de Madrid Alcorcón Santo Domingo
Almería Andalucía Almería Juegos Mediterráneos
Cádiz Andalucía Cádiz Ramón de Carranza
Córdoba Andalucía Córdoba Nuevo Arcángel
Elche Flag of the Valencian Community (2x3).svg Elx Martínez Valero
Getafe Comunidade de Madrid Xetafe Coliseum Alfonso Pérez
Gimnàstic Cataluña Tarragona Nou Estadi
Girona Cataluña Xirona Montilivi
Huesca Aragón Huesca El Alcoraz
Levante Flag of the Valencian Community (2x3).svg Valencia Ciutat de València
Lugo Galicia Lugo Anxo Carro
Mallorca Illas Baleares Palma Iberostar Estadi
Mirandés Castela e León Miranda de Ebro Anduva
Numancia Castela e León Soria Los Pajaritos
Oviedo Asturias Oviedo Carlos Tartiere
Rayo Vallecano Comunidade de Madrid Madrid Vallecas
Reus Deportiu Cataluña Reus Camp Nou Municipal
Sevilla Atlético Andalucía Sevilla Viejo Nervión
Tenerife Canarias Santa Cruz de Tenerife Heliodoro Rodríguez López
UCAM Murcia Murcia Murcia La Condomina
Valladolid Castela e León Valladolid José Zorrilla
Zaragoza Aragón Zaragoza La Romareda

Persoal e patrocinios[editar | editar a fonte]

Equipo Presidente Adestrador Capitán Provedor Patrocinador
Alcorcón Ignacio Legido Flag of Romania.svg Cosmin Contra Erreà Ecotisa
Almería Alfonso García Gabarrón España Fernando Soriano Flag of Argentina.svg Sebastián Dubarbier Nike Urcisol
Cádiz Manuel Vizcaíno España Álvaro Cervera España Sergio Mantecón Hummel
Córdoba Carlos González España José Luis Oltra España Xisco Acerbis RD Impagos
Elche Xunta Xestora España Alberto Toril España Lolo Kelme Gioseppo
Getafe Ángel Torres Flag of Argentina.svg Juan Esnáider Joma
Gimnàstic Josep María Andreu España Vicente Moreno España Xisco Campos Hummel Sorigué
Girona Delfí Geli España Pablo Machín Galicia Richy Kappa City Lift
Huesca Fernando Losfablos España Juan Antonio Anquela España Juanjo Camacho Bemiser Supermercados Simply
Levante Quico Catalán España Juan Ramón Muñiz Macron East United
Lugo Tino Saqués Galicia Luis César Sampedro Galicia Manu Hummel Estrella Galicia
Mallorca Robert Sarver Galicia Fernando Vázquez Macron Syntellix
Mirandés Alfredo de Miguel España Carlos Terrazas España Álvaro Corral Adidas Vivir Miranda
Numancia Francisco Rubio España Jagoba Arrasate Erreà Soria Natural
Oviedo Jorge Menéndez España Fernando Hierro España Diego Cervero Adidas GAM
Rayo Vallecano Martín Presa España José Ramón Sandoval Kelme
Reus Deportiu Xavier Llastarri España Natxo González Kappa Borges
Sevilla Atlético José Castro Galicia Diego Martínez España Antonio Cotán New Balance
Tenerife Miguel Concepción España José Luis Martí España Suso Hummel Tenerife
UCAM Murcia José Luis Mendoza España José María Salmerón España Ángel Robles Nike UCAM
Valladolid Carlos Suárez España Paco Herrera España Álvaro Rubio Hummel Cuatro Rayas
Zaragoza Christian Lapetra España Luis Milla Mercury Caravan Fragancias

