O Estadio de Mestalla, oficialmente "Mestalla, camp del València", é o estadio do Valencia Club de Fútbol. O seu nome débese á quenlla de Mestalla que pasa por baixo do campo. Está situado entre a Avenida de Suecia e a Avenida de Aragón, no barrio de Mestalla da cidade de Valencia. Anteriormente, entre 1969 e 1974, chamouse Estadio Luis Casanova. Posúe unha capacidade de 55.000 espectadores todos sentados.
Actualmente está en construción o Nou Mestalla, que substituirá o Estadio de Mestalla.
O Camp de Mestalla foi inaugurado o 20 de maio de 1923, tras ser bendicido o terreo de xogo, o alcalde de Valencia, Juan Artal, fixo o saque de honra previa ao partido inaugural entre Valencia CF e Levante FC. O resultado final foi de 1-0 vitoria para os propietarios con gol marcado por Arturo Montesinos Cebriá (Montes).