Marco Antonio Boronat
Marco Antonio Boronat | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Marco Antonio Boronat Gimeno | ||
Nacemento | 9 de xuño de 1947 (75 anos) | ||
Lugar de nacemento | Donostia | ||
Altura | 176 centímetros | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1967–1977 | Real Sociedad | 225 | (31) |
Adestrador | |||
1989–1991 | Real Sociedad | ||
1991–1992 | Deportivo da Coruña | ||
1992–1993 | Valladolid | ||
1993–1994 | Badajoz | ||
1994–1995 | Las Palmas | ||
1997–1998 | Alavés | ||
1998–2000 | Logroñés | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Marco Antonio Boronat Gimeno, nado en Donostia o 9 de xuño de 1947, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogou durante moitos anos na Real Sociedad, até 1977. Estivo ligado á Real Sociedad durante 26 anos, primeiro como xogador e despois como técnico. Colgou as botas en 1977, despois do cal pasou a traballar como preparador físico no club donostiarra. Foi segundo de Alberto Ormaetxea e de John Benjamin Toshack durante dez tempadas. En maio de 1989 fíxose cago do equipo donostiarra en substitución de Toshack, quen xa se comprometera co Real Madrid, tras clasificar ao equipo para a Copa da UEFA na tempada 1989–90. En xaneiro de 1991 decide deixar o cargo, sendo substituído por Javier Expósito e ese mesmo ano é contratado polo Deportivo da Coruña pero non chega a rematar a tempada 1991–92, ocupándose do equipo coruñés Arsenio Iglesias a falta de 8 partidos.
Despois adestrou sen demasiado éxito ao Real Valladolid, Badajoz e Las Palmas. En febreiro de 1997, tras dous anos sen adestrar, substitúe a Txutxi Aranguren á fronte do Deportivo Alavés que se atopaba en postos de descenso, conseguindo a permanencia en Segunda División. En xaneiro de 1998 é contratado polo Logroñés en substitución de Víctor Muñoz, evitando novamente o descenso.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1947
- Nados en Donostia
- Futbolistas do País Vasco
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores da Real Sociedad
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores da Real Sociedad
- Adestradores do Real Valladolid
- Adestradores do CD Badajoz
- Adestradores da UD Las Palmas
- Adestradores do Deportivo Alavés
- Adestradores do CD Logroñés