Saltar ao contido

Aston Villa F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aston Villa
NomeAston Villa
Football Club
Alcume(s)Villains
Fundación21 de novembro de 1874
EstadioVilla Park, Birmingham
Inglaterra Inglaterra
Inauguración1897
Capacidade42.785
PresidenteExipto Nassef Sawiris
AdestradorEspaña Unai Emery
LigaPremier League
2020–2111º
VestimentaMacron
PatrocinadorQuick Books
Na rede
http://www.avfc.co.uk/
Facebook: avfcofficial Twitter: AVFCOfficial Instagram: avfcofficial LinkedIn: aston-villa-football-club Youtube: UCICNP0mvtr0prFwGUQIABfQ TikTok: avfcofficial Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Aston Villa Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Birmingham nos Midlands do Oeste. Foi fundado en marzo de 1874 e xoga na Premier League inglesa. O Aston Villa foi membro fundador da Football League en 1888 e da Premier League en 1992. É un dos equipos ingleses máis antigos e laureados, conquistando o campionato de liga sete veces, as mesmas veces que a FA Cup. Tamén gañou a Copa de Europa na tempada 1981-82, sendo así un dos catro clubs ingleses que gañaron o que é hoxe a Liga de Campións da UEFA. O Villa ten o cuarto maior número total de grandes títulos gañados por un club do seu país.

Posúe unha longa e feroz rivalidade co Birmingham City, da súa mesma cidade, e co West Bromwich Albion, da localidade veciña de West Bromwich. O partido coñecido como o Derbi de Birmingham, entre o Villa e o Birmingham, lévase xogando dende 1879. O uniforme tradicional do club reúne na camisa as cores viño e azul celeste, dicindo a lenda que as cores foron inspiradas en dous clubs escoceses, respectivamente no Heart of Midlothian e no Rangers. Esta combinación, xunto cos pantalóns e medias brancas, inspirou outros equipos ingleses, como o West Ham United e o Burnley. Estas cores tamén aparecen no emblema do club, que tamén consta dun león dourado, outra suposta influencia escocesa derivada do estandarte real escocés. A última versión do escudo do club, adoptada en 2007, inclúe o lema "Prepared" (do inglés: preparados).

Fundación

[editar | editar a fonte]
O Aston Villa en 1899.

O Aston Villa comezou a tomar forma en 1874, cando catro amigos, Jack Hughes, Frederick Matthews, Walter Price e Willian Scattergood, decidiron fundar o Villa Cross Wesleyan Chapel, un equipo de crícket, deporte moi popular en Inglaterra. Así, o primeiro xogo do equipo ocorreu nese mesmo ano, mais cunha regras inusitadas: o primeiro tempo foi xogado como partido de rugby e o segundo de fútbol, aínda así o Villa venceu por 1 a 0, con gol do propio Hughes. Na temporada 1886-87 o club conquistou o seu primeiro título, e confirmouse como un dos mellores do país con tan só trece anos de existencia. O triunfo veu tras a vitoria por 2 a 0 contra o West Bromwich Albion na final da Copa de Inglaterra.

En 1888, o equipo estaba entre os doce equipos que fundaron a Football League, gañando o seu primeiro título do campionato na tempada 1893-94. O ano seguinte foi aínda máis glorioso, xa que o club volveu vencer na competición nacional, ademais de acadar por segunda vez na súa historia a Copa de Inglaterra, facendo así o seu primeiro "dobrete" e asinando a súa hexemonía no fútbol inglés. O dominio continuou e, na tempada 1896-97, o Aston Villa conquistou unha vez máis os dous torneos máis importantes do país, acadando catro títulos en tres anos. Un ano máis tarde, o equipo trocou de estadio, mudándose caro o Aston Lower Grounds, chamado polos seareiros Villa Park. O ano seguinte, en 1898-99, gañou o seu cuarto campionato despois de vencer os rivais do Liverpool por 5 a 0 na última rolda.

Primeira metade do século XX

[editar | editar a fonte]

O club comezou o século XX como terminou o anterior: vencendo. Pronto conquistou un campionato nacional máis, o seu quinto na historia e na tempada 1904-05 acadou por cuarta vez a Copa de Inglaterra, ao derrotar o Newcastle por 2 a 0. En 1909-10, o Aston Villa volveu conquistar o campionato inglés, tras dez anos de xaxún mais con bos resultados, terminando as competicións anteriores sempre entre os mellores do país. Tres anos despois, o equipo gañou a súa quinta Copa de Inglaterra, derrotando ó Sunderland por 1 a 0 na final. Este título trouxo novas esperanzas aos seareiros do club, mais coa primeira guerra mundial o fútbol foi suspendido, non retornado as competicións oficiais até 1919, aínda que xa nesta temporada o equipo volveu gañar a Copa de Inglaterra, batendo o Huddersfield Town por 1 a 0.

