Raúl García Carnero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raúl Carnero
Información persoal
Nome Raúl García Carnero
Nacemento 30 de abril de 1989 (34 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,75 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 15
Carreira xuvenil
1997–2002 Victoria
2002–2008 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2012 Deportivo B 57 (0)
2008–2009Montañeros (cedido) 27 (1)
2010–2012 Deportivo da Coruña 5 (0)
2011–2012Melilla (cedido) 28 (0)
2012–2013 Almería B 20 (1)
2012–2014 Almería 13 (1)
2014Alavés (cedido) 16 (0)
2014–2017 Alavés 96 (7)
2017–2019 Leganés 24 (0)
2019 Girona 10 (0)
2019–2020 Getafe 4 (0)
2020 Valladolid 12 (0)
2020– Valladolid 14 (1)
2022– Deportivo da Coruña 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de xullo de 2022.
editar datos en Wikidata ]

Raúl García Carnero, nado na Coruña o 30 de abril de 1989, é un futbolista galego. Xoga de defensa no Deportivo da Coruña, cedido polo Real Valladolid.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Victoria coruñés, club do que fora un dos fundadores e directivo durante anos o seu avó materno, Acacio Carnero, ao que se encontraba moi unido.[1][2] Con 12 anos incorporouse ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Na tempada 2008/09 chegou ao Fabril e foi cedido ao Montañeros CF, equipo co que logrou o ascenso á Segunda División B.

Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]

Tras volver ao club branquiazul a súa boa tempada no Fabril levouno a debutar co primeiro equipo en Primeira División o 4 de abril de 2010 fronte ao Atlético de Madrid na tempada 2009/10, na que disputou un total de 5 partidos, baixo o mando de Miguel Ángel Lotina. Continuou no Fabril na tempada seguinte, e tras o descenso deste a Terceira, marchou cedido á UD Melilla.[3]

Almería[editar | editar a fonte]

Ao remate da tempada non renovou co Deportivo e fichou pola UD Almería B.[4] Alí alternou partidos do filial e do primeiro equipo e conseguiu o ascenso a Primeira con este último, despois de disputar 10 partidos e marcar un gol fronte ao Recreativo de Huelva.[5]

Na tempada 2013/14, o xogador subiu definitivamente ao primeiro equipo do Almería, coincidindo co ascenso á bancada do primeiro equipo do adestrador do filial Francisco, co que xogou nove partidos na primeira rolda antes de ser cedido o 31 de xaneiro de 2014 ao Deportivo Alavés, en Segunda División.[6]

Alavés[editar | editar a fonte]

O papel do lateral galego no tramo final da liga foi unha das claves da salvación por un punto do Alavés.[7] O 30 de xuño, tras completar a súa cesión, regresou a Almería. Á súa chegada o adestrador Francisco comunicoulle que non contaba con el, polo que despois de rescindir o contrato asinou ata 2016 polo Alavés. Na súa primeira tempada completa co equipo vitoriano converteuse nun xogador clave e na segunda tempada logrou o ascenso a Primeira División, renovando ao final da tempada por un ano máis.[8]

Xa na máxima categoría e con Pellegrino no banco, foi titular na maioría de partidos da primeira volta, pero as súas participacións reducíronse na segunda metade da competición. A pesar de contar coa competencia polo seu posto de Theo Hernandez, rematou a tempada con 22 partidos, 17 deles como titular.[9] Pechou o seu paso polo Alavés cun total de 119 partidos e 7 goles.

Leganés[editar | editar a fonte]

No verán de 2017, despois de tres tempadas e media en Vitoria, fichou polo Club Deportivo Leganés ata xullo de 2019.[10] Con Asier Garitano como técnico, disputou 24 encontros na súa primeira tempada, contribuíndo a conseguir a permanencia en Primeira. Na tempada 2018/19 volveu ter como adestrador a Pellegrino, pero apenas dispuxo de minutos, xogando só seis partidos durante a primeira volta, polo que acabou por rescindir o contrato en xaneiro.[11]

Girona[editar | editar a fonte]

A continuación chegou ao Girona FC, tamén de Primeira, co que asinou un contrato ata o final da tempada.[12] No equipo de Eusebio Sacristán fíxose axiña coa titularidade e disputou un total de 12 partidos.

Getafe[editar | editar a fonte]

O 1 de xullo de 2019 fíxose oficial a súa fichaxe polo Getafe CF, onde dispuxo de escasos minutos, sendo cedido en xaneiro de 2020 ata final de tempada ao Real Valladolid.[13]

Cesión ao Valladolid[editar | editar a fonte]

No equipo adestrado por Sergio González fíxose co posto de titular trala lesión de Nacho, e acabou dando un rendemento por riba do esperado, motivo polo que o Valladolid decidiu facerse cos seus dereitos en propiedade.[14]

Valladolid[editar | editar a fonte]

Así, o 28 de xullo de 2020 foi transferido definitivamente ao Valladolid, onde asinou un contrato ata 2023.[15] Despois de disputar nove partidos, sufriu unha lesión nun xeonllo que o obrigou a pasar ata tres veces polo quirófano.[16][17] Despois de case un ano de calvario, regresou aos terreos de xogo en novembro de 2021, cando reapareceu nun partido da Copa do Rei. Regresou á titularidade en varios encontros da tempada e contribuíu ao ascenso do equipo á Primeira División, só un ano despois do descenso.

Cesión ao Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]

En xullo de 2022 anunciouse o seu regreso ao Deportivo da Coruña, máis dunha década despois, cedido polo Valladolid.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández, Xurxo (12 de setembro de 2022). "Raúl Carnero, tres puntos por Acacio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2022. 
  2. Centeno, Alexandre (7 de xaneiro de 2019). "Fallece Acacio Carnero, fundador del Victoria Club de Fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2022. 
  3. "Raúl García se incorpora a la UD Melilla" (en castelán). 6 de agosto de 2011. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  4. UD Almería, ed. (5 de xullo de 2012). "Raúl García, terceira fichaxe do Almería B". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  5. "El Almería acaba con la racha inmaculada del Recre en Huelva". Marca (en castelán). 4 de novembro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  6. "Alavés, llega cedido Raúl García" (en castelán). 31 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  7. Varela, Miguel; F., X. (6 de xullo de 2016). "Raúl García no se mueve". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  8. "El Deportivo Alavés apuntala la banda con la renovación de Raúl García" (en castelán). 5 de xullo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  9. Martín del Barrio, Javier (5 de xuño de 2017). "El Leganés ficha a Raúl García, lateral izquierdo ex del Alavés". As (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  10. "Raúl García ficha por el Leganés" (en castelán). 5 de xuño de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  11. Barreiros, Pedro (14 de xaneiro de 2019). "Raúl García Carnero rescinde hoy con el Leganés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  12. "El Girona fitxa el lateral esquerre Raúl García" (en catalán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  13. "El Valladolid refuerza su lateral izquierdo con Raúl García Carnero". Marca (en castelán). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  14. "El Real Valladolid se hace con los derechos de Raúl Carnero en propiedad hasta 2023" (en castelán). 28 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  15. "El Real Valladolid se hace con los derechos de Raúl Carnero en propiedad hasta 2023" (en castelán). 28 de xullo de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  16. "Raúl Carnero, intervenido con éxito". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  17. Barreiros, Pedro (18 de decembro de 2021). "Raúl Carnero renace de su calvario: «Mi hija nació y no era capaz ni de cambiarle el pañal»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  18. "Raúl Carnero vuelve al Deportivo" (en castelán). 15 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]