Historial de tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Outros equipos ascendidos
1928–29 Sevilla (non ascendido) Real Zaragoza (non ascendido)
1929–30 Alavés Sporting de Gijón (non ascendido)
1930–31 Valencia Sevilla (non ascendido)
1931–32 Betis Balompié Oviedo CF (non ascendido)
1932–33 Oviedo CF Atlético de Madrid (non ascendido)
1933–34 Sevilla FC Atlético Madrid
1934–35 Hércules Osasuna
1935–36 Celta de Vigo Zaragoza
193637 Non se disputou
193738 Non se disputou
193839 Non se disputou
1939–40 Real Murcia Deportivo da Coruña (non ascendido)
1940–41 Granada Real Sociedad Castellón e Deportivo da Coruña
1941–42 Real Betis Real Zaragoza
1942–43 Sabadell Real Sociedad
1943–44 Sporting de Gijón Real Murcia
1944–45 Alcoyano Hércules Celta de Vigo
1945–46 Sabadell Deportivo da Coruña
1946–47 Alcoyano Gimnàstic Real Sociedad
1947–48 Real Valladolid Deportivo da Coruña
1948–49 Real Sociedad Málaga
Tempada Campión Grupo Norte Campión Grupo Sur Outros equipos ascendidos
1949–50 Racing de Santander Alcoyano Lleida e Real Murcia
1950–51 Sporting de Gijón Atlético Tetuán Real Zaragoza e Las Palmas
1951–52 Real Oviedo Málaga
1952–53 Osasuna Real Jaén
1953–54 Alavés Las Palmas Hércules e Málaga
1954–55 Cultural Leonesa Real Murcia
1955–56 Osasuna Real Jaén Real Zaragoza e Condal
1956–57 Sporting de Gijón Granada
1957–58 Real Oviedo Real Betis
1958–59 Elche CF Real Valladolid
1959–60 Racing de Santander Mallorca
1960–61 Osasuna Tenerife
1961–62 Deportivo da Coruña Córdoba Real Valladolid e Málaga
1962–63 Pontevedra Real Murcia Levante e Espanyol
1963–64 Deportivo da Coruña Las Palmas
1964–65 Pontevedra Mallorca Sabadell e Málaga
1965–66 Deportivo da Coruña Hércules Granada
1966–67 Real Sociedad Málaga Real Betis
1967–68 Deportivo da Coruña Granada
Tempada Campión Subcampión Outros equipos ascendidos
1968–69 Sevilla Celta de Vigo Mallorca
1969–70 Sporting de Gijón Málaga Espanyol
1970–71 Real Betis Burgos Deportivo da Coruña e Córdoba
1971–72 Real Oviedo Castellón Real Zaragoza
1972–73 Real Murcia Elche Racing de Santander
1973–74 Real Betis Hércules Salamanca
1974–75 Real Oviedo Racing de Santander Sevilla
1975–76 Burgos Celta de Vigo Málaga
1976–77 Sporting de Gijón Cádiz Rayo Vallecano
1977–78 Real Zaragoza Recreativo de Huelva Celta de Vigo
1978–79 AD Almería Málaga Real Betis
1979–80 Real Murcia Real Valladolid Osasuna
1980–81 Castellón Cádiz Racing de Santander
1981–82 Celta de Vigo Salamanca Málaga
1982–83 Real Murcia Cádiz Mallorca
1983–84 Castilla (non ascendido por ser o equipo filial) Bilbao Athletic (non ascendido por ser o equipo filial) Hércules, Racing de Santander e Elche
1984–85 Las Palmas Cádiz Celta de Vigo
1985–86 Real Murcia Sabadell Mallorca
1986–87 Valencia Logroñés Celta de Vigo
1987–88 Málaga Elche Real Oviedo
1988–89 Castellón Rayo Vallecano Mallorca e Tenerife
1989–90 Real Burgos Real Betis Espanyol
1990–91 Albacete Balompié Deportivo da Coruña
1991–92 Celta de Vigo Rayo Vallecano
1992–93 Lleida Real Valladolid Racing de Santander
1993–94 Espanyol Real Betis Compostela
1994–95 Mérida Rayo Vallecano Salamanca
1995–96 Hércules Logroñés Extremadura
1996–97 Mérida Salamanca Mallorca
1997–98 Alavés Extremadura Villarreal
1998–99 Málaga Atlético de Madrid B (non ascendido por ser o equipo filial) Numancia, Sevilla e Rayo Vallecano
1999–00 Las Palmas Osasuna Villarreal
2000–01 Sevilla Real Betis Tenerife
2001–02 Atlético de Madrid Racing de Santander Recreativo
2002–03 Real Murcia Real Zaragoza Albacete Balompié
2003–04 Levante Numancia Getafe
2004–05 Cádiz Celta de Vigo Alavés
2005–06 Recreativo de Huelva Gimnástic Levante
2006–07 Real Valladolid UD Almería Real Murcia
2007–08 Numancia Málaga Sporting de Gijón
2008–09 Xerez Real Zaragoza Tenerife
2009–10 Real Sociedad Hércules Levante
2010–11 Real Betis Rayo Vallecano Granada
2011–12 Deportivo da Coruña Celta de Vigo Real Valladolid
2012–13 Elche Villarreal UD Almería
2013–14 Eibar Deportivo da Coruña Córdoba
2014–15 Real Betis Sporting de Gijón Las Palmas
2015–16 Deportivo Alavés Leganés Osasuna

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Récords da categoría[editar | editar a fonte]

Equipos galegos[editar | editar a fonte]

Un total de 12 equipos galegos pasaron pola Segunda División na súa historia. Con sombreado os equipos que participan na competición durante a tempada 2016−17.