Nos anos 30 o Villa non repetiu os bos resultados doutras décadas, e un dos equipos máis vitoriosos do país e do mundo acabou descendendo de categoría na tempada 1935-36, volvendo á elite do fútbol inglés en 1938. Coa segunda guerra mundial, o fútbol foi suspendido de novo, non sendo practicado de novo en Inglaterra até 1946, sendo moitas carreiras futbolísticas truncadas polo transcurso dos conflitos. Nese tempo o Aston Villa non volveu presentar bos resultados, facendo campañas mediocres nas décadas seguintes, mais descubrindo bos xogadores, como Danny Blanchflower, Tommy Thomson ou Peter McParland, que foi o heroe da sétima conquista da Copa de Inglaterra en 1956-57, marcando os dous goles da vitoria do equipo contra o Manchester United. Porén, esta vitoria non foi suficiente para que o club volvese a brillar no país e reconquistase a súa hexemonía de décadas anteriores, terminando as temporadas seguintes moi próximos ao descenso. Así, a caída de división non tardou e, en 1958-59, o equipo baixou á Segunda División por segunda vez, retornando á elite ao ano seguinte.

Rexurdimento

[editar | editar a fonte]
Villa Park.
O Aston Villa en 2008.

En 1966-67, baixo o mandato do adestrador Dick Taylor, o equipo descende de novo e con problemas financeiros, o club trocou de presidente e de técnico. A crise instalouse no equipo e, a temporada 1969-70, veu o descenso cara a Terceira División. Con todo, tan só dous anos máis tarde volveu á segunda, e en 1976-77, baixo o comando de Ron Saunders, retornou á primeira división nacional. O período negro do equipo na década de 1970 serviu de lección e o Aston Villa fixo dos anos 1980 os máis gloriosos da súa historia. Na temporada 1980-81, os Leóns, como a afección chama o equipo, tras 71 anos, conquistaron pola sétima vez a liga inglesa, clasificáronse para disputar o principal torneo europeo: a Copa de Europa.

Por mor do seu debut nesta competición, o club comezou mal a liga inglesa, e o adestrador Ron Saunders foi finalmente destituído, asumindo o cargo no seu lugar asumiu Tony Barton, que levou o equipo á final do torneo tras vencer equipos como o Dynamo de Kíiv ou o Anderlecht. Xa na final en Rotterdam, Peter Withe anotou o único gol do partido contra o favorito Bayern de Múnic, convertendo ao Villa en campión de Europa, sendo outra peza fundamental para a consecución do título o porteiro Nigel Spink, que substituíu o titular Jimmy Rimmer faltando dez minutos para acabar o enfrontamento, mantendo a portería a cero. Un ano despois, o equipo tamén conseguiu o título da Supercopa de Europa derrotando ao equipo catalán F.C. Barcelona, perdendo 1-0 no Camp Nou e gañando 3-0 en Villa Park. Tamén xogou a Copa Intercontinental no ano 1982 fronte ao Peñarol do Uruguai, gañando os uruguaios por 2 a 0 no Estadio Olímpico de Toquio.

Nos anos seguintes a consecución de títulos non proseguiu, culminando nun descenso no ano 1986-87, mais esta mala fase non durou moito e o equipo retornou á primeira división dous anos máis tarde, en 1989. En 1992, o Aston Villa foi un dos membros fundadores da Premier League e terminou a temporada inaugural da competición na segunda posición, só detrás do Manchester United. Nas temporadas seguintes, o club alternou os seus resultados e a dirección técnica, terminando en posicións medianas na táboa, mais estabilizándose nesta categoría. En 2006, tras 23 anos como presidente e como maior accionista do equipo, o inglés Doug Ellis, decidiu vender súa parte ao magnate americano Randy Lerner, propietario dos Cleveland Browns, equipo de fútbol americano, que trouxo novos xogadores, patrocinadores e, principalmente, esperanzas para os seareiros.

Fachada de Trinity Road.
Artigo principal: Villa Park.

O actual lugar onde o Aston Villa xoga os seus partidos na casa é Villa Park, un estadio clasificado como de catro estrelas pola UEFA, despois de xogar previamente no Aston Park (1874-1876) e no Perry Barr (1876-1897). Villa Park é o estadio de fútbol máis grande de fútbol dos Midlands ingleses e o oitavo máis grande de Inglaterra. Neste estadio foron organizados até dezaseis encontros internacionais da selección absoluta de Inglaterra, o primeiro en 1899 e o máis recente en 2005. Así pois é un terreo de xogo que albergou á selección inglesa en tres séculos diferentes.

