Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo
Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°21′12″N 8°25′02″O / 43.353305555556, -8.4171388888889 |
Localización | Rúa José María Rivera Corral, 2. 15008 A Coruña, Galicia |
Estadio | |
Superficie | Herba artificial |
Dimensións | 58 x 95 |
Capacidade | 440 |
Propietario | Concello da Coruña |
Localía | Clubs modestos |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo foi un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela II, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex xogador e exadestrador coruñés Arsenio Iglesias. Tratábase dun campo principalmente dedicado á práctica do fútbol afeccionado coruñés.
O seu terreo de xogo era de céspede artificial desde o ano 2008, cando sufriu unhas fondas obras de reforma, inauguradas polo entón alcalde Javier Losada e o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda[1][2]. As súas dimensións eran de 95 × 58 metros e contaba cunha bancada con capacidade para 440 persoas baixo a cal foran habilitados até seis vestiarios.
En 2018, o Concello e Hijos de Rivera, que ten a súa sede e factoría nunha propiedade anexa ao campo de fútbol, chegaron a un acordo mediante o cal a empresa pagaría 4.2 millóns de euros ao concello pola adquisición da parcela[3]. En novembro dese mesmo ano iniciouse o derrubamento da bancada[4]. O proxecto suscitou as críticas dos usuarios do campo[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ F. M. | La Voz de Galicia (14 de abril de 2008). "El campo de fútbol Arsenio Iglesias estrena nuevo césped". Consultado o 29-03-2016.
- ↑ notiGRAS (Xuño de 2010). "A Coruña rinde homenaje a Arsenio Iglesias con un campo a su nombre". Arquivado dende o orixinal o 15-04-2016. Consultado o 29-03-2016.
- ↑ "Estrella Galicia firma la compra de los terrenos para ampliar su fábrica de A Grela". 20 de abril de 2018. Consultado o 21-09-2019.
- ↑ "Estrella Galicia inicia el derribo de la grada del campo de fútbol A Grela II". 14 de novembro de 2018. Consultado o 21-09-2019.
- ↑ "Usuarios del campo de fútbol de A Grela se muestran contrarios al traslado a Eirís". 5 de marzo de 2017. Consultado o 21-09-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |