Natxo González
Natxo González | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | José Ignacio González Sáenz | ||
Nacemento | 29 de xullo de 1966 (55 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vitoria | ||
Posición | centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Tondela (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
Ariznabarra | |||
Aurrerá | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1985–1986 | Alegría | ||
Adestrador | |||
1999–2000 | Alavés B | ||
2005–2006 | Reus | ||
2008–2011 | Sant Andreu | ||
2012–2013 | Alavés | ||
2014–2017 | Reus | ||
2017–2018 | Zaragoza | ||
2018–2019 | Deportivo da Coruña | ||
2019–2020 | Tondela | ||
2020–2021 | Bolívar | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Ignacio "Natxo" González Sáenz, nado en Vitoria o 29 de xullo de 1966, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Foi destituído do Club Bolívar o 24 de maio de 2021, tras os malos resultados na Copa Libertadores e na Copa Suramericana..
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 11 de xuño de 2017 firmou polo Real Zaragoza, en Segunda División, un contrato por dúas temporadas.[1]
O 15 de xuño de 2018 anunciouse un acordo entre o adestrador (daquela técnico do Real Zaragoza) e o Deportivo da Coruña, para facerse cargo do equipo durante a tempada 2018–19, con opción a outra.[2] Foi presentado o 20 de xuño.[3] O 7 de abril de 2019 foi destituído, logo dunha derrota en Riazor fronte o Rayo Majadahonda (0–2). A súa bagaxe foi de 13 vitorias, 15 empates e 5 derrotas.[4] O seu substituto foi José Luis Martí.[5]
O 14 de xuño de 2019, fíxose oficial a súa fichaxe polo CD Tondela da Primeira Liga portuguesa.[6] O 2 de agosto de 2020 abandonou o cargo.
O 13 de decembro de 2020 convértese no novo técnico do Club Bolívar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El técnico Natxo González, nuevo entrenador del Real Zaragoza". Real Zaragoza. 11 de xuño de 2017. (en castelán)
- ↑ "Acordo entre o Real Club Deportivo e Natxo González". Deportivo da Coruña. 15 de xuño de 2018.
- ↑ ""É un orgullo formar parte deste proxecto", asegurou Natxo González na súa presentación". Deportivo da Coruña. 20 de xuño de 2018.
- ↑ "Natxo González deixa de ser adestrador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 7 de abril de 2019.
- ↑ "Martí: "Quiero un Dépor valiente"". Marca. 8 de abril de 2019. (en castelán)
- ↑ BEM-VINDO NATXO GONZÁLEZ