Villa Park é tamén o estadio máis utilizado nas semifinais da FA Cup da historia, albergando até 55 destes encontros. O club ten planificado ampliar a Bancada Norte, o que suporá "encher" as esquinas de ámbolos dous lados desta gradaría. Se se complétase esta obra a capacidade de Villa Park incrementarase a aproximadamente 51.000 espectadores. O campo de adestramento actual atópase en Bodymoor Heath, ao norte de Warwickshire, sitio adquirido polo expresidente do club Doug Ellis a principios de 1970 a un labrego local.

Panorama de Villa Park dende a bancada Trinity Road, amosando de esquerda a dereita a Bancada Norte, a bancada Doug Ellis e o Holte End.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 30 de agosto de 2019.[1]

Posto País Xogador
1 POR Inglaterra Tom Heaton
3 DEF Gales Neil Taylor
4 MED Inglaterra Danny Drinkwater
5 DEF Gales James Chester
6 MED Douglas Luiz
7 MED Escocia John McGinn
8 MED Inglaterra Henri Lansbury
9 DIA Wesley
10 MED Inglaterra Jack Grealish (C)
11 MED Marvelous Nakamba
12 POR Inglaterra Jed Steer
14 MED Conor Hourihane
15 DEF Inglaterra Ezri Konsa
Posto País Xogador
17 MED Exipto Trézéguet
18 DEF Inglaterra Matt Targett
21 MED Países Baixos Anwar El Ghazi
22 DEF Bélxica Björn Engels
23 MED Galicia Jota
24 DEF Francia Frédéric Guilbert
25 POR Ørjan Nyland
26 DIA Costa do Marfil Jonathan Kodjia
27 DEF Exipto Ahmed Elmohamady
28 POR Croacia Lovre Kalinić
30 DEF Inglaterra Kortney Hause
39 DIA Inglaterra Keinan Davis
40 DEF Inglaterra Tyrone Mings

Récords de xogadores

[editar | editar a fonte]

Estatísticas a 23 de marzo de 2020 e de acordo ás estatísticas oficiais. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Aston Villa.

Partidos xogados

[editar | editar a fonte]
Allan Evans.
# Nome Período Aparicións
1 Escocia Charlie Aitken 1959–1976 660
2 Inglaterra Billy Walker 1967–1981 531
3 Inglaterra Gordon Cowans 1976–1985 / 1988–1991 528
4 Inglaterra Joe Bache 1900–1915 474
5 Escocia Allan Evans 1977–1989 473
6 Inglaterra Nigel Spink 1979–1996 454
7 Inglaterra Tommy Smart 1919–1933 452
8 Inglaterra Gareth Barry 1997–2009 441
9 Inglaterra Johnny Dixon 1945–1961 430
10 Inglaterra Dennis Mortimer 1975–1985 405

Máximos goleadores

[editar | editar a fonte]
Harry Hampton.
Dwight Yorke.
# Nome Período Goles Aparicións Goles por partido
1 Inglaterra Billy Walker 1919–1933 244 531 0.46
2 Inglaterra Harry Hampton 1904–1920 242 376 0.644
3 Inglaterra John Devey 1891–1902 187 304 0.615
4 Escocia Joe Bache 1900–1914 185 474 0.39
5 Inglaterra Eric Houghton 1927–1946 170 392 0.434
6 Inglaterra Tom Waring 1928–1935 167 226 0.739
7 Inglaterra Johnny Dixon 1945–1961 144 430 0.335
8 Peter McParland 1952–1962 120 340 0.353
9 Inglaterra Billy Garraty 1897–1908 112 255 0.439
10= Inglaterra Len Capewell 1921–1930 100 156 0.641
10= Gales Dai Astley 1931–1936 100 173 0.578
12 Dwight Yorke 1989–1998 97 288 0.337

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]
Máximo goleador de Europa

Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (dende 1968 premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Aston Villa:

Palmarés

[editar | editar a fonte]

O Aston Villa ten palmarés tanto a nivel nacional como europeo, sendo o cuarto equipo inglés máis galardoado. O seu útlimo gran título foi a League Cup de 1996.

As competicións de curta duración como a Charity/Community Shield, Copa Intercontinental, Copa Mundial de Clubs da FIFA ou Supercopa de Europa non se adoitan considerar como trofeos que contribúan a un dobrete. O Aston Villa até o momento non gañou ningunha copa a nivel mundial, como por exemplo a Copa Intercontinental, aínda que chegou a xogar a final da mesma en 1982, perdendo fronte o Peñarol uruguaio.

  1. "First Team". avfc.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 7 de agosto de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]