Joan Capdevila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Joan Capdevila
Joan Capdevila 2013 Catalonia.jpg
Capdevila xogando con Cataluña en 2012
Información persoal
Nome completoJoan Capdevila Méndez
Nacemento3 de febreiro de 1978 (40 anos)
LugarTàrrega, España
Altura1,82 m.
PosiciónDefensa
Información de club
Club actualSanta Coloma
Número19
Carreira xuvenil
Tàrrega
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1997–1998Espanyol B34(2)
1998–1999Espanyol29(4)
1999–2000Atlético de Madrid31(2)
2000–2007Deportivo da Coruña177(15)
2007–2011Villarreal140(15)
2011–2012Benfica5(0)
2012–2014Espanyol31(0)
2014NorthEast United6(0)
2015Lierse4(0)
2016–Santa Coloma7(0)
Selección nacional
1998–2000España sub-2113(0)
2000España sub-234(0)
2002–2011España60(4)
2002–2013Cataluña10(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 20 de novembro de 2016.
† Aparicións (Goles)

Joan Capdevila Méndez, nado en Tàrrega (Lleida) o 3 de febreiro de 1978, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é o FC Santa Coloma.

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Produto da canteira do RCD Espanyol, debutou co RCD Espanyol B na tempada 1997–98. Ao ano seguinte debutou co Espanyol en Primeira División nun partido contra o Athletic Club (2–2). Na tempada 1999–00 foi contratado polo Atlético de Madrid.

Tras o descenso do Atlético de Madrid a Segunda División, Capdevila firmou co Deportivo da Coruña no verán de 2000. No club galego, ademais de ter un xogo regular e perfilarse como unha peza clave no equipo, gañou unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.

Na tempada 2007–08 firmou por tres anos co Villarreal CF, xogando practicamente tódolos partidos.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Capdevila debutou coa selección española o 16 de outubro de 2002, nun partido no que España empatou ante Paraguai (0–0), nun partido amigable disputado en Logroño (A Rioxa). O 17 de novembro de 2007 marcou o seu primeiro gol como internacional absoluto fronte a Suecia no Estadio Santiago Bernabéu.

Foi seleccionado polo técnico Luis Aragonés para disputar a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. O 29 de xuño de 2008, Capdevila proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008 ante a Selección de fútbol de Alemaña. Capdevila disputou os 90 minutos da final. En xuño de 2009 disputou a Copa Confederacións en Suráfrica.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica. Joan Capdevila, Iker Casillas e Gerard Piqué foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os minutos do Mundial de Suráfrica 2010.

Tamén xogou oito partidos internacionais amigables coa selección de Cataluña.

Goles internacionais
# Data Lugar Rival Gol Resultado Competición
1. 17 de novembro de 2007 Estadio Santiago Bernabéu, Madrid, España Flag of Sweden.svg Suecia 1–0 3–0 Clasificación para a Eurocopa 2008
2. 6 de febreiro de 2008 Estadio La Rosaleda, Málaga, España Francia Francia 1–0 1–0 Amigable
3. 31 de maio de 2008 Estadio Nuevo Colombino, Huelva, España Flag of Peru.svg Perú 2–1 2–1 Amigable
4. 10 de setembro de 2008 Estadio Carlos Belmonte, Albacete, España Flag of Armenia.svg Armenia 1–0 4–0 Clasificación para o Mundial 2010

Palmarés[editar | editar a fonte]

Persoal[editar | editar a fonte]

Deportivo
Benfica

Internacional[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]