Estadio do Couto
| O Couto | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| O Couto | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O estadio do Couto é un estadio de fútbol situado no barrio homónimo da cidade de Ourense. As medidas do terreo de xogo son 105x68 metros, e as bancadas cubertas teñen capacidade para 5659 persoas (2231 na bancada lateral de preferencia, 1811 na bancada lateral de tribuna e 1617 na bancada de fondo). O outro fondo non ten bancadas. O recinto, propiedade da Xunta de Galicia, foi o fogar do CD Ourense durante décadas até a súa desaparición en 2014, e dende entón acolle os encontros do Ourense CF e do UD Ourense.
Historia
[editar | editar a fonte]O estadio do Couto inaugurouse o 29 de agosto de 1948 cun encontro amigable que enfroutou á UD Ourensana e ao Racing de Ferrol,[1] que rematou con resultado de 3-1. Durante o franquismo levou o nome de José Antonio.[2] O estadio sufriu distintas remodelacións, a última en 1998.
O 18 de novembro de 1981 acolleu un encontro entre a selección de fútbol sub-21 de España e a dos Países Baixos, clasificatoria para a Eurocopa sub-21 de 1982 (2-1), e o 15 de outubro de 2002 acolleu un amigable entre a selección española sub-21 e a de Eslovenia (3-0).
O estadio tamén foi utilizado pola Escudería Ourense para uso como parque pechado durante a edición de 1978 do Rally de Ourense.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Crónica regional: Orense". El Ideal Gallego. 28 de agosto de 1048. p. 7.
- ↑ "Club Deportivo Orense". Chan (9): 42–46. 1965.
- ↑ Figueiredo Pérez, Javier; Alonso, José Manuel (2004). Rallye de Orense 1967-2003. J. Figueiredo. p. 121. ISBN 84-609-0907-7.