Fernando Martínez Perales
Nando | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Fernando Martínez Perales | ||
Nacemento | 21 de maio de 1967 (55 anos) | ||
Lugar de nacemento | Valencia | ||
Altura | 1,72 m | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1984–1985 | Levante | ||
1985–1986 | Valencia B | ||
1986–1987 | Levante | ||
1987–1992 | Valencia | 139 | (7) |
1992–1997 | Deportivo da Coruña | 173 | (8) |
1998–2000 | Sevilla | 68 | (0) |
2000–2001 | Compostela | 32 | (1) |
2001–2002 | Atlético Arteixo | ||
Selección nacional | |||
1988 | España sub-21 | 2 | (0) |
1988–1993 | España | 2 | (0) |
Adestrador | |||
2009–2011 | Somozas | ||
2011–2012 | Cerceda | ||
2013 | Pontevedra | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Fernando Martínez Perales, máis coñecido como Nando, nado en Valencia o 21 de maio de 1967, é un un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Formouse como xogador nas categorías inferiores do Valencia CF, xogando posteriormente no Levante UD e Valencia B. En 1987 debutou co Valencia CF en Primeira División, e permaneceu no club ché até 1992, ano no que Guus Hiddink non contou con el ao darlle minutos a Leonardo. Na tempada 1992–93 foi contratado polo Deportivo da Coruña, variando a súa posición de extremo en lateral esquerdo, conseguindo co club galego unha Copa do Rei (1994–95) e unha Supercopa (1995). A mediados da tempada 1997–98 foi traspasado ao Sevilla FC, daquela en Segunda División, co que lograría o ascenso un ano despois. Na tempada 2000–01 xogou coa SD Compostela e posteriormente xogou co Atlético Arteixo.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Nando foi internacional coa selección española en dúas ocasións. Debutou con derrota o 14 de setembro de 1988, nun encontro amigable contra Iugoslavia en Oviedo (1–2). O seu segundo e derradeiro partido internacional foi outro amigable contra México, nas Palmas de Gran Canaria, que rematou con empate (1–1).
Como adestrador[editar | editar a fonte]
O 29 de decembro de 2009 anunciouse a súa contratación como adestrador polo UD Somozas.[1]
O 14 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo CCD Cerceda, sendo substituído o 2 de abril de 2012 por Luis Santiago.[2]
En xuño de 2013 anunciouse a súa contratación polo Pontevedra CF, en substitución de Milo Abelleira.[3] En outubro de 2013 presentou a súa dimisión debido a diferenzas co cadro de xogadores.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""El ex internacional absoluto Nando ejerce como nuevo entrenador del Somozas"". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Luis Santiago, nuevo técnico del Cerceda"
- ↑ "El Pontevedra anuncia a Nando como nuevo entrenador"
- ↑ "Nando deja el banquillo del Pontevedra"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1967
- Nados en Valencia
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do Valencia CF Mestalla
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do Atlético Arteixo
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Pontevedra CF
- Adestradores da UD Somozas
- Adestradores do CCD Cerceda