Rivaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rivaldo
Rivaldo.jpg
Rivaldo en maio de 2014.
Información persoal
Nome Vítor Borba Ferreira
Nacemento 19 de abril de 1972 (50 anos)
Lugar de nacemento Recife
Altura 1,87 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1989–1990 Paulistano
1991–1992 Santa Cruz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1992 Santa Cruz 27 (9)
1992–1994 Mogi Mirim 58 (22)
1993–1994Corinthians (cedido) 43 (17)
1994–1996 Palmeiras 86 (55)
1996–1997 Deportivo da Coruña 41 (21)
1997–2002 Barcelona 157 (86)
2002–2004 Milán 22 (5)
2004 Cruzeiro 7 (2)
2004–2007 Olympiakos 70 (36)
2007–2008 AEK Atenas 35 (12)
2008–2010 Bunyodkor 53 (33)
2010–2011 Mogi Mirim 0 (0)
2011São Paulo (cedido) 39 (6)
2012 Kabuscorp 21 (11)
2013 São Caetano 17 (2)
2014–2015 Mogi Mirim 12 (1)
Selección nacional
1991–1993 Brasil sub-20 13 (2)
1994–1995 Brasil sub-23 8 (1)
1993–2003 Brasil 74 (35)
Na rede
Facebook: rivaldoferreira10 Twitter: RIVALDOOFICIAL FIFA: 170691 UEFA: 41022 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Rivaldo Vitor Borba Ferreira, máis coñecido por Rivaldo, nado en Recife o 19 de abril de 1972, é un exfutbolista brasileiro que xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rivaldo asinou o seu primeiro contrato profesional co Paulistano aos dezaseis anos en 1989, despois de impresionar ós busca promesas locais nun torneo de xuvenís. Tras pasar polo Santa Cruz, en 1991 marchou cara o Mogi Mirim da primeira división brasileira. Asinou co Corinthians en 1993 e ó pouco tempo fixo a súa estrea no combinado nacional nun encontro contra México, no que o Brasil gañou por 1-0, cun gol seu.

En 1994 marchou cara o Palmeiras e gañou o Campionato Brasileiro ese mesmo ano. Tamén conseguiron a vitoria no Campionato Paulista de 1996. Participou nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, onde o Brasil gañou a medalla de bronce. Ese mesmo ano fichou polo Deportivo da Coruña, onde ficou só unha tempada, xa que no verán de 1997 o Barcelona pagou a súa cláusula de rescisión e levouno para Cataluña.

No Mundial de 1998 xogou co Brasil tódolos encontros do torneo, anotando 3 goles. O Brasil quedou subcampión, ó perder con Francia na final por 3-0.

En 1999 foi elixido Xogador do ano segundo a FIFA, gañou o Balón de Ouro e amais diso, a revista World Soccer entregoulle o galardón ao mellor xogador do ano. Este ano tamén gañou a súa segunda liga co FC Barcelona.

No Mundial 2002 Rivaldo foi unha das grandas estrelas da verdeamarela, que conseguiu o seu quinto título mundial. Nos oitavos de final contra Bélxica anotou o gol do triunfo brasileiro nos intres finais, cando xa semellaba que habería que xogar unha prórroga. Nos cuartos tamén veu porta, anotando o gol do empate contra a Inglaterra. E finalmente, na final contra a Alemaña, aínda que non marcou foi decisivo nas dúas xogadas que remataron en gol. Un forte disparo seu que o porteiro xermano Oliver Kahn non puido atallar serviulle a Ronaldo para marcar o 1-0. No segundo gol deixou pasar un balón lanzado por Kléberson dende a dereita, deixando sen marca a Ronaldo que puxo o definitivo 2-0 no marcador.

Unha vez rematado o mundial o FC Barcelona deixouno marchar coa carta de liberdade, aducindo que non lle podían seguir pagando o seu salario, e Rivaldo fichou polo AC Milan por tres anos. As cousas non lle foron moi ben no club italiano e logo dunha tempada con poucas aparicións no once milanista abandonou o club para probar sorte na liga grega da man do Olympiakos FC.

Tras tres tempadas triunfando co Olympiakos FC, onde conseguiu outros tantos campionatos de Liga e dúas Copas de Grecia, foi contratado polo AEK Atenas FC, despois das súas recentes discrepancias cos diretivos do seu antigo club. No ano 2008 sorprendeu ao ser contratado polo club uzbeko PFC Bunyodkor.[1]

Anotou 35 goles en 74 partidos coa selección brasileira.

Rivaldo figura na lista da FIFA 100, na que se inclúen ós 125 mellores xogadores vivos segundo a opinión de Pelé.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]