Saltar ao contido

Victoria Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victoria CF
NomeVictoria Club de Fútbol
Alcume(s)As cebras
FundaciónFebreiro de 1943
EstadioSan Pedro de Visma
PresidenteGalicia Juan Vázquez
AdestradorGalicia Guillermo Pigueiras
LigaPreferente Galicia
2020/21
PatrocinadorDomino's Pizza
Na rede
https://victoriacf.com/
Twitter: VictoriaCF1943 Editar o valor en Wikidata
Victoria CF 2022-23.

O Victoria Club de Fútbol é un club de fútbol galego, fundado na Coruña en 1943. Compite no Grupo Norte (subgrupo B) da Preferente Galicia.

Xoga cun equipamento de raias brancas e negras, motivo polo que os seus xogadores son alcumados "as cebras". O club é coñecido pola súa canteira, a maior de Galicia con preto de 30 equipos,[1] da que teñen saído futbolistas como Amancio Amaro, Manín, Jaime Blanco, Moncho Parada, Lucas Pérez, Raúl Carnero ou Juan Carlos Real.[2] Conta tamén con conxuntos femininos, militando o primeiro equipo na Primeira Nacional, terceira categoría do fútbol feminino en España.

Foi fundado en febreiro de 1943 no barrio coruñés de Santa Lucía, sendo Luis Ríos o seu primeiro presidente.[2] Realizou a súa presentación o 2 de abril de 1944, dirixido por Hilario Marrero, nun partido amigable contra o Centro Deportivo de Santa Lucía, gañando por 2-0.[3] En 1955 o club trasladou a súa sede á Falperra.[4] Ríos presidiu a entidade durante 35 anos, o que o converteu no seu momento no presidente dun club de fútbol de España con máis tempo no cargo. En 1978 subsituíuno o ex xogador do club, José María Panizo.[5]

Amancio Amaro, xogador do club na década de 1950.

Militou durante case medio século na liga de modestos da Coruña, alternando entre a primeira e a segunda división. Na tempada 1970/71 o capitán do equipo, Kubala, levantou por primeira e única vez na historia do club o trofeo da Primeira División, despois de perder pola mínima no partido decisivo contra o Español nun ateigado campo da Granxa, resultado que lle bastaba para gañar o título por diferenza de goles.[6] O Victoria formou naquel encontro con Goloso, Juan, Quique, Tito, Suso (Cameselle I), Cameselle II, Lete, Pacuchín, Carreras, Kubala e Toñito. Adestraba o equipo Juan Miguel Solé, trala marcha de Luis Precedo, mentres que o dianteiro Enrique Carreras foi o máximo goleador do campionato.[7] Dous meses despois o equipo proclamouse tamén campión galego de modestos, ao derrotar na final do Torneo de Campións ao Xuventude de Cambados por 2-0.[8]

Na tempada 1992/93 pasou a competir na Terceira Autonómica de Galicia, na que militou tres tempadas antes de lograr o ascenso a Segunda. Despois de 13 tempadas nesa categoría, na 2008/09 ascendeu a Primeira Autonómica, e 11 anos despois conseguiu un novo ascenso, á Preferente Galicia, con Diego Armando García no banco.[9] No seu debut na categoría, o equipo rematou terceiro do seu subgrupo, a só dous puntos dos postos de promoción de ascenso que ocuparon Sofán e Montañeros.

Ese terceiro posto na liga deulle acceso á fase de clasificación para a Copa do Rei 2021/22. Disputou primeiro unha previa territorial con equipos galegos dos outros subgrupos da Preferente, quedando encadrado nun grupo co Dubra e o Santaballés. Empatou co Dubra 2-2 e goleou 4-0 ao Santaballés, facéndose así co primeiro posto do grupo e pasando á eliminatoria final contra o Xuventude de Cambados. No partido, disputado no Estadio García Hermanos de Betanzos, comezou gañando o equipo cambadense, pero Edu puxo o empate e finalmente o Victoria logrou vencer na quenda de penaltis.[10] Deste xeito accedeu á fase previa interterritorial, na que quedou emparellado co Hernani en busca dun posto na fase final da Copa do Rei. O histórico encontro, disputado o 17 de novembro de 2021 no Campo Rodrigo García Vizoso, rematou con vitoria coruñesa despois de que Iago Pérez marcase o único gol do partido e de que o gardameta Jano detivese un penalti nos minutos finais.[11]

O sorteo deparou un enfrontamento contra o Villarreal, vixente campión da Europa League e participante na Liga de Campións. O partido disputouse no estadio de Riazor, fronte a uns 5.000 espectadores, e o Villarreal saltou ao terreo de xogo con varios xogadores internacionais ou que o foran no pasado, como Mario Gaspar, Paco Alcácer, Mandi, Estupiñán, Chukwueze, Alberto Moreno ou Gerard Moreno. O Victoria aguantou durante un cuarto de hora os ataques amarelos grazas ás paradas de Jano, pero acabou por recibir oito goles.[12][13]

