Joaquín Villa García
Joaquín Villa | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Joaquín Villa García | ||
Nacemento | 4 de xuño de 1961 (61 anos) | ||
Lugar de nacemento | Mieres | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1983–1990 | Sporting de Gijón | 133 | (27) |
1985–1986 | → Sabadell (cedido) | 32 | (7) |
1990–1993 | Deportivo da Coruña | 63 | (9) |
1993–1994 | Castellón | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Joaquín Villa García, nado en Mieres o 4 de xuño de 1961, é un ex futbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou na tempada 1983–84 en Primeira División co Sporting de Gijón, no partido correspondente á sétima xornada, o 16 de outubro de 1983, que enfrontou ao Sporting co Atlético de Madrid e que rematou con vitoria local (2–0). No club xixonés permaneceu a maior parte da súa carreira futbolística, xogando até a tempada 1989–90, todas en Primeira División.
Na tempada 1985–86 foi cedido ao CE Sabadell, de Segunda División, co que logrou o ascenso á Primeira.
Na tempada 1990–91 foi contratado polo Deportivo da Coruña, debutando o 2 de setembro de 1990 no primeiro partido da campaña, que se saldou con vitoria branquiazul sobre o Elche CF, en Riazor (2–0). Esa mesma campaña ascendeu co club galego á Primeira División, permanecendo no club coruñés até a tempada 1992–93.
Na tempada 1993–94 fichou polo CD Castellón, club de Segunda División no que non chegou a xogar ningún partido.