Posto Equipo Tempadas Puntos PX PG PE PP GF GC
12º Deportivo da Coruña 39 1382 1202 535 264 403 1842 1510
19º Celta de Vigo 32 1293 1032 466 260 306 1629 1142
28º Racing de Ferrol 34 1031 1054 366 229 459 1474 1745
53º CD Ourense 13 437 454 143 121 190 492 623
64º SD Compostela 7 335 282 97 90 95 332 334
66º Pontevedra CF 9 328 314 117 84 113 379 372
79º CD Lugo 5 238 206 60 65 81 202 249
118º UD Ourensá 3 82 92 33 16 43 141 177
120º SX Lucense 3 74 92 28 18 46 135 197
145º Deportivo Xuvenil 1 20 30 5 10 15 40 85
149º Arousa SC 1 17 30 7 3 20 44 84
158º Unión Sporting Club 1 7 14 3 1 10 27 52

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club Campión[3] Subcampión Anos dos campionatos
Real Murcia C.F.
8
2
1939/40, 1954/55, 1962/63, 1972/73, 1979/80, 1982/83, 1985/86 e 2002/03
Real Betis Balompié
7
5
1931/32, 1941/42, 1957/58, 1970/71, 1973/74, 2010/11 e 2014/15
R. C. Deportivo da Coruña
5
5
1961/62, 1963/64, 1965/66, 1967/68 e 2011/12
Real Oviedo
3
1932/33, 1951/52, 1957/58, 1971/72 e 1974/75
Real Sporting de Gijón
4
1943/44, 1950/51, 1956/57, 1969/70 e 1976/77
Sevilla F. C.
4
1
1928/29, 1933/34, 1968/69 e 2000/01
U.D. Las Palmas
-
1953/54, 1963/64, 1984/85 e 1999/00
Deportivo Alavés
-
1929/30, 1953/54, 1997/98 e 2015/16
R. C. Celta de Vigo
3
8
1935/36, 1981/82 e 1991/92
Hércules de Alicante C.F.
7
1934/35, 1965/66 e 1995/96
Real Valladolid C.F.
4
1947/48, 1958/59 e 2006/07
C.D. Málaga
4
1951/52, 1966/67 e 1987/88
Real Sociedad de Fútbol
2
1948/49, 1966/67 e 2009/10
C.A. Osasuna
2
1952/53, 1955/56 e 1960/61
Granada C.F.
1
1940/41, 1956/57 e 1967/68
C.D. Alcoyano
-
1944/45, 1946/47 e 1949/50
C.E. Sabadell F. C.
2
5
1942/43 e 1945/46
Real Racing Club de Santander
2
1949/50 e 1959/60
Elche C.F.
2
1958/59 e 2012/13
C.D. Castellón
1
1980/81 e 1988/89
Valencia C.F.
-
1930/31 e 1986/87
Real Jaén C.F.
-
1952/53 e 1955/56
R.C.D. Mallorca
-
1959/60 e 1964/65
Pontevedra C.F.
-
1962/63 e 1964/65
C. P. Mérida
-
1994/95 e 1996/97
Real Zaragoza
1
5
1977/78
Cádiz C.F.
4
2004/05
Club Atlético de Madrid
2
2001/02
Levante U.D.
2
2003/04
Club Atlético Tetuán
1
1950/51
C.D. Tenerife
1
1960/61
Córdoba C.F.
1
1961/62
Burgos C.F.
1
1975/76
U. E. Lleida
1
1992/93
R. C.D. Español
1
1993/94
Málaga C.F.
1
1998/99
R. C. Recreativo de Huelva
1
2005/06
Cultural y Deportiva Leonesa
-
1954/55
A.D. Almería
-
1978/79
Real Madrid Castilla C.F.
-
1983/84
Real Burgos C.F.
-
1989/90
Albacete Balompié
-
1990/91
C.D. Numancia de Soria
-
2007/08
Xerez C.D.
-
2008/09
S.D. Eibar
-
2013/14
Rayo Vallecano de Madrid
-
4
U.D. Salamanca
3
Club Gimnàstic de Tarragona
2
C.D. Logroñés
2
Barakaldo C.F.
1
Valencia C.F. Mestalla
1
C.F. Extremadura
1
Bilbao Athletic
1
Club Atlético de Madrid B
1
U.D. Almería
1
C.D. Puertollano
1
Club Atlético de Ceuta
1
C.D. Condal
1
Getafe C.F.
1
Iberia S.C.
1
Villarreal C.F.
1
C.D. Leganés
1
Club desaparecido

Notas[editar | editar a fonte]

  1. lfp.es - O BBVA e a LFP presentan o seu acordo de colaboración
  2. As, ed. (3 de xuño de 2012). "O Deportivo bate o récord de puntos en Segunda". 
  3. Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation (ed.). "Lista de campeones de Segunda División". Consultado o 11 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]