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1944/45 2ª Modestos 12º
1945/46 2ª Modestos
1946/47 2ª Modestos
1947/48 2ª Modestos
1948/49 1ª Modestos
1949/50 1ª Modestos
1950/51 1ª Modestos
1951/52 1ª Modestos
1952/53 1ª Modestos 10º
1953/54 2ª Modestos
1954/55 1ª Modestos
1955/56 2ª Modestos
1956/57 2ª Modestos 11º
1957/58 2ª Modestos
1958/59 1ª Modestos 10º
1959/60 2ª Modestos
1960/61 2ª Modestos
1961/62 2ª Modestos
1962/63 2ª Modestos
1963/64 2ª Modestos
1964/65 2ª Modestos
Tempada Categoría Posto
1965/66 2ª Modestos
1966/67 2ª Modestos
1967/68 1ª Modestos 10º
1968/69 2ª Modestos
1969/70 1ª Modestos
1970/71 1ª Modestos
1971/72 1ª Modestos
1972/73 1ª Modestos
1973/74 1ª Modestos
1974/75 1ª Modestos
1975/76 1ª Modestos
1976/77 1ª Modestos 11º
1977/78 2ª Modestos
1978/79 1ª Modestos ?
1979/80 1ª Modestos ?
1980/81 1ª Modestos 10º
1981/82 1ª Modestos ?
1982/83 1ª Modestos ?
1983/84 1ª Modestos 12º
1984/85 1ª Modestos 11º
1985/86 1ª Modestos ?
Tempada Categoría Posto
1986/87 2ª Modestos
1987/88 1ª Modestos ?
1988/89 1ª Modestos
1989/90 1ª Modestos ?
1990/91 2ª Modestos 4
1991/92 1ª Modestos ?
1992/93 1ª Modestos ?
1993/94 3ª Galicia
1994/95 3ª Galicia
1995/96 3ª Galicia
1996/97 2ª Galicia
1997/98 2ª Galicia
1998/99 2ª Galicia 11º
1999/00 2ª Galicia
2000/01 2ª Galicia
2001/02 2ª Galicia
2002/03 2ª Galicia
2003/04 2ª Galicia
2004/05 2ª Galicia
2005/06 2ª Galicia
2006/07 2ª Galicia
Tempada Categoría Posto
2007/08 2ª Galicia
2008/09 2ª Galicia
2009/10 1ª Galicia
2010/11 1ª Galicia
2011/12 1ª Galicia 15º
2012/13 1ª Galicia
2013/14 1ª Galicia
2014/15 1ª Galicia
2015/16 1ª Galicia
2016/17 1ª Galicia
2017/18 1ª Galicia
2018/19 1ª Galicia
2019/20 1ª Galicia
2020/21 Preferente
2021/22 Preferente
  1. Carballo, Pablo (16 de outubro de 2019). "Los 42.553 niños futbolistas de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Historia do Victoria CF". victoriacf.com (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2021. [Ligazón morta]
  3. "El primer triunfo del Victoria C. F.". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de abril de 1944. p. 6. 
  4. "Nuevo local del Victoria C. F.". La Noche (en castelán). 4 de outubro de 1955. p. 4. Consultado o 14 de novembro de 2021. 
  5. "Victoria C. F., un local social". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de outubro de 1979. p. 46. 
  6. "El Victoria, nuevo campeón de Primera División". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 1971. p. 17. 
  7. "El Banco de Bilbao premia a los Modestos". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1971. p. 24. 
  8. "El Victoria, campeón gallego, al vencer al J. Cambados por 2-0". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 1971. 
  9. Rodríguez, Melissa (28 de agosto de 1921). "Diego Armando García: «A mi padre se le ocurrió llamarme como Maradona»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de novembro de 2021. 
  10. "Hito del fútbol modesto de A Coruña: El Victoria jugará la Copa del Rey" (en castelán). 28 de xuño de 2021. Consultado o 16 de novembro de 2021. 
  11. Losada, Víctor (17 de novembro de 2021). "El Victoria CF hace historia y se clasifica para la Copa del Rey" (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2021. 
  12. "O Victoria CF fai historia, o RC Celta fai os deberes e o Racing cae na prórroga". Real Federación Galega de Fútbol. 30 de novembro de 2021. Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  13. "El Villarreal no dio tregua en la histórica noche del Victoria" (en castelán). 30 de novembro de 2021. Consultado o 